Nós Actividades Outrasvozes Titulares Ligazóns

Outro mundo é posible

Brasil

Colómbia

Guatemala

México

Nicaragua

Sáhara

Palestina

Timor Leste

MÉXICO • 8/9/2003

Oaxaca, a loita dos indíxenas contra o neoliberalismo.

Lulapor Ana Rodríguez López.

Un grupo de COSAL-GALIZA decide viaxar en Xullo de 2003 a México, o Estado de Oaxaca, invitadas polo CODEP ( Cómite de Defensa de los Derechos del Pueblo); organización social e independente que loita pola construcción dunha sociedade igualitaria.

As súas actividades principais son a realización de proxectos productivos para garantir a soberanía alimentaria das poblacións coas que traballa, fundamentalmente campesinos e indíxenas; outra vertente importante desta organización é concienciar e organizar a xente das comunidades para loitar xuntos na defensa dos seus dereitos.

Este Estado mexicano situado o sur da República colinda o norte cos Estados de Puebla e Veracruz, ó este con Chiapas, ó sur co Océano Pacífico, ó leste co Estado de Guerrero. O seu terreno é bastante agreste pois é atravesado pola Serra Madre do sur, o Nudo Mixteco, a Serra Mazateca, a Serra Júarez, o Cerro Negro, a Serra Mixe, o Cerro Peña San Felipe, Cerro Verde e a Serra Atravesada. O seu territorio representa o 4,8% da superficie do país, cunha población de maís de 3 millóns de habitantes, dos cales 1,5 millóns son indixenas. Identificanse formalmente 16 grupos étnicos perfectamente definidos pola súa lingua, costumes, alimentación, ritos, cosmovisión, etc, ademaís dos afromixtecos que son mezcla de esclavos negros traídos na época da conquista española e de mixtecos orixinaís da costa chica de Oaxaca.

Problemática Social

As cifras de emigración que soporta este Estado son o 30% do total da República Mexicana, os emigrantes son fundamentalmente os homes xóvenes que se van os EEUU ou as urbes maís pobladas, México DF, etc. Esta situación desintegra gran número de nucleos familiares porque é o cabeza de familia quen se ausenta, en ocasións non regresa abandonando a muller e os fillos a súa sorte, os que regresan traen costumes, vestimentas e comportamentos novos que paulatinamente vai rompendo a continuidade dos usos e costumes das comunidades. Estes usos e costumes que rixen as comunidades indixinas permitirinlles durante moitos séculos sobrevivir nesta orografía tan agreste a pesar da colonización española, conservando case intacta a súa idiosincrasia, de ahí a importancia de recuperar moitas costumes destes pobos, como é o tequio ( son traballos que todos realizan de balde en beneficio de toda a vila, por exemplo unha ponte ou un camiño para acceder a comunidade, etc )

Os homes e mulleres emigrantes teñen que viaxar durante 5 días en autobús ata o norte do país e logo atravesar o deserto durante 8 días a pé, sorteando os perigos do deserto e sobrevivindo con tortillas de millo e auga que deben cargar durante todo o traxecto. Para poder enrolarse nesta aventura debenlle pagar arredor de 1200 dólares a un "coyote" (explotador) que lles indicará o camiño, algúns perden a vida neste periplo, os que conseguen chegar o destino teñen que vivir en condicións de marxinación e traballar a reo para poder pagar o débeda.
A emigración interior é sumamente alta, calcúlase que só no D.F. habitan maís de 2 millóns de indixenas que viven hacinados nas chamadas cidades perdidas e nos cinturóns de miseria da gran capital.

A muller

A situación das mulleres oaxaqueñas non é para nada envexable, o machismo está tan incluido na cultura e na sociedade que xa non se detecta, sendo asumido sen críticas. Determinadas costumes indixenas axudan a perpetuar esta realidade, como son a venta de mulleres ou que un home poida ter varias mulleres se as pode alimentar. Os indices de analfabetismo e de descoñecemento do español, lingua institucional, son moito maiores entre a población femenina que a masculina, así como a desigualdade de oportunidades o que frena a integración e a participación da muller na sociedade e nas actividades das organizacións sociais coas que contactamos.

Problema Agrario

Non foi ata o goberno de Lázaro Cardenas(1934) cando se fixo a tan reclamada Reforma Agraria que lle devolvería as terras os indíxenas e campesinos en réxime de propiedade comunal (ejido). Estas terras pertencían os terratenientes e colonos españois que lles arrebataran as terras que lexitimamente lle pertence a quen a traballa. Este reparto sufriu diferentes modificacións en gobernos posteriores de corte neoliberal, disto derivase que só no Estado de Oaxaca hai 600 conflictos agrarios por resolver, xerando serios problemas entre as diversas comunidades, inclusive asasinatos co que isto agraba a busqueda dunha solución.

Os gobernos do Estado e Federal comtemplan con pasividade esta situación sen mediar nos conflictos amparándose en que son problemas entre campesiños. A isto engadeselle a grave consecuencia que supón para o campo o proceso de globalización e apertura económica que favorece a especulación da terra amparada nos megaproxectos das empresas transnacionais.
Para facilitar a privatización da terra o goberno mexicano en 1992 modificou o artigo 27 da Constitución eliminando de facto as garantías para o agro que se gañaran na Revolución e coa Reforma Agraria, agora os campesiños gozan de titulos de propidade privada desintegrándose así a propiedade comunal, estos campesiños a titulo individual son maís fáciles de persuadir polas multinacionais que aspiran a arrebatarlles as terras para poñer en marcha os proxectos de monocultivo das empresas transnacionais.

E importante destacar que a vida dos indixenas e campesiños está fortemente ligada a terra e toda a súa cosmovisión e idiosincrasia viríase abaixo sen o contacto con ela. Os diferentes gobernos mexicanos títeres de EUA e das transnacionais están privando o agro de axudas e pola contra importan graos básicos do país veciño que si están fortemente subvencionados. Con isto ponse en perigo a soberanía alimentaria do país e pretendese socavar a economía agraria destas xentes, obrigandoos a abandonala súa terra para facilitarlle a tarefa de explotala as grandes multinacionais e así continuar coa fuga dos recursos naturais o norte, perpetuando a explotación dos paises pobres por parte dos ricos. Esta é a solución que busca o capitalismo brutal para resolver a súa crise, chamase neoliberalismo. Todo pode ser mercancía, olvidandose do dereito a vida destas xentes.

Nestes días ten lugar en Cancún a Quinta Conferencia da Organización Mundial do Comercio ( OMC ) onde se aspira chegar a un acordo para liberalizar o comercio agrícola; permitindolles os países ricos vender os seus productos agrícolas, fortemente subvencionados, sen aranceis nos países pobres. Esto xenera o efecto "dumping" consentido no mercado internacional o levar o mímino os prezos das mercancías.

As economías poderosas permitense producir maís barato que nos países tercermundistas perdendo estos últimos sistemáticamente as oportunidades de exportación e de abastecer o mercado interno. Isto pon en perigo a soberanía alimentaria de paises como México que pasan a depender das exportacións de productos básicos para alimentar a súa poboación. E necesario impedir que a agricultura entre nas reglas do comercio internacional garantindo o mercado interno e o dereito de que cada país poda vetar a entrada dun producto se afecta a súa agricultura, isto é a soberanía alimentaria

Servenos de exemplo o reparto da riqueza en México, onde viven 100 millóns de habitantes, considerase que só 20 familias teñen a maior parte, sendo estas só 300 persoas, 70 millóns de mexicanos son pobres, destes 40 millóns viven na pobreza extrema, é dicir en termos económicos só perciben 40 pesos diarios cando a canasta básica alimentario custa 240 pesos por persoa, os que son considerados só pobres perciben 120 pesos o día por persoa, co que tampouco alcancen para alimentarse correctamente. Estas familias poderosas contan con todo o aparato do Estado, é dicir o goberno, exercito, cárceres, policías, cámara de diputados e senadores, tribunais, medios de comunicación, partidos políticos para impedir que todos eses millóns de pobres lles arrebaten as súas fortunas e o seu poder, utilizan todo o poder do Estado para darlle lexitimidade os seus actos e reprimir os pobres se son unha ameaza para garantir os seus privilexios.

A loita política

Cando nos chegamos a Oaxaca, o 2 de xullo, as diferentes organizacións sociais coas que contactamos estaban realizando un plantón no zócalo da cidade oaxaqueña dende o 12 de xuño.
Os motivos da protesta: Dende fai varios anos os agremiados o Sindicato dos Tres Poderes están loitando por democratizalo e independizalo das posicións autoritarias do goberno do Estado. Finalmente nunhas eleccións democráticas sae elexido para encabezar o Cómite Executivo Oliverio Neri , quen consegue unha sustancial mellora nas condicións laborais dos traballadores, negándose a someterse o autoritarismo dictatorial e a intromisión na vida do sindicato do gobernador do Estado, José Murat. A reacción do gobernador tirano non se fai esperar e despois de chantaxes e ameazas non consegue doblegar a vontade do Cómite Executivo, decide crearlle falsos delitos a Oliverio Neri e encarcelalo, onde permanece.

Ante tanta inxustiza e violación da Constitución, Ley Federal do Traballo, etc diversas organizacións sociais deciden lanzarse a rúa para esixir os seus lexítimos dereitos. Despois de meses pedindolle o gobernador que recibise unha comisión para buscarlle unha solución pacífica o conflicto e ante as constantes negativas e ameazas deciden tomar pacíficamente as oficinas do goberno. A resposta do goberno de Oaxaca deuse o día 12 cando decide enviar 1000 antidisturbios con gases lacrimóxenos e cans de ataque. Resultando 11 personas feridas, 6 desaparecidos e 4 encarcelados.

A partir dese día doce organizacións fraternas deciden apoiar o Sindicato dos Tres Poderes na súa loita e facerse solidarios das súas reinvindicacións, entre as que está o CODEP.
Esta gran alianza de diferentes organizacións sociais e comunidades decide reforzar a súa loita o 18 de xullo con motivo da Guelaguetza. Esta é a festa maís importante do Estado de Oaxaca.
"Guelaguetza" significa orixinalmente axuda mutua e intercambio de regalos, esta festa foi convertida nun gran botín de comerciantes de mercancía e de protagonismos políticos, paralelo a esta farsa proponse unha "Guelaguetza Popular" onde se recupere o verdadeiro sentido desta festa para as culturas indíxenas.

Nestas datas de gran afluencia de turistas nacionaís e internacionaís as organizacións sociais deciden movilizar a xente das comunidades para sumarse a protesta iniciada o 12 de xuño.

Conseguen movilizar a maís de 4000 persoas que durante 4 días viven no zócalo da cidade de Oaxaca, alí comen, dormen, etc, hacinados, mentras a menos de 100 metros os turistas disfrutan da cidade en ostentosas terrazas, nestes momentos os contrastes sociais son evidentes ata para os maís cegos. A pesar desta evidencia puidemos presenciar provacacións de turistas nacionais, comerciantes, etc que protestaban pola imaxe que estas xentes estaban dando da cidade de Oaxaca, quizaís nunca saíremos do asombro, nunca nos quitaremos a venda que tanto nos beneficia.

Despois de diversas accións de protesta e ante a inminencia do primeiro luns do cerro, día principal da festa, o gobernador decide poñerse en contacto coas organizacións sociais o domingo 20 de xullo para negociar.

As esixencias das organizacións sociais son:

  • Liberdade inmediata e incondicional de Oliverio Neri e demaís presos políticos encarecelados inxustamente o día 12 de xuño por maís de 1000 antidisturbios.
  • Garantías de vida o compañeiro Raúl Gatica.
  • Execución das ordes de aprehensión ós paramilitares.
  • Solución dos problemas agrarios das comunidades.
  • Solución ós problemas municipais das comunidades.
  • Solución as demandas sociais das comunidades: saúde, vivenda, educación, electrificación, camiños, proxectos productivos, medios de comunicación.

Ante a inminencia da festa nacional e a presión dos manifestantes o goberno do Estado e o seu equipo accederon a estas demandas, agora queda esperar que sexan cumpridas na súa totalidade.

As organizacións sociais e os seus integrantes temen futuras represións e ameazas non só a través do propio gobernos senon tamén por parte dos paramilitares, nalgúns casos encubertos en falsas organizacións promovidas por estes que crean conflictos para deslixitimar as organizacións que defenden os maís desfavorecidos.

Nesta xornada de loita que nos presenciamos os compas do CODEP e outras organizacións sociais pedironnos que serviramos como observadores internacionais; aparte desta pequena contribución o principal obxectivo da nosa viaxe era coñecer a realidade social e política das diferentes comunidades oaxaqueñas que dende este mundo rico semella inexistente.

Os organizacións internacionais que coñecemos esta dura realidade correspondenos estar atentos a futuras represións para apoiar dende o noso ámbito esta loita pola liberdade de expresión, polo dereito a unha vida digna.

Dende esta páxina queremos agradecerlle a xente do CODEP o seu caluroso acollemento e a posibilidade que nos brindaron de coñecer o Estado de Oaxaca dende dentro, dende o sufrimento e as necesidades das xentes que o habitan. Esperamos que a nosa colaboración sexa fructifera e poidamos contribuir dende a nosa Galicia a difundir esa realidade que os medios de comunicación nos ocultan reiteradamente.

Fonte:

Brigada do COSAL-Galiza. http://www.cosal.org