![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
Boletín Outrasvozes, núm. 0. Marzo de 2004 PALESTINA: Ou sofre a "Democrácia"
de Oriente Médio.
Aínda segue o sanguinário Sharon no trono de Sión chamando Democrácia a 2.738 asasinad@s e 37. 664 ferid@s durante 37 meses de Intifada até o decembro pasado (Servizo de Información de Palestina). Seguen a ser chamados Democrácia os 99 doentes palestinos que morreron agardando atención médica nalgún dos 1.803 postos de control militar esparexidos polo seu território, e nos máis de 7.500 reclus@s torturad@s nos cárceres israelenses. Viver en Democrácia é face-lo nas 71.787 casas palestinas derrubadas total ou parcialmente, nas 570 institucións e 7.476 oficinas demolidas. Os governos neoliberais recoñecen a Democrácia no 60% de índice de pobreza e no 43,7% de desempregad@s, nos 22.101 bombardeos ou na transformación de 43 escolas en bases militares. Democrácia é utilizar a fame como arma mália denunciar o relator especial da ONU para o direito á alimentación que o estado de Israel obstaculiza o aceso á água e aos alimentos a un povo que está baixo o seu control. Democrácia é infrinxir un castigo colectivo proibido polo Direito Internacional e utilizar o pretexto de seguridade. Democrácia é siléncio cúmplice. A mesma Democrácia é construir un muro de apartheid e separar o 50% de famílias palestinas no oeste e o 37,7% no leste, deixar 81 localidades pechadas e ailladas e obrigar a 875.600 persoas, que representan o 38% da povoación, a sofrer un declive económico que provoca xa ondas migratórias no próprio território palestino. Democrácia é Ocupar Territórios con pretextos (valen os relixiosos?), para, no nome da Democrácia, confinar a sua povoación en acampamentos e mudar cidadáns por refuxiad@s. Democracia, porén, é amparar 400.000 colonos xudeus que viven fora do seu país mais con todos os direitos e negar-llos aos seus veciños árabes. Democrácia é ignorar as 13 resolucións de NNUU sobre a non proliferación de armas nucleares desde 1987 ou confinar a unha persoa a 11 anos (dos 18 que leva preso) nunha cela de aillamento por desvelar información sobre o programa nuclear de Israel. Democrácia é estabilizar unha rexión utilizando unha prolongada violéncia co nome de represália ou impunidade. Democrácia seguirá sendo impedir a posibilidade de estabeleceren @s palestin@s un estado próprio. Democrácia seguirá a ser chamar terrorismo o movemento que non se deixa asasinar en siléncio. Non sabe a Democrácia, se nalgures existe, que a Intifada é a supervivéncia dun povo e das persoas e dos direitos nacionais? E para gañar, que non resolver, a situación a Democrácia chama acordos, follas de ruta, cúmios, planos de paz, negociacións... a legalizar este xenocídio e sionizar a povoación árabe-palestina recoñecida, porque para a Democrácia @s non recoñecid@s non existen nos papeis mais si nas dianas dos seu fusis. |