![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
Boletín Outrasvozes, núm. 0. Marzo de 2004 LIBRO: "Las fosas de
Franco." Emilio Silva e Santiago Macías. Edt. Temas
de hoy. Sobre @s republican@s que Franco deixou nas cunetas de toda España. Neste libro relátase por unha parte un feito particular, a historia concreta de Emilio Silva na procura dunha obsesión, atopar a fosa común onde estaba enterrado o seu avó, víctima dos horrores da Guerra Civil, para poder recuperar o seu corpo e darlle un enterro digno, recuperando así o seu nome, esquecido como o de tant@s outros durante demasiado tempo, franquismo e democracia non foron quen de cambiar unha realidade que ainda hoxe afecta a centos de familias republicanas, a de rendirlles un homenaxe póstumo que permita recuperar unha memoria historica que leva demasiado tempo oculta. A outra parte do libro fala dunha toma de conciencia colectiva por parte de centos de persoas de todo o estado, que toma forma na creación da Asociación para a Recuperación da Memoria Histórica, repartida actualmente por toda a xeografia española e da que Emilio Silva é presidente. Relato conmovedor, terrible, pero necesario, para refrescarnos a memoria. |