Nós Actividades Outrasvozes Titulares Ligazóns

MANIFESTACIÓN • 6/4/2003 • 12:00

MANIFESTACIÓN NACIONAL Domingo 6 de Abril.

MANIFESTACIÓN NACIONAL en Santiago de Compostela o Domingo 6 de Abril ás 12:00 horas.

Ademáis unha nova xornada de mobilización internacional contra a guerra o 12 de Abril.

O día 12 de abril, ademais da manifestación nacional en Wáshington e outras accións conxuntas en San Francisco e Los Angeles, terán lugar masivas manifestacións coordinadas a nivel internacional no mundo árabe, Latinoamérica, África, Asia e Europa.

En Inglaterra, a coalición Stop the War, o grupo que organizou as manifestacións de máis dun millón e medio de persoas en Londres o pasado 15 de febreiro, celebrará unha nova manifestación o 12 de Abril. Para máis información véxase: http://www.stopwar.org.uk

Nos meses pasados, as manifestacións populares e masivas celebradas o 16 de febreiro foron un factor decisivo para cambiar o clima político e contribuíron a illar politicamente á Administración Bush e ó goberno de Tony Blair nos seus plans bélicos. Celebráronse outras grandes manifestacións e concentracións convocadas a nivel internacional arredor de todo o mundo, as máis importantes o 26 de outubro, o 15 de febreiro, e o 15 e 22 de marzo. O mundo enteiro está a sair ás rúas a diario para protestar contra a guerra.

O 12 de abril é a data para unha nova mobilización conxunta e masiva para demostrar o continuo e crecente poder do Movemento Internacional contra a Guerra.

A coalición británica Stop de War, a coalición estadounidense ANSWER e as organizacións contra a guerra de Alemaña fixeron un chamamento conxunto para chamar á participación internacional o próximo 12 de abril. Os convocantes declaran que "para millóns de persoas quedou claro que esta non é unha guerra para 'liberar' Iraq senón unha sanguenta invasión militar. (...) As accións internacionais coordinadas poden crear dificultades a Bush e Blair para continuar con esta cortadoría. Facemos un chamamento ós Movementos contra a Guerra do mundo para que organicen a próxima protesta global en capitais e cidades de todo o mundo o día 12 de abril.

Organizáronse xa manifestacións para esa data en Brasil, México, Nicaragua, Porto Rico, Corea do Sur, Filipinas, Italia e Suecia ademais de en Inglaterra, Alemaña e EEUU. Na actualidade estánse a organizar máis noutros lugares do mundo.