![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
Boletín Outrasvozes, núm. 0. Marzo de 2004 COSAL: 25 anos de solidariedade com os povos insurrectos . Alá polo 1979 forom nascendo os primeiros Comités de Solidariedade em distintas cidades e vilas da Galiza. Nascerom moito ligados ao apoio á revolución sandinista em Nicaragua, que em aquel Julho de 1979 foi quem de derrubar a tirania hereditária e todopoderosa dos Somoza, mantida a sangue e fogo polos EEUU durante décadas.
Estas labores, junto á colaboración nas mobilizacións contra a participación do actual estado español na OTAN, contra as bases ianques, polola desaparición da mili obrigatoria e os exercitos, ... forom correndo com o tempo e definindo umha atención mais diversa dos comités de solidariedade: uns morrerom, outros nascerom, algúns virarom cara o mundo da cooperación, outros seguem no alho, ... e o mundo nom parou: Os bombardeiros "aliados" sobre Líbia e o Iraque, os fastos neo-imperiais do V Centenario, os 50 anos do FMI, O Banco Mundial e o GATT (Hoje OMC), o incremento e a falta de solucións á deveda externa dos povos empobrecidos, a resistencia cubana, a intervención militar de Kosova, a luita independentista saharaui, a insurreición chiapaneca, a nova jeira de acosso sobre @s inmigrantes, Timor, Afeganistam, o Chapapote na Galiza, de novo o Iraque, e Palestina sempre, .. derom-nos que fazer. E nestas estamos e somos. |