![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
Boletín Outrasvozes, núm. 0. Marzo de 2004 SAHARA: Marcha internacional ao muro da vergoña no Sahara Ocidental. Pola paz e autodeterminación do pobo saharaui
¡¡ Exixamos á ONU que cumpra os seus compromisos !! A disposizón polo Fronte POLISARIO para explorar as posibilidades que oferece a proposta realizada polo enviado persoal do Secretário Xeral da ONU ao Sahara Ocidental, James Baker, coñecida como "Plano de Paz para a libre determinazón do Pobo do Sáhara Ocidental", abriu unha nova via para unha soluzón xusta, pacífica, e negociada deste longo conflito. Ante a negativa de Marrocos a iniciar conversacións para a aplicazón do plano da ONU, que suporia de feito a prolongazón innecesária e inxusta do sofremento do pobo saharaui, facemos un chamamento a todas as Instituizóns e á sociedade civil a participar na "Marcha pola Paz ao muro da vergoña que divide o Sahara Ocidental" e asi, de forma simbólica, mostrar o noso rexeitamento á ocupazón marroquí. A Federación Estatal de Instituizóns Solidárias co Pobo Saharaui, a Coordinadora Estatal de Asociacións de Amigos do Pobo Saharaui, os Intergrupos Parlamentários "Paz para o Pobo Saharaui" e a Asociación Internacional de Xuristas polo Sahara Ocidental, convida-lles a participar nesta marcha solidária para denunciar a situación das famílias saharauis que se ven obrigadas a permanecer separadas a ambos lados do muro. Exixamos á ONU e á Comunidade Internacional que cumplan as resoluzóns do Consello de Seguranza e acabe dunha vez por todas co sofremento e a traxédia dun pobo cruelmente esquecido que confia na legalidade internacional e que espera, tras 28 anos, que se faga xustiza.
Coordinación estatal de Asociacións de Solidariedade e Amizade co Pobo Saharaui: sahara-coord.estatal@wanadoo.es Federación Estatal de Instituizóns Solidárias co Pobo Saharaui : fedissah@fedissah.org
|