Nós Actividades Outrasvozes Titulares Ligazóns

Boletín Outrasvozes, núm. 0. Marzo de 2004

MÉXICO: Asasinatos en Ciudad Juárez.

Ciudad Juárez, Chihuahua, localízase na fronteira norte do país, colinda ó norte con El Paso e Texas. Dende os anos 60 nesta cidade fronteriza aumentou a industria maquiladora cunha forte inversión de capital extranxeiro que demanda un alto número de traballador@s, un 70% dos contratos son a mulleres, maioritariamente xóvenes.
Esta cidade conta con cerca de 800.000 migrantes en busca de emprego ou dunha oportunidade para traballar en EUA.

Pola súa característica de cidade fronteriza existe un importante negocio do narcotráfico, a loita contra este fenómeno fai desta cidade un campo de batalla e un lugar onde se libran enfrentamentos continuos polo control do negocio, suprimíndose o Estado de Dereito a favor dun Estado Militarizado.

Paralelamente a esta realidade e apoiado nuns corpos políciais totalmente corrompidos polos sobornos do narcotráfico centos de mulleres xóvenes aparecen mutiladas e violadas nos arredores desta cidade.
Dende 1993 a lo menos 400 mulleres morreron ou desapareceron, asasinadas ou secuestradas, en moitas ocasións cos seus peitos mutilados, agredidas sexualmente e violadas ata a súa morte, tódalas víctimas foron desfiguradas de algunha forma.

Estes asasinatos a gran escala durante 10 anos coas mesmas características e aparentemente para satisfacer os máis perversos desexos sexuais se son realizados por un grupo de persoas con intención feminicida sería un crime contra a humanidade, como reza o Código de Crímenes contra a Paz e Seguridade da Humanidade da ONU.
Durante todos estes anos os políticos e a policía mexicana consideraron estos feitos illados e froito de crimes pasionaís impedindo e obstaculizando o estudo destes crimes contra as mulleres. Incluso o gobernador do Estado atreveuse a dicir públicamente que se trataba de "mulleres pervertidas e con moitos amantes" ata se lle ocorreu considerar responsable da súa morte a roupa coa que ían vestidas.

Maís tarde cando foi asasinada unha catequista pertencente a comunidade eclesiastica o discurso mudou botandolle a culpa a desintegración familiar.

As familias das víctimas, os xornalista que se interesaron pola investigación dos casos, e as persoas que lles brindaron apoio sufriron ameazas e represión por parte dos funcionarios mexicanos.

As persoas ou grupos que están detrás destes repugnantes crimes son moi poderosos e poden comprar cos sucios cartos do narcotráfico a voz dos funcionarios do Estado e a dignidade e a vida destas mulleres para complacer o seus desfigurados apetitos e desvicacións sexuais; pasan a considerar o corpo da muller unha mercadería maís o alcance de quen poida pagalo.

As causas destes horribles crimes son a ignorancia e a complicidade da policía e os políticos mexicanos, a filosofía existente de que con cartos tudo se pode comprar convertindo os corpos destas mulleres xóvenes nunha nova mercadería e o silencio consentido dos medios de comunicación.

Ergamos tod@s a nosa voz para denunciar e condenar estes repugnantes crimes e deixar en evidencia que na República Mexicana non se respetan os dereitos humanos fundamentaís.

Podes asinar: www.creatividadfeminista.org