![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
Boletín Outrasvozes, núm. 0. Marzo de 2004 NICARAGUA: Guadamuz, algo máis que un político controvertido. Por Julio López Campos.
O xornalista e político Sandinista Julio López fixo a está crónica o día seguinte a súa morte: Quixese lembrar algunhas cousas que é importante lembrar no caso de Carlos Guadamuz. Alá ó comezo dos anos 60 en Nicaragua, cando a dictadura somocista era unha fortaleza inexpugnable, cando se pensaba que teríamos dictadura para sempre e cando a maioría dos nicaraguanos estabamos sometidos ás arbitrariedades e as crueldades e case ninguén tomaba o camiño da loita contra a dictadura somocista, Carlos José Guadamuz emprendeu ese camiño, primeiro desde Mocidade Patriótica e despois desde o Fronte Sandinista. Carlos José pertence a unha xeración de sandinistas que vai abondo batida, diría eu, á xeración que deu orixe e fundou ó Fronte Sandinista. E a verdade das cousas é que cando un volve as súas olladas para aquelas circunstancias, se encontra un cun mozo, moi mozo por certo Carlos entón, pero cheo dunha carraxe e dunhas conviccións antisomocistas e antidictatoriais realmente sorprendentes e fóra do común. Quen entón tivemos a oportunidade de lle coñecer soubemos da súa audacia, da súa decisión de loitar contra a dictadura, e nunca reparou Carlos Guadamuz na súa seguridade persoal. Foi naquelas circunstancias nas que se contaban cos dedos da man os militantes do Fronte Sandinista, foi nesas circunstancias, un loitador, un combatente da resistencia urbana do Fronte Sandinista realmente valente, audaz, mesmo temerario. [ ] Despois viño o cárcere, un cárcere moi duro, moi prolongada. Sempre pensei que ese cárcere sería durísima para un rapaz que viña dunha infancia difícil, complicada a infancia de Carlos. E tantos anos de cárcere sempre pensei que algunha consecuencia tiveran sobre algúns aspectos da súa personalidade. [ ] E quen lle coñecemos, ou polo menos eu son daqueles que prefiro sempre lembrar esas circunstancias que fixeron del un loitador, un combatente da resistencia urbana e que inspirou naqueles momentos a outros. Repito, naqueles tempos cando parecía unha tolemia suicida emprender o camiño da loita contra a dictadura somocista.
No plano político Guadamuz foi algo máis que controvertido. Realmente, el era daqueles, e hai que dicir que houbo uns cantos que pensaron así, ou que pensaban así ou que pensan así. Para el o Fronte Sandinista era Daniel Ortega. Para el a Dirección Nacional do Fronte era Daniel. Os demais non contaban; cando máis para ter algunha actitude protocolaria. Hai varios compañeiros que teñen tamén esa mentalidade. E iso facía que Guadamuz tivese moitos problemas con dirixentes do Fronte Sandinista. Porque para el só había un dirixente: Daniel. E o Fronte Sandinista que el miraba a través da persoa e das direccións políticas de Daniel. Unha amizade por demais cultivada desde moi mozo, primeiro no barrio, despois na loita, despois no cárcere e despois fóra do cárcere. [ ] E Carlos volveuse intocable desde esa formidable posición e a capacidade de influencia daquela emisora, a de maior influencia no país. Ata que veu a ruptura con Daniel. Ruptura que se orixinou nos desexos de Guadamuz de se converter en Alcalde de Managua e que, ademais o seu traballo de anos desde unha radio que se identificaba coas necesidades dos sectores máis humildes, pensaba que el tiña tanto ou máis méritos que outros para ser o candidato apropriado. [ ] E esta situación de conflicto, de distanciamento, de rupturas que causou moitos problemas e situacións complexas no plano político, acabaron como vostedes saben, un día de tantos, coa decisión do máis alto nivel do Fronte de lle quitar a Carlos Guadamuz rádioA Xa. Ademais, por procedementos máis que dubidosos, desde o punto de vista legal e político. Esa decisión, tomada desde o máis alto nivel, acabou entón por selar a ruptura total de Carlos coa conducción do Fronte Sandinista e en particular con Daniel. [ ] De maneira que, selada a ruptura, os camiños se bifurcaron totalmente e Carlos continuou desde os seus novos puntos, desde as súas novas situacións, continuou co seu mesmo perfil, dicindo as cousas como el quería dicilas e como vostedes saben, con moita frecuencia, de maneira a veces máis que irrespectuosa e moitas veces, moitas veces, dixo cousas que nada tiñan que ver coa verdade e coa realidade. Pero el mantivo o seu perfil, mantivo a súa actitude, mantivo o seu mesmo temperamento. Nunca, nunca o variou, nunca cambiou. Así miraba el as cousas, así miraba el a vida e despois, obviamente sentiuse acosado polos seus amigos e irmáns de onte e desde entón, polas difíciles circunstancias que tivo que enfrontar unha vez que foi desprendido de Radio Xa. Nada pode xustificar ese crime horrendo. É normal que os cidadáns se fagan toda sorte de especulacións, iso non se pode evitar. Pero eu quero dicir aquí que non sería apropriado acusar disto ó Fronte Sandinista. En primeiro lugar, o Fronte Sandinista é un Partido e un Partido non toma ese tipo de decisións como esas que contemplamos pola televisión onte. En última instancia, a decisión dun crime é unha decisión dun grupo de individuos ou decisións particulares de alguén. Pero non pode atribuírselle ó Fronte Sandinista ese crime. [ ] Escoitando a William Grigsby onte á noite, examinaba diferentes opcións. Dixo el, se alguén pensa, entre as opcións posibles, de que este poida ser unha mensaxe para as voces críticas, dixo William, eu non me sinto aludido, e non podo recibir esa mensaxe. Eu quero dicir o que é importante. O esencial, o central aquí é que igual que todos os cidadáns de Nicaragua, condenamos este crime brutal, e que corresponde á Policía Nacional dicirnos a todos os cidadáns de Nicaragua quen son os responsables deste crime. Esa será a única maneira de poder disipar as dúbidas, as ambigüidades e as incertezas. Repito, o pobo de Nicaragua esixe e merece unha explicación contundente e transparente sobre este brutal asasinato. |