![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
Boletín Outrasvozes, núm. 0. Marzo de 2004 BRIGADA: Verán de 2003, Oaxaca, México. ¿Que buscamos nas viaxes, facer turismo, coñecer
outras culturas?..si, México é culturalmente moi rico, ten unha
historia prehispánica sorprendente que é importante coñecer.
A pesares de todos os esforzos feitos polos españois por destruila,
atopamos moitas comunidades indíxenas que aínda manteñen
a súa lingua, seguen cultivando o millo e os frijoles como facían
os seus antepasados, pero todo isto leva camiño de desaparecer.
A invasión, a conquista non rematou.
A organización coa que convivimos achegounos a estas cuestións, a facernos preguntas e a preocuparnos por buscar respostas, vivir as súas carencias fíxonos ver os contrastes cos nosos valores culturais tradicionais, por exemplo, a falta de reaproveitamento de frutas como o mango, os excedentes deixábanse apodrecer en vez de darllos ós animais. Aquí foi onde vimos que somos quen de aportar ideas moi sinxelas sen erixirnos en modelo de ningún tipo. Tódolos pobos teñen dereito a conservar a súa lingua, as súas tradicións, a manter o mellor de nós. Todo o que conforma a nosa identidade é ser consciente da nosa importancia como individuos, de que na nosa man non está arranxar os problemas do mundo pero sí os do noso entorno. Todos nós, temos a obriga de coñecer a realidade na que vivimos, sair da casa, abrir os ollos o mundo, ser críticos...valorar o que temos, loitar por cambiar o que nos disgusta... O movemento social mexicano confórmano maiormente xente preocupada
por cubrir as necesidades máis básicas como é o alimentarse.
Os días que vivimos nas comunidades indíxenas, compartimos
a súa comida e o seu teito , acompañámolos nos traballos
do campo, sachar o millo co arado tirado por vacas ou arrancar as herbas
a man, naquelas leiras onde só se podía chegar en burro,
invertir unha mañán para recoller leña coa que cociñar
2 días e cargala no burro, escoitar as súas preocupacións...vivir
o seu ritmo, coas súas pausas, intentando ordear todas estas experiencias. Pasados uns meses desta viaxe, vexo moi positivo vivir fora do teu entorno
habitual, non somentes para renovar e actualizar certas ideas persoais,
sociais, políticas.. se non para darnos conta do moito que se pode
facer unicamente compartindo a "loita diaria". Nestes días pasados soupemos que os paramilitares o servicio do goberno entraron nas comunidades que nos visitamos deixando un saldo de 2 mortos, é angustiante saber que as persoas morren e sofren pola avaricia duns poucos. |