![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
COLÓMBIA • 13/12/2002 A UNIVERSIDADE PÚBLICA E AS FORZAS ARMADAS EN COLOMBIA
O día 20 de novembro os estudiantes da Universidade Industrial de Santander (UIS) iniciaron unha xornada de mobilización en protesta pola asfixia orzamentaria imposta pola Gobernación Departamental, a imposición unilateral dun código disciplinario que consideran que vulnera os dereitos humanos básicos, a aplicación dun sistema de vixilancia privada atilado de paramilitar, e a implicación do Rector Miguel J. Pinilla en casos de corrupción. O campus universitario, onde se levaba a cabo a protesta, foi ocupado polas Forzas Armadas. Durante os enfrontamentos, un estudiante foi alcanzado no peito por un disparo realizado a corta distancia por un dos antidisturbios. Aínda que os medios de comunicación nacionais e rexionais recollen as declaracións dos altos mandos militares, onde se responsabiliza do asasinato ó movemento estudiantil. Na madrugada do día 21 as Residencias Universitarias e varios edificios do campus foron rexistrados por parte de unidades da fiscalía, exercito e policía, realizándose novas detencións nas inmediacións da universidade. Durante todo o día os estudiantes congregáronse nun velorio simbólico ó redor dun cadaleito baleiro, sufrindo unha carga policial no transcurso da tarde. O venres día 22 os estudiantes protagonizaron unha marcha polas rúas da cidade, durante a que se volveron a producir novas cargas. Por outro lado, en Bogotá a Universidade Nacional de Colombia, o principal centro educativo da nación, permaneceu pechada e tomada polas forzas militares durante varios días, a partir do 29 de novembro, tempo no que se suspenderon todo tipo de actividades no campus e se prohibiu o ingreso de estudiantes, profesores e traballadores. Neste senso o Vicerrector da Universidade Nacional, Leopoldo Múnera, fixo unhas declaracións ó diario EL TIEMPO o 11de decembro, nas que indica que houbo irregularidades na ocupación e que denunciará ante a Procuradoría os feitos acaecidos o 29 de novembro pasado. Múnera, vicerrector de la sede Bogotá da universidade, sinalou o malestar reinante na universidade, non só por "la desproporcionada utilización de forza pública" durante a operación (2.792 efectivos de Fiscalía, Policía e Procuradoría) e os danos ocasionados nas instalacións, senón pola "animadversión manifesta por funcionarios del Estado, como el fiscal Luis Camilo Osorio, hacia la institución". Múnera indica que cando o fiscal fai comentarios do tipo de 'esos son los posgrados que ofrece la Nacional', referíndose ó lanzamento de proxectís dende o campus contra a Fiscalía o 22 de novembro , réstalle obxectividade a calquera medida que tome con respecto á universidade. Sobre todo cando non se demostrou responsabilidade de membros da universidade nese atentado. Fonte: Independent Media Center, http://www.indymedia.org/ Para saber máis: http://www.anncol.com/ |