![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
COLÓMBIA • 8/9/2003 Rompendo a mordaza, unha alternativa de opinión.
Departamento de Arauca Colombia, setembro 8 de 2003. O dereito á libre asociación e a liberdade de expresión, é legal e lexítima, está contemplada na nosa Constitución Nacional; unha democrácia verdadeira soporta-se sobre a participación activa, libre e consciente dos cidadáns, con independencia de calqueira presión de tipo político, relixioso, de goberno ou réxime algún. As Organizacións Sociais son expresións legais, lexítimas nas que confluen os campesiños, obreiros, sindicalistas, xóvenes, estudiantes, mulleres, grémios productivos, empresas comunitarias, sectores cívicos, comunitarios e cooperativos. No noso departamento construiu-se a organización social ao calor das loitas reivindicativas e políticas: desde a exixéncia para a construcción dunha ponte, unha estrada, escola, hospital, dereitos laborais, até adoptar con dignidade a defensa da vida, os dereitos humanos e a permanencia no territorio. Somos un tecido social real organizado, digno de admiración nacional e internacional, que con dignidade nos resistimos a renunciar a unha verdadeira xusticia social e a ser libres. Cumplimos unha labor social e humanitária que trascende calqueira interese individual. Labor que se soporta sobre unha proposta de vida: traballamos pola saúde, ademais de exixir que sexa un servicio público gratuito e de calidade, que chegue ao usuário enfermo; tamén defendemos a calidade de vida dos pobres, polo cual plantexamos que se traballe por un hábitat propicio con un ambiente san, onde a vivienda e os servicios básicos sexan dignos do ser humano, a vida sexa posible nun ambiente de convivencia onde poidamos recrear a vida, onde se permita a produtividade que garanta a soberania alimentaria da aldea. Traballamos pola educación, creemos que sen ela ningunha aldea pode ser libre e civilizada, os modelos educativos actualmente aplicados, reproducen as desigualdades, a pobreza e aumentan os cordóns de analfabetismo, creemos nunha educación alternativa que construa homes e mulleres libres, onde a tecnoloxía e a ciéncia estexan ao servicio da humanidade e non ao servicio de intereses mesquiños de particulares ou grupos privilexiados, debe ser un patrimonio de todos, sabemos que a educación é a columna vertebral das aldeas, por tal razón debe ser pública e gratuita. Traballamos pola produtividade, sen a economia sustentable, non é posible a vida, buscamos un equilibrio entre a oferta ambiental e a produtividade, por iso loitamos pola soberania nacional dos nosos recursos naturais e a soberania alimentaria, sabemos que todo isto é posible nun espacio de vida; de aí, a nosa posición inclaudicable de defender e permanecer no noso território rexeitando a ameaza do éxodo e o desplazamento. Traballamos polo respecto á vida e os dereitos humanos da poboación, das nosas culturas milenárias indíxenas, da nosa soberania nacional cos seus recursos ecolóxicos e ambientais. Por todo isto e nada mais, o goberno nos califica de brazo político da insurxencia e nos judicializan, criminalizan por rebelión e terrorismo. As nosas manifestacións foron públicas, pacíficas e dentro do marco constitucional. O pouco que se logrou construir non foi gratuito, nen foi a vontade da clase politiqueira e corrupta que cada tres anos sae a ofrecerlle mentiras á aldea, foi o sacrificio dos campesiños, indíxenas, obreiros, sindicalistas, mulleres, comunas, transportadores, comerciantes, xóvenes e estudiantes, que coas súas marchas, paros, protestas, cabildos, audiencias públicas, foros, asambleas e congresos, exixen e arrebatan os dereitos, foi todo un proceso histórico, desde o ano 1972 os sectores se movilizan en Arauca: as marchas campesiñas para exixir estradas, postos de saúde e escolas, os paros estatais para defender a saúde e a educación pública e rexeitar a súa privatización, as movilizacións e paros cívicos en defensa das culturas indíxenas U'wa e Guahibos, das agresións das transnacionais Oxy, Repsol, Shell e outras. As múltiples e diversas expresións cívicas en defensa da vida e os dereitos humanos, contra a violencia e agresións do conflicto armado, o abuso dos militares e a súa guerra sucia paramilitar, os desmáns da insurxencia no seu accionar que afecta á poboación civil, os esforzos sobrenaturais de xestión nacional e internacional, para que os delitos atroces como a masacre aérea de Santo Domingo, a masacre da Cabuya, o atropelo aos indíxenas, os asesinatos selectivos de dirixintes Sociais en Arauca, Tame e Saravena e os centenares de crimenes de civis no que vai corrido do goberno de "seguridade democrática" de Uribe, non fiquen na impunidade. É isto o que levou ao goberno, aos militares e sectores corruptos da vida política rexional a desfigurar e estigmatizar as Organizacións Sociais de Arauca. Ensañándose e desatando a mais siniestra e perversa persecución contra a dirixencia dos sectores Sociais. Até o momento foron asesinados mais de 15 dirixintes Sociais, prendéronse mais de 75 e existe un número indeterminado de ordes de captura, prefabricadas pola Fiscalía baixo a utilizaron de delincuentes como testemuñas pagadas que de maneira infame sinalan, sindican e acusan aos cidadáns. POLOS NOSOS DEREITOS, OS DIREITOS DA ALDEA, OPINEMOS NON CALEMOS. ORGANIZACIÓNS SOCIAIS DO DEPARTAMENTO DE ARAUCA. COLOMBIA. Fonte: Organizacións Sociais do Departamento de Arauca. Colombia. Para saber máis: Reporteros sin fronteras, http://www.rsf.fr/article.php3?id_article=4587 Equipo Nizkor, http://www.derechos.org/nizkor/index.html
|