![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
Boletín Outrasvozes, núm. 0. Marzo de 2004 VENEZUELA Crónica dende Caracas: 1. Observacións de Chegada. por Ana Laura Pereira Blanco. A ollada dende a Venezuela chavista chega a través das crónicas da nosa compañeira Ana Laura Pereira, que leva 4 meses alá traballando nun proxecto de cooperación con meniñ@s da rúa. Na nosa páxina web podedes seguir as súas crónicas. Chegada no aeroporto da Guaira, a corenta minutos de Caracas , tenho un bó recebimento, dous membros da asociación e , amigos de amigos... Establecerse e comezar a trabalhar de inmediato.
Existe unanimidade entre os ponentes sobre a multiplicación do
número de ranchos(favelas ou barrios destartalados onde mora a
pobreza) tamén na demanda de accións aos poderes públicos,
os deputados en plena siesta , non se inmutan ( eternizarán o seu
tempo plantexándose as A política en Venezuela é un circo , interesante, divertida , entretida , cada grupo político ten o seu propio canal televisivo, para iso están , serven á xente coma os equipos de futbol, creando rivalidades baleiras. As rúas énchense de xente , unha parte importante mora nelas, a maioría son varóns , o 78% maior de 12 anos, o 20% menor de 12. As rapazas superan a idade promedio.Os valores supremos d@s nen@s das rúas son a liberdade e a autonomía económica , desas premisas debe partir o trabalho cara a reinserción . O foro está composto por organizacións diferentes que traen as propostas . mais o público e o ambiente divídese entre senhoras de peluquería , celulares que soan indiscriminadamente sen que a ninguén lle resulte unha grave falte de respeto, protocolo , deputados sonhando coa piscina do xardín...as conclusións encárganselle a un tipo novo e inexperto, que entremedias tartexa pero iso sí cun traxe de coidado! Despois , nese espacio de aplauso e medio anterior as preguntas e comentarios o 90% dos asistentes aproveita para escapar , os primeiros, os deputados .....un senhor copmeza a berrar entre o tumulto en fuga, dame a grotesca impresión de ser a única que o escoita nese revolto de xente en pé , el vén de Maracaibo para facer unha pregunta , atravesou o país só para facer esa pregunta! Berra mentras nas pórtas agólpase a xente fuxindo, o micro xa está apagado, non hai lugar para preguntas..., o foro rematou por hoxe. Na tarde comeza a minha experiencia coa organización , Deanna Albano pretende amosarme todos os programas que están levando a cabo, así , hoxe toca coa Unidade Médica , no barrio de Baruta. A Unidade , é unha furgoneta preparada tipo ambulancia , donada por un arquitecto yanki , espérame unha enfermeira chamada Cecilia á que @s rapazas/es adoran e a chaman tía Cecilia , un conductor Miguel , e unha médica que aparece durante un ratinho. Na Unidade hai cadeiras pequeninhas de cores e mesinhas, son para a actividade neste barrio, esa tarde os nenos achéganse a merendar con nós, preparamos as mesas e cadeiras, todos se sentan ao derredor, hai xogos pedagóxicos , debuxos,...axudo ,e se hai algún menino enfermo entra na Unidade e Cecvilia o cura. Os xoves a Unidade desprázase a Sabana Grande, no centro , en plena zona chavista , as rúas esta vez énchense de buhoneros berrando ,ruído , perigo, aquí a delicuencia é esaxerada, aparcamos nunha zona , sempre a mesma para que @s rapac@s a reconhezan , hoxe son maiores , adolescentes. Chega un con un disparo na perna, outro cun ladrillazo na cabeza e olhos de ausencia infinita , saúda tirando o gorro da testa, e amosando o golpe , a pedazo cicatriz , afundida no cráneo, sobreviviu!?o espacio é dunha man, sen cabelo.
O venres Deanna , levame á casa da Pastora , o centro de acolhida , en plena zona colonial, encantadora , quente e acolhedora, agora sdó ten a tres nenos , Gregory, tomás e Anyelo. Os rapaces , aprehenden a ser autosuficientes , saben cocinhar, limpar, van aseados , e aprehenden unha profesión , memntras que estudan e van mudando en vocacións , aquí trabalhan con papel cartón crean material de oficina, carpetas, cadernos, aínda que o centro de producción está nos Erasos , outro barrio , onde está o talher ben montado. Reciclaxe e beleza xuntas, fan marabilhas artísticas que logo se venden en papelerías e exposicións, os cartos , van para @s rapac@s cunha porcentaxe para material. Hai un libro onde os rapaces da Pastora escriben o que queren , eu considero que é unha xoia, aí vai o que sinten e o que deixan de sentir . Deanna é psicóloga e trabalha con eles cun distanciamento adecuado e perfecto para non trabucar aos rapaces failles chamar profesora, a min tamén me chaman profesora!A casa é completa , axudoulla a mercar a ambaixada inglesa, e todod os móveis son donacións, hai banhos (que os rapaces non tinhan na súa casa), cuartos , salas de ocio, computadores escuelita , talher artesanalm, talher de costura, cocinha, piscinita,prantas para cocinhar , xoguetes , ximnasio ....e os rapaces o manexan todo perfectamente , gustaríame que Keiver poida estar aquí. Non están pechados, acuden á escola do barrio , dan paseos , cos diferentes profes...
Estou rematando de escribir isto e xa pasaron varios días, conhecín o talher dos Erasos, ademáis alí tenhen onde facer os deberes, con profes voluntarias, e un equipo de basket que une aos rapaces do barrio e xa ganharon moitos trofeos que se exiben na casa , o resto do tempo o pasei na Pastora , agora estou aquí , na casa dos rapaces, afora Keiven xogas aos carrinhos, leva aquí tres días e xa comeza a ler. Cada un dos nenos que habitan a Pastora , cada un detes catro nenos ten unha historia máis triste que a anterior , pero agora todos van a escola, Keiven comeza o sábado na escola sabatina , para nenos atrasados, Gregory busca unha nai morta , Anyelo agóchase porque quere pasar na súa casa o fin de semana , e a nai non ten cartos nin interese en que o faga , Denanna dille que non vai a casa por que suspendeu un exame.Tomás ten lonxe á nai ,que carece de medios absolutamente, minte sobre a súa casa, o seu irmán percorre as rúas dende hai anos. Pero os catro sorrín a cotío , os catro aprehenden a diario , os catro tenhen un futuro por diante, que anteriormente lles fora negado inxustamente , por esta sociedade inxusta neste mundo inxusto . Muchachos de la Calle: http://www.ve.net/muchachos/ |