![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
BRASIL • 27/12/2002 Un Novo MercoSur.
É o mesmo mecanismo -de protección e de regulamentación
económica- que posibilitou, a escala nacional, que países
como Brasil puidesen industrializarse , aínda que de maneira
parcial e deformada, ao longo do século XX. Se se mantivese
a política de "libre comercio" existente ate 1930,
continuaríamos sendo unha economía primaria e exportadora.
É o mecanismo de integración rexional, coa protección
interna para cada espacio integrado, o que pode permitir que países
como Brasil podan conseguir unha integración soberana e non
subordinada, como a actual. ¿Por o que o Mercosur entrou en crise? polas políticas
de apertura económica -de "libre comercio"- dos
gobernos de Fernando Henrique Cardoso e Carlos Menem, incompatíbeis
cos procesos de integración rexional, que requiren formas
de regulamentación e de protección, as que foron precisamente
combatidas e debilitadas por eses gobernos. ¿Como superar esa crise? co fortalecemento e non o debilitamento
do Mercosur, comezando pola creación dunha moeda común,
que résgate a Arxentina do risco de dolarización e
críe un espacio de integración, inicialmente para
América do Sur, que paralelamente proxecte a Brasil como
líder rexional. E, ao mesmo tempo, desenvolver unha política
exterior multipolar, que rexeite o ALCA e olle cara Europa, China,
India e o sudeste asiático. O libre comercio significa a política do vale todo, de quen
mais pode, chora menos, o triunfo dos mais fortes, neste caso, das
grandes potencias económicas, que ademais de todo criaron
os seus megamercados de integración rexional, como a CEE
e o TLCAN, en Europa Occidental e en América do Norte, respectivamente.
A actual crise revelou como cada goberno -o de Bush, principalmente-
se protexe dos seus efectos mediante medidas de protección.
Non debemos critica-los polo facer , se non por ter un discurso
de "libre comercio" e na práctica actuar de maneira
proteccionista. O que necesitamos é protexer os nosos intereses,
rompendo co actual político pasivo do goberno brasileiro
fronte á crise internacional, e levar á práctica
unha política activa de reorganización do Mercosur,
profundándoo e estendéndoo , en lugar de aceitar o
seu debilitamento e ate a súa reducción. Ao contrario,
debemos loitar contra o "libre comercio" e en favor do
Mercosur. Emir Sader. Sociólogo brasileiro, catedrático da
Universidade de Rio de Janeiro. Membro do Partido dos Traballadores
(PT) de Brasil. Fonte: Rebelión. http://www.rebelion.org |