![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
COLÓMBIA • 21/11/2002 O FISCAL XERAL DEBILITA A INVESTIGACIÓN DE DEREITOS HUMANOS
"O esforzo de Colombia por facer respectar o Estado de dereito empeza polo seu Fiscal Xeral" dixo José Miguel Vivanco, Director Executivo da División das Américas de Human Rights Watch. "Colombia non pode afirmar con credibilidade que está avanzando na protección dos dereitos humanos si o Fiscal Xeral non está facendo o seu traballo". No informe de 14 páxinas, titulado "Un xiro erróneo: a actuación da Fiscalía Xeral de Colombia", documéntase cómo a Fiscalía Xeral da Nación non ten feito progresos en investigacións críticas en materia de dereitos humanos. Ó ocupar o posto en xullo de 2001, o Fiscal Xeral Luis Camilo Osorio deixou claro que tiña serias dúbidas sobre os esforzos en curso para procesar casos de dereitos humanos, especialmente aqueles relacionados con acusacións contra oficiais militares colombianos. Prometeu publicamente corrixir o que describiu como atención excesiva a estas acusacións por parte dos fiscais. Ás 72 horas da súa chegada á Fiscalía, Osorio solicitou a renuncia de dous altos funcionarios que estiveran a cargo dalgúns dos casos de dereitos humanos máis importantes da institución. Un terceiro funcionario sentiuse obrigado a renunciar en resposta ás accións do Fiscal Xeral. Nos 15 meses que Osorio leva no seu cargo, foron despedidos ó menos nove fiscais e investigadores encargados de casos de dereitos humanos. Outros 15 víronse forzados a renunciar ou sentíronse obrigados a facelo baixo presión. Case todos eles saíron posteriormente de Colombia despois de ter recibido ameazas de morte. En decembro de 2001, por exemplo, o Fiscal Xeral despediu a catro funcionarios superiores do Corpo Técnico de Investigación (CTI) despois de que prestaran asistencia na captura dun destacado asasino paramilitar e familiar do líder paramilitar Carlos Castaño. "Dende xullo de 2001, cinco fiscais e investigadores colombianos foron asasinados no cumprimento do seu deber" dixo Vivanco. "Os fiscais colombianos arriscan as súas vidas defendendo o Estado de dereito; non deberían verse obrigados a ter que arriscar tamén os seus empregos" Varios fiscais encargados de investigacións contra oficiais militares de alto rango foron apartados de ditos cargos antes de que puideran ordenar detencións e formular cargos contra os sospeitosos, feito que puxo en perigo o futuro das investigacións. Un exemplo diso é a investigación da masacre de 2001 na aldea de Chengue, Sucre, un caso no que se encontra implicado o Xeneral da Armada Rodrigo Quiñones. Despois de que un fiscal fixera importantes progresos na reunión de probas para formular cargos, o caso foi reasignado e parece terse paralizado. Fonte: Human Rights Watch: http://www.hrw.org Para saber máis: Agencia de Noticias Nueva Colombia, http://www.anncol.com/ |