![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
BRASIL • 06/11/2002 O PT perde a gobernación de Riu Grande dó Sul. Surpresas na eleizón para gobernadores.
A chamada onda vermelha do PT, concretizada o domingo pasado no contundente triunfo de Lula para a presidéncia e tamén na composición do Congreso, co significativo aumento dos representantes do PT, que pasou a ter a primeira bancada de diputados, non se materializou, sen embargo, na eleizón de gobernadores dos 27 estados que compoñen a República Federativa de Brasil. Nesta liorta, o partido de Lula perdeu posicións con relazón ás eleizóns de 1998, cando habia conquistado cinco estados. Agora, o partido do presidente electo conta con só tres estados, dos oito estados onde disputaba o goberno na segunda volta, somente venceu en Mato Grosso do Sul, reelexendo o seu gobernador. O PT perdeu o domingo o importante estado de Rio Grande do Sul. Esta é unha das maiores surpresas da eleizón deste ano, debido a que o PT é unha referéncia política alá por estar no comando da capital, Porto Alegre, desde 1993 e ao fronte do goberno estadual desde 1999. Asimesmo, o candidato derrotado, Tarso Genro, perfilaba-se como unha das alternativas do partido á candidatura de Lula. O PT tampouco non colocó os seus candidatos en nengun dos tres estados mais importantes desde o ponto de vista económico e político: San Pablo, Minas Gerais e Rio de Janeiro.nas duas primeiras, as duas grandes locomotoras da economia brasileira, triunfaron os candidatos do PSDB, o partido do presidente Cardoso, que foi o que gañou o maior número de gobernacións, sete en total.As duas gobernadores electos, Geraldo Alkmin (San Pablo) e Aécio Neves (Minas Gerais) son as principais figuras políticas de recámbio dentro do oficialismo. En Riu de Janeiro o goberno estará en mans do PSB de Anthony Garotinho, candidato presidencial derrotado na primeira quenda, que apoiou a Lula fronte a Serra, e que só ten en comun co presidente electo o ter sido un candidato de oposición ao goberno de Cardoso, pero que pretende ser novamente candidato a presidente en 2006 e polo tanto será un seguro rival de Lula, polo menos a partir da segunda metade do seu goberno. Esta panorama dos estados, unido á fragmentación política do Congreso, onde por primeira vez nengunha das catro grandes forcas políticas conta con mais do 25 por cento dos escanos, prognostican un cenário onde a capacidade de negociación do presidente electo e da sua equipa de goberno serán postas a proba constantemente.Este difícil equilibrio xa foi anticipado na construcción da campaña de Lula, que puxo énfase na sua capacidade negociadora, coas suas constantes referéncias a un pacto social. Fonte: Rebelion: http://www.rebelion.org
|