![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
OBXECCIÓN FISCAL - NUNCA MÁIS UNHA GUERRA Cómpre lembrarmos que estes próximos días o Estado
Español terá présa por nos facer chegar a orde de
lle pagar directamente (nada di do que indirectamente xa pagamos tod@s)
parte dos ingresos das persoas con contratos de traballo, que non traballador@s.
Recaudación para contaminar de chappappote a nosa costa, para facer
a guerra a Iraque, para que a polícia se empregue ben a fondo en
nos mallar nas manifestacións e para censurar nas escolas a liberdade
de opinión... Se non quixeres que os teus cartos sexan empregados por parte do Estado
Español para manter o militarismo, o COSAL-GALIZA une-se á
Obxección Fiscal negando-nos a pagar o que se dedica a estes gastos
e desviando-os a un destino alternativo. Mais, aínda que non teñas
a obriga de facer a declaración da renda, podes apresentar os impresos
facendo unha denúncia. A Asemblea Estatal de Obxección Fiscal leva anos facendo campañas
e propostas de vários proxectos, dos que podedes obter información
no apartado 1.053 de Lugo (27080). Mais se coñeces COSAL-GALIZA e queres apoiar algun dos proxectos
que leva a cabo desviando asi eses cartos que se destinan ao Ministério
de Defensa, propoñemos que ingreses a cantidade que estimes oportuna
na conta corrente: Caixa Galicia, 2091-0300-47-3040108003. Adxunta unha
cópia do recibo deste ingreso e unha instáncia dirixida
ao/á Delegado/a de Facenda alegando os motivos da tua obxección
aos gastos militares. Máis información sobre a obxección fiscal: http://www.pangea.org/~calbasi/webo/siof/es/ |