Nós Actividades Outrasvozes Titulares Ligazóns

Outro mundo é posible

Brasil

Colómbia

Guatemala

México

Nicaragua

Sáhara

Palestina

Timor Leste

COLÓMBIA • 13/12/2002

A POBOACIÓN CIVIL FUXE DE MICO AHUMADO, SUR DE BOLÍVAR

200 homes armados que se identifican como paramilitares atacaron o día 1 de decembro o correximento Mico Ahumado. Segundo os habitantes da rexión xa empezaron os asasinatos e escóitanse tiroteos e explosións.

A Corporación Servicios Profesionales Sembrar, denuncia ante as organizacións nacionais e internacionais os seguintes feitos que están ocorrendo no correximento MICO AHUMADO do municipio de Morales, sur de Bolívar.

Dende o día 1 de decembro de 2002 tense información de que un grupo de aproximadamente 400 homes armados que se identifican como paramilitares, vai avanzando dende o correximento Moralito pola vía que conduce ó correximento Mico Ahumado. Os paramilitares ó parecer fixeron un retén na vereda La Arcadia.

Hoxe 2 de decembro habitantes da rexión avisaron que sobre as 14 horas escoitábanse tiroteos e explosións cerca do casarío. Tamén se informa que ó parecer cometéronse algúns asasinatos e hai preocupación por un vehículo de transporte que saíu o domingo 1 de decembro de Mico Ahumado cara o casco urbano de Morales sen que se saiba o seu destino nin o paradoiro dos seus ocupantes. Tamén se informa que os poboadores de Mico Ahumado comezaron a desprazarse para preservar as súas vidas.

Así mesmo infórmase que no sitio La Hamaca do municipio de Tiquisio, dende o 29 de novembro de 2002, encóntrase acantonado un grupo de homes armados que se identificaron como membros do Exército Nacional. No municipio de Río Viejo, correximento Mina Brisa no sitio el Polvillo atópase outro grupo de homes armados que tamén se identifican como membros do exército. Este tipo de movemento de tropa, sexan pertencentes o Exército Nacional o a paramilitares, o parecer pretende pechar un anel sobre os poboadores de Mico Ahumado e zonas lindeiras.

No día de hoxe, 2 de decembro, dirixíronse comunicacións ós comandantes das Forzas Militares, Exército Nacional e Armada Nacional, solicitándolles tomar todas as medidas para garantir a vida, tranquilidade e integridade dos poboadores desta zona do sur de Bolívar.

Agencia de Noticias Nueva Colombia.

Nun artigo publicado o día 12 de decembro no diario La Vanguardia asegúrase que o Defensor do pobo do Magdalena Medio, Jorge Gómez Lizarazo, tras inspeccionar a zona fixo un chamamento ós organismos de seguridade, á Rede de Solidariedade Social e á Cruz Vermella Internacional para que presten atención á situación de conflicto que viven cerca de 400 habitantes de Mico Ahumado. Segundo Lizarazo na zona estase a producir unha situación de combate permanente entre insurxentes das Fuerzas Armadas Revolucionarias de Colombia (FARC), o Ejército de Liberación Nacional (ELN) e as Autodefensas Unidas de Colombia (AUC). Esto orixinou o desprazamento na última semana de 30 familias que están refuxiadas nas veredas de citada localidade en condicións infrahumanas.

La Vanguardia, Bestriz E. Mantilla

Fonte:

Agencia de Noticias Nueva Colombia: http://www.anncol.com/

La Vanguardia (12 decembro). http://www.vanguardia.com/hoy/bar4.htm, Por Beatriz E. Mantilla;

Para saber máis:

http://www.redresistencia.org/archivo.html
http://www.construyendo.azn.nu/