Nós Actividades Outrasvozes Titulares Ligazóns

Outro mundo é posible

Brasil

Colómbia

Guatemala

México

Nicaragua

Sáhara

Palestina

Timor Leste

COLÓMBIA • 9/11/2003

Derrotada a trampa Uribista.

por Milton Hernández.

En Colómbia acostuma-se dicer que "feita a Lei, feita a trampa", este duplo xogo foi o que nos pretendeu impor o governo de Álvaro Uribe Vélez aos colombianos co seu chamado Referendo, que non era nada mais nen nada menos que unha verdadeira contrarreforma constitucional, que foi derrotada amplamente nas eleizóns do sábado 25 de Outubro.

Os propósitos desta contrarreforma constitucional que moitos catalogamos como un proceso plebiscitário a favor do autoritarismo uribista e a sua pretendida reeleizón presidencial; buscaba entre outros, lexitimar pola via da consulta popular o amancebamento gubernamental co FMI, dar-lle apoio político á guerra total e ao aniquilamento pola via militar da insurxéncia colombiana, buscaba ademais a legalización do paramilitarismo, a condena á morte política dos partidos e movimentos de oposición, o recorte das poucas liberdades democráticas conquistadas na Constituizón de 1991, un axuste fiscal sen precedentes onde se xelaban os gastos do sector publico, se aumentaba o IVA de xeito indiscriminada a todos os artigos de primeira necesidade, xelaban-se as pensións e os sueldos dos empregados públicos, aumentaban-se os impostos para a guerra, reducian-se ou eliminaban os outros poderes do estado diferentes ao executivo, como son o poder lexislativo e o xudicial. En fin , o rexime Uribista esgrimiu o Referendo como unha segura carta de triunfo política sen pensar xamais na eventualidade dunha derrota.

Sen embargo, a pesar do manexo de opinión mediático liderado polo próprio presidente através de todas as cadeas de televisión, os meios escritos e radiais, que con honrosas excepcións apresentaban a Uribe como o "Superman" de Colómbia e ao seu Referendo como o mecanismo polo cual íbamos seguros a conquistar o paraíso terreal. Nunca como nesta conxuntura governo nengun contou con tanto cortesano mediático, igual que os grandes grémios económicos, as altas hierarquias da igrexa e importantes dirixintes dos partidos políticos, dispostos a convertiren-se en espoliques do rexime en función dos seus nefastos propósitos guerreristas e fondo- monetaristas.

Este consenso entre todos os poderes fixo que até o mesmo dia das eleizóns o Uribismo contase coa suposta lexitimidade do 72% que lle endosaban todas as enquisas.Pero, como o insólito acostuma converter-se en realidade, o país e o povo real, ese que sofre a diário a dureza da vida e a crueldade da guerra, organizou-se e movilizou-se para non deixar-se arrebatar os seus poucos direitos e produiciu-lle ao prepotente de Álvaro Uribe e o seu governo a maior derrota política da sua história, abstendo-se de participar no Referendo dunha forma activa e consciente. Escrutadoa o 98% das mesas de votación o promédio nacional de abstención é dun 76%, dando-se o caso de que en moitas rexións superou o 85%. Nestas condicións nengunha das 18 perguntas contidas no Referendo lograban o limiar electoral de 6.275.000 votos correspondente ao 25% do electorado colombiano.

O Sábado 25 de Outubro ás oito da noite cando xa a derrota do Referendo estaba cantada, o "Superman" de Colómbia quen no último ano non desaprovechó nengun pantallazo de televisión para aparecer como o salvador da pátria, cancela de forma insólita a roda de prensa que habia convocado, pechou-se duas horas coa sua profesora de ioga a exorcizar os espíritos e ás dez da noite en ton melancólico e avesio chamou á sua esposa Lina a dormir por que "definitivamente este barco se afundiu".

Pero as surpresas non acababan aí, o domingo 26 de Outubro nunha histórica xornada política o povo colombiano redondaba a sua faena e coa eleizón popular de alcaldes, governadores e concellais depositaba a sua confianza na esquerda, nos sectores democráticos e independentes, entregando-lle por primeira vez un amplo e claro mandato popular para que se converta en realidade a consigna de ser Governo e ser Poder enarbolada desde anos atrás polos sectores patrióticos do país.

O Polo Democrático independente, amplia coalición de todas as forzas revolucionárias, de esquerda, sociais e patrióticas de Colómbia, que fixo sua a consigna do noso pai Camilo Torres Restrepo de "recoller o que nos une e deixar o que nos separa"; constituiu-se na forza política con mais futuro no país derrotando ás maquinarias tradicionais dos partidos liberal e conservador e aos candidatos direitistas do Uribismo quen fixeron campaña política por fora destes partidos.A ampla vitória do PDI en cidades como Bogotá, en Medellín en Unidade coa Alianza Indíxena, en Bucaramanga coa Alianza Nacional Popular, en Villavicencio, en Pasto, en Barrancabermeja capital petroleira de Colómbia e a nível departamental coa conquista das governacións do Valle do Cauca, Nariño, e Santander, colocan ao PDI e aos seus aliados nun lugar determinante para o proceso de nova governabilidade e democrácia que o país require e exixe.

Sen dúvida nengunha, o factor fundamental dos dous procesos electorais concluídos, deben-nos levar a quitar as seguintes ensinanzas:

a. É evidente a caducidade dos dous partidos tradicionais colombianos que xa non funcionan siquera como a vella maquinária para facer trampas nas eleizóns.

b. Consolidan-se no cenário político nacional as forzas de esquerda, patrióticas, democráticas e independentes que temos que demostrar agora que somos capaces de ser governo con transparéncia, honestidade, cero corrupción, exemplar administración dos bens sociais consecuentes coas expectativas que os colombianos depositaron nestas forzas.

c. Ficou derrotado parcialmente o autoritarismo antidemocrático do Uribismo, o seu fondo monetarismo, a sua incondicionalidade ao ALCA, ao império, ás transnacionais, o seu modelo político excluyente e o seu terrorismo de estado.

d. Unha nova viraxe política debe sofrer Colómbia a todos os níveis e en todas as ordes: no económico se ao Presidente Uribe lle fica algo de sensatez, debe suprimir os acordos co FMI, renegociar a déveda externa e botar atrás as medidas fiscais lesivas ao interese popular.No político, debe-se consensuar co PDI un dialogo permanente que busque, acorde co novo mapa político de Colómbia, un novo marco de acción política e social incluinte e participativo.

e. É urxente e prioritário retomar a axenda de dialogo coa insurgencia guerrilleira baixo a premisa da procura da paz con xustiza social, denegando a pretendida e vella aspiración oligárquica da entrega de armas e a desmobilización das forzas guerrilleiras.

f. O triunfo da esquerda colombiana nas eleizóns do 26 de Outubro non se poden entender como o pretende facer hoxe a vella e caduca dirixéncia do país, como unha derrota política para a insurxéncia colombiana.polo contrário, a loita guerrilleira colombiana esta lexitimada polas profundas causas de exclusión social e políticas existentes e en moitas ocasións da nosa história pasada e recente, ensaiamos facer política pola via institucional a costa dun regueiro de mortos e de sangue sen precedentes en nengun país da nosa América.Vale citar como exemplos de como a oligarquia calou co tradicional chumbro as experiencias do "Fronte Unido" de Camilo Torres R entre os anos 64 e 68, da "Unión Patriótica", de "A Loitar", do "Fronte Popular" entre os anos 80 e 90 e na actualidade coa criminalización e sinalizazón como terroristas de todos aqueles que erguen a sua voz de protesta contra o modelo neoliberal e a rexime Uribista.

g. Vale dicer ademais que a maioria de Alcaldes e Governadores electis polo PDI e as Forzas Independentes acadaron a confianza do povo polo seu insistente labor na procura da solución política ao conflito social e armado que nos desangra e no caso particular de Lucho Garzón, Alcalde eleito de Bogotá e de Angelino Garzón, Governador eleito do Valle do Cauca son membros permanentes do Grupo de Facilitadotes da Sociedade para o diálogo do ELN e o governo de Colómbia.

h. Sen dúvida nengunha, o relativo éxito conquistado nesta conxuntura política polas Forzas Patrióticas, non poden facer-nos perder de vista que se ben se derrotou o proceso plebiscitario reeleizonista e guerrerista de Uribe Vélez; lonxe estamos de concretar ainda unha sólida unidade patriótica e antiimperialista que nos permita transitar polo camiño da derrota definitiva da lóxica neoliberal, do fondo monetarismo e do terrorismo do estado colombiano.

i. Todo implica, portanto , a nosa chamada a manter en alta as bandeiras unitárias, facer goberno desde o poder popular, a acompañar os espazos de governabilidade atinxidos coa mas ampli participación social, a manter a fiscalización permanente sobre todos os mandatarios eleitos, atrevendo-nos a exercer a loita directa do povo sen lle pedir permiso a ninguén, só asi seremos quen de nos achegar ao soño libertário dos nosos pais José Antonio Galán, o Comuneiro, Simón Bolívar, Jorge Eliécer Gaitan e Camilo Torres Restrepo.

Fonte:

Milton Hernández.

Para saber máis:

http://www.eln-voces.com
http://www.farc-ep.org
http://www.partidocomunistacolombiano.org
http://desde-abajo.org
http://www.anncol.com
http://www.luchogarzon.com/lista/listinfo/lucho