![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
Monográficos: Ordinarios: 10. Inverno 1998 9. Verán 1997 8. Inverno 1996-97 7. 6. 5. 4. 2-3. 1. |
Especial Sahara Livre. burak por Íñigo Berriochoa O cavalo de Mahoma, Burak, que, como o de Zapata, saiu zumbando coa morte de seu xinete, para eternizá-lo, denomina coloquialmente á Via Láctea no Sáhara e mais alá do Sáhara. Nestas terras e tamén nalgunhas outras é coñecida como Camiño de Santiago, aquel que montado nun cavalo branco mataba mouros por doquier. A semellanza dos "camiños" é mais ilustrativa que calquer deles considerados individualmente. E é asi como chegamos á globalizazón, muito tempo desexada para quen é poder e so vislumbrada para quen son podidos: é a diferéncia entre o "querer" e o "poder" ser. @s saharauis veñen querer ser, explicitamente, como tais, desde hai unha chea de anos. E teñen a sanzón internacional da sua parte a partir da decisón da Asemblea das Nazóns Unidas dun distante 1966 e polas resoluzóns e planos de paz posteriormente discutidos e consensuados. Mas non @s deixan ser: o último enviado da ONU, o exsecretário de Estado dos EUA. James Baker, ven de facer unha rolda mais que nada para que, tal e como parece, o Referendo de Autodeterminazón do Sáhara Ocidental desapareza como perspectiva non tan so imediata, senón tamén virtual. E topou de frente con quen queren ser. O actual monarca marroquino, Mohamed VI, fillo de Hassan II, é reformador, mas, como bon reformador, ten os seus yuyus. como diria Tarzán. o literário, non o Disney. O Sáhara é un yuyu para Marrocos como mostrou Mohamed VI desde a sua entronizazón, e non fíxo mais que negociá-lo no seu recente roteiro real polo Estado español, e republicano pola Franza e mais Itália; xusto en vésperas da visita de James Baker, para ataren ben as cousas supoño eu. Os níveis de cumplicidade co Estado marroquino da Franza, o Estado español, e por extensión a Unión Europea, son patentes, ainda que pouco coñecidos e menos ainda denunciados. Querer e/ou poder ser. A meados de decembro un grupo animado polos COSAL viaxamos aos campamentos saharauis na hamada do Tinduf nunha viaxe organizada pola Delegazón Saharaui na Galiza e a Asociazón Galega de Solidariedade. Case 25 anos despois da expulsón da terra polo exército marroquino, perto de 200.000 persoas construen-se colectivamente en mui difíceis condizóns: dependentes materialmente das axudas oficiais e da solidariedade internacional, cun horizonte de futuro unha e outra vez afastado, nun espazo físico que só permite manter-se... Enfrentan-se muí estruturadamente - son as mulleres o seu espiñazo - e reafirman-se no seu direito a voltar para ser. Nos territorios ocupados por Marrocos. nen-gunead@s. perseguid@ s, torturad@s e desaparecid@s, @s saharauis fan-se ver e non deixan dúvida do seu querer. O querer e o poder. Neste globalizado mundo, 25 anos despois da derrota dos EUA no Vietnam, son os vencidos iánquis quen absorben a derrota para converti-la en vitória nos meios de comunicazón e no ideario da humanidade, os mesmos que de camiño desconsideran a importáncia da revolta interna que contribuiu á derrota estadounidense e desprezan a globalizazón por baixo. No Sáhara Ocidental, 34 anos despois da resoluzón internacional que sinala a autodeterminazón como via descolonizadora, seguen precisando desa mesma globalizazón por baixo: material e política, para resistir e para ser.
|