Nós Actividades Outrasvozes Titulares Ligazóns

Outro mundo é posible

Brasil

Colómbia

Guatemala

México

Nicaragua

Sáhara

Palestina

Timor Leste

COLÓMBIA • 21/11/2002

¿QUÉ PASA EN MEDELLÍN?

Durante este ano realizáronse tres operativos das Forzas Públicas Colombianas na Comuna 13 de Medellín, conformada por 20 barrios nos que viven unhas 100.000 persoas. A última intervención foi realizada, durante o mes de outubro, e nela non se permitiu a entrada na zona de prensa, da Procuradoría, nin de organizacións de DDHH. Dende CONSTRUYENDO, faise unha análise dos motivos destas intervencións.

Dende o domingo 15 de outubro de 2002, a policía, as forzas militares de Colombia e os grupos paraestatais levan a cabo unha ofensiva contra grupos de milicianos na Comuna 13 da cidade de Medellín, considerada a segunda cidade máis importante e con máis habitantes do país. Aínda que o argumento do goberno é recuperar unha zona onde os continuos enfrontamentos entre milicias guerrilleiras e grupos paraestatais deixaron máis de 400 mortos no ano, no fondo existe unha razón que aínda non foi desvelada.

Mentres noutras zonas da cidade existen milicias e se dan continuos enfrontamentos cos grupos paraestatais, o goberno municipal non asumiu a mesma actitude fronte a estes conflictos. Unha das razóns máis importantes para que a Comuna 13 sexa obxecto da arremetida paramilitar e das forzas de terror do Estado, é económica.

A Comuna 13 gracias á súa situación estratéxica, queda en medio de todos os proxectos de crecemento da cidade. Este sector fai parte dun importante corredor vial que lle permitirá á cidade comunicarse co occidente do departamento (Antioquia) e cos megaproxectos que alí se levan a cabo. A represa Pescadero-Ituango, que será a máis grande en Latinoamérica, o túnel de Occidente, que conectará a cidade en 2 horas menos con este sector e a canle interoceánica que se planea construír no occidente colombiano, son parte de ditos megaproxectos.

Pero non só fai parte da vía de saída para estes sitios. A expansión do sistema de transporte por metro da cidade contempla a chegada ata alí dos chamados teleféricos, o que converte a Comuna 13 nunha zona estratéxica para o "desenvolvemento" do sistema vial municipal; ademais estas terras urbanas son obxectivos das elites antioquense, gracias á valorización que estes proxectes lles darán.

A estratexia é de desaloxo. As elites da cidade pensan que e fácil facelo nun sector onde os seus habitantes fan parte dos círculos de miseria do municipio. Na súa maioría é clase obreira (a pesar de que o índice de desemprego do sector é do 77%), e campesiños desprazados. Por eso, primeiro deuse unha arremetida paramilitar tratando de sacar ás milicias que hai no sector. Co que non contaron foi coa resistencia popular, por eso agora a arremetida faise con forzas conxuntas do exército e dos grupos paramilitares. Xa o intentaran meses atrás, pero a resposta popular foi masiva: nenos con pedras, mulleres con paos, e todos os habitantes do sector en medio das balas enfrontáronse á policía e ó exército. Como naquela ocasión non lograron o seu obxectivo dedicáronse durante eses meses a utilizar as súas estratexias de terror, debilitando ós habitantes da zona para dar o golpe final que foi dirixido persoalmente polo presidente Uribe.

Onde estea a riqueza están os intereses da clase burguesa colombiana e a estratexia para obtela é de terror e morte. Non é para estrañarnos o que está pasando en Medellín; cousas peores nos esperan con este goberno que abertamente se ten mostrado como fascista.

O Proxecto Estudiantil Revolucionario despois de dar a coñecer os motivos polos que se está levando a cabo estas accións de terrorismo por parte do Estado, tamén reproducimos na nosa páxina (www.construyendo.azn.nu) dous artigos dos periódicos de máis tirada no pais que sustentan o que nós estamos denunciando, é de anotar que estes non fan unha denuncia imparcial, despois de todo son os que apoian o statu quo; pero os seus informes de todas maneiras fan evidente que hai situacións que non se poden esconder máis á opinión nacional e internacional. Facemos un chamamento para seguir denunciando as atrocidades que se están cometendo baixo a máscara da seguridade democrática decretada coa figura de conmoción interior.

Fonte:

CONSTRUYENDO, http://www.construyendo.azn.nu

Para saber máis:

Rebelión, http://www.rebelion.org/

Agencia de Noticias Nueva Colombia, http://www.anncol.com/