Nós Actividades Outrasvozes Titulares Ligazóns

Outro mundo é posible

Brasil

Colómbia

Guatemala

México

Nicaragua

Sáhara

Palestina

Timor Leste

MÉXICO • 1/12/2003

Entrevista a Víctor M. Alejo Plata, membro do consello nacional do CODEP.

LulaO pasado mes de xullo un grupo da organización COSAL-GALIZA estivo de brigada en Oaxaca, estado mexicano situado o sur da República, preto de Chiapas. Fomos invitadas polo Comité de Defensa de los Derechos del Pueblo (CODEP), organización social oaxaqueña que traballa pola defensa dos dereitos dos indíxenas e campesiños que maioritariamente habitan esta terra.

Da man deles coñecemos a cruda realidade social e política que vive esta xente.

A maís decidida aposta do CODEP é impulsar un cambio político organizando e concienciando a xente para exercer o poder popular.

Con motivo do quinto cumio da OMC que se celebrou en Cancún decidimos facerlles unha entrevista.

¿Cómo lles afectará a liberalización do comercio agrícola a que aspira a OMC ós campesiños de Oaxaca?

Os países ricos na súa carreira por controlar o mundo precisan dun marco legal internacional, unha serie de regras que están feitas non para respetalas, senon para contar cun espazo de negociación entre as potencias nas súas políticas intervencionistas. O patético Consello de Seguridade da ONU, por exemplo, non é maís ca unha terrible axencia de intervencións ós países maís débiles, de igual maneira a OMC maís ca unha organización internacional, parece unha empresa na que os paises poderosos son os socios maioritarios que en lugar de promover o comercio, promoven a concentración e os monopolios. En realidade a OMC é un organismo co que os ricos do mundo penetran e destrúen as economías dos países pobres.

Dende fai case 30 anos os países ricos insistiron na aperturadas economías dos países subdesenrolados mentras aumentan o proteccionismo á producción dos seus monopolios; agora coa liberalización do comercio que plantea a OMC lexitimaría e ampliaría un proceso que ven xestándose dende fai varios ano en México e que implica a destrucción da agricultura local.
A axenda da OMC non só ten que ver coa amplia apertura dos mercados agrícolas, o debate tamén inclúe os dereitos da "propiedade intelectual", mecanismo co cal os gobernos pretenden impoñer patentes á producción de organismos vivos e lexitimar o comercio de transxénicos.

Oaxaca é un dos estados máis pobres do país, a maior parte da poboación son campesiños indíxenas adicados a sembra de millo para o autoconsumo, pero non é unha situación privativa do estado, por todo o país existen millóns de campesiños que sobreviven na extrema pobreza. A liberalización do comercio agrícola internacional aumentaría a pobreza, a desnutrición, a migración e empobrecería aínda maís o noso país, coa aplicación das leis da propiedade intelectual sobre plantas e animaís arrancaríannos a biodiversidade e alterarían de forma irreversible o noso medio ambiente.

¿ Pórase en perigo a supervivencia da poboación indíxena basada no autoconsumo?

A veces penso que os gobernos dos países ricos supoñen que o mundo ten demasiada poboación e decidiron asesinar os maís pobres; non se pode explicar doutro xeito o xenocidio nos países pobres de África e América Latina. A poboación indíxena vive sen acceso á saúde, á educación, con altos índices de desnutrición, sen respeto os seus dereitos humanos e civís, carecen de servicios como auga potable ou enerxía eléctrica e camiños e liñas teléfonicas; moitos morren de enfermidades consideradas curables… en realidade morren de pobreza.

Fai poucos anos aínda na miseria cotián, os indíxenas tiñan a opción de vender un pouco dos seus productos para atender algunha das súas necesidades, uns sacos de millo ou un polo, por exemplo se a túa filla enfermaba podías levar ó mercado da vila algunha ovella; agora os indíxenas xa non poden competir cos productos traídos do extranxeiro ou das grandes granxas.

En México a poboación é moi pobre e ante a diferencia de prezos prefire mercar os productos maís baratos. Os costos de producción de polos e ovos de granxa é inferior ós criados na comunidade que chamanos criollos. Agora os indíxenas teñen dúas opcións: non vender un pouco dos seus productos e por tanto non atender as súas necesidades ou vender a un prezo inferior ó que gastaron en producir; calquera das opcións aumentará a miseria dos indíxenas xa por sí sobrevivintes.

¿Estas consecuencias son similares as que sufre México despois do TLCAN?

En xaneiro de 1994 entrou en vigor o chamado Tratado de Libre Comercio de América del Norte (TLCAN), un acuerdo comercial firmado polo goberno mexicano en contra da posición de amplos sectores do pobo que víamos no proceso unha supeditación aínda maior da economía mexicana ós monopolios de Estados Unidos. O acordo promove a desregulación por etapas do comercio e os servicios entre EUA, Cánada e México. A realidade é que só México permitiu a libre entrada dos productos e servicios mentras que os outros países do convenio impoñen regras para protexer as súas economías.

O primeiro de xaneiro de 2003 entrou en vigor unha nova etapa do TLCAN que desgrava as importacións agroalimentarias, exceptuando só algúns productos coma o millo e o frijol. Antes de esta etapa xa eran bloqueadas as importacións ós EUA de atún, vexetais, e froitas mexicanas argumentando criterios sanitarios e ecolóxicos. A realidade e moi distinta EUA inundou o mercado mexicano con millo de desfeito considerado só para uso animal, afectando a saúde de millóns de persoas que en México consumimos o producto e asestando un forte golpe os productores locais. O mesmo pasa coa carne que entra a México, que en moitos casos non cumpre cos estándares sanitarios do país de orixe e se vende a costos inferiores ós da producción mexicana.

As medidas da OMC profundizarán as contradiccións o darlle a EUA unha mayor lexitimidade e unha carta aberta para destruir a agricultura de México e apropiarse das especies de plantas e animaís.

¿Cómo lle afecta á economía agraria mexicana os productos fortemente subsidiados procedentes dos EUA e da UE?

EUA e a Unión Europea presentannos un conto: " Temos sobreproducción e está cuberta a demanda interna, ¿qué podemos facer? ¡ Eureka!...exportar" Parecería que os gobernos dos países ricos víronse obrigados polas circunstancias a buscar os mercados internacionais, en especial nos países pobres. En el GATT e posteriormente na Ronda de Uruguay, EUA sempre buscou impoñer reglamentos e exencións que lle permitiran aplicar restriccións ós productos agropecuarios que entraban no país. Nos anos 70 Europa pasou de ser importador a ser exportador de alimentos.

Ademáis dos elementos anteriores, habería que sinalar que os países de América Latina padecemos particularmente políticas imperialistas a través de tratados comerciais claramente inxustos como o TLCAN e a ALCA; somos obxecto do control militar, económico, político e ecolóxico mediante os chamados planes: o Plan Puebla Panamá e o Plan Colombia. Vivimos en países onde a soberanía é cuestionable.

En México e en xeral en América Latina, a apertura ás mercancía externas aplicase paralelamente á cancelación dos subsidios ós pequenos productores e a reducción ó gasto destinado á saúde, a educación, a vivenda e programas de desenrolo social. A mayoría dos campesinos produce en terrenos pouco fértiles, sementando sen maquinaria, non contan con tecnoloxía, sistemas de rego, fertilizantes ou insecticidas.

E claro que os costos de producción resultan moi altospero o precio dos productos no mercado internacional é moi baixo.

Hoxe México compra no exterior o 50% do arroz e o 40% da carne que consume e en menos de dez anos a importación de millo medrou 3000% e o prezo deste producto caeu o 45% ; mentras isto pasa, cada ano emigran a EUA máis dun millón de mexicanos.

Tódolos antecedentes sinalados servennos para explicar que coa "apertura" e os altos subsidios á producción agropecuaria na UE e en EUA o sector agrícola mexicano está condenado a desaparecer e está en xogo a alimentación dos máis pobres, a existencia dos seres que eíqui habitamos , a soberanía e a propia existencia como nación.

Sin embargo na UE os gobernos destinan a mayor parte de estas axudas ós grandes productores olvidándose dos pequenos productores obligándoos a abandonar as súas terras e forma de vida. Os pequenos gandeiros galegos están condenados a desaparecer, o libre mercado crea situacións similares no Norte e o Sur, salvando as distancias ¿ usted que opina?

Primeiro quixera aclarar que me parece incorrecta a denominación "Norte" e "Sur" para establecer as diferencias económicas entre países, a fame e a miseria van moito máis alá das xeografías e ata onde sei o estómago non entende de mapas, prefiro referirme ás nacións ricas e as nacións pobres ou subdesenroladas.

Pareceme que os ricos do mundo pelexan a morte entre eles pola posesión da riqueza e os mercados, son capaces de unirse para lanzar unha ofensiva contra os pobres do planeta. Evidentemente hai unha distancia enorme entre os pequenos productores de Europa e os países subdesenrolados en canto os niveís de vida e o respecto ós dereitos humanos, pero todos temos en común que nos nosos países os políticos e os ricos manteñen unha alianza para que os monopolios controlen toda a producción agropecuaria.

En México coma en Europa non desapareceron os subsidios gubernamentaís á producción, o que pasa é que estos concentraronse nas principias empresas agroindustriaís. En México ademáis, os recursos públicos serven para subsidiar os banqueiros e os grandes empresarios.

Mentras se obriga ós países pobres, a través das condicións económicas impostas polo Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial; o desaparecer os subsidios ós pequenos productores EUA e a UE aumentaron de forma directa e indirecta pero van destinados principalmente ós grandes productores, isto xenerou que unhas poucas empresas ( de Europa e EUA) controlen os mercados mundiaís. O mundo está en mans duns cantos monopolios que ademáis controlan a experimentación biolóxica co fin de obter especies alteradas xenéticamente. Sen comida a humanidade non existe e hoxe os poderosos controlan os alimentos.

¿Cal é a posición do goberno mexicano no OMC?, ¿ defende os dereitos dos indíxenas?

O goberno mexicano non defende os dereitos dos indíxenas nin na OMC nin en ningún lado, simplemente están fora da súa axenda. México leva anos de pobreza e falta de democracia, pero coa aplicación das políticas neoliberaís presentan retrocesos históricos en canto á saúde, nutrición, educación, dereitos laboraís e soberanía.

A situación dos pobos indíxenas é particularmente grave pois non só son afectados economicamente como campesiños; a súa lingua, as súas costumes, o seu dereito a ser recoñecido e respetados, o seu dereito a contar cun territorio son ignorados e pisoteados a cotío polos doos do poder económico e político. En México ser indíxena e ser pobre entre os pobres, ser muller indíxena é incluso, ser aínda máis pobre.

O goberno mexicano asiste ós eventos da OMC para ofrecer en venta o noso país e apoiar as iniciativas dos EUA ó cal está ligado incondicionalmente. Eiquí non habería que engañarse e afirmar como fixeron algúns, que o goberno mexicano se distanciou de EUA cando a invasión de Iraq, nada más falso pois era moi fácil falar de paz, así en abstracto e sen maior compromiso, mentras a mayoría dos mexicanos rechazamos claramente a intervención imperialista, así con nome e apelidos.


¿Cal é a proposta dos movementos sociaís frente a liberalización do comercio agrícola proposto pola OMC?

Nos movementos sociaís mexicanos hai unha enorme coincidencia en rechazar as políticas neoliberaís, en deslindarse dos partidos políticos e construir espacios de representación popular verdadeira; neste proceso damos unha batalla permanente contra a represión, as estructuras de control sindical, e os grupos paramilitares.

Dende a perspectiva do Poder Popular podemos coincidir en xeral coa declaración do foro internacional campesino e indíxena en defensa da soberanía alimentaria, na esixencia de que a OMC deixe de dictar políticas para a agricultura, a saúde, e a educación. Estamos de acordo na urxencia de apoios para os pequenos productores do campo e a condena ós monopolios; concordamos coa defensa da biodiversidade e o rechazo ós transxénicos e as patentes sobre organismos vivos; sostemos a defensa dos recursos naturaís e dos dereitos e a cultura dos pobos indios, pero discrepamos da convocatoria final ós gobernantes e os lexisladores.

Parte do debate nacional e internacional sobre as alternativas ás propostas da OMC ten que ver cos proxectos políticos que construimos: algúns grupos manteñen vínculos con partidos políticos ou gobernos e incluso son importantes beneficiarios de programas de subsidio gubernamental e hoxe lanzan a proposta de impulsar acordos con gobernos e lexisladores; moitos destes grupos entregaron as resolucións dos foros e encontros a comisións de ministros aínda antes de que terminaran os eventos dos que supostamente os documentos serían resolutivos. Non é de extrañar que trala entrega dos documentos ós ministros, un importante número de manifestantes se retirara de Cancún deslindándose da autoinmolación do compañeiro Lee Kyong.

Escoitamos a expresión de correntes ligadas a social democracia que hoxe propeñen un "mercado susto", cando precisamente o mercado é inxusto e é unha das bases da acumulación capitalista. Non vamos a loitar contra o neoliberalismo maquillando un pouco a realidade, presentando un neoliberalismo "light". Pareceme que temos que construir unha nova sociedade desde abaixo, desde o pobo traballador e para iso temos unha proposta: o Poder Popular onde o pobo o marxe das estructuras oficiaís constrúa as súas formas de organización e representación, elimine ós intermediarios e tome nas súas mans os procesos productivos.

En lugar do "comercio susto" teríamos que dar unha ampla discusión e unha movilización social de alcances mundiaís para atopar e construir alternativas sobre a base de conceptos e prácticas distintas, por exemplo intercambio susto e distribución xusta.


E posible que o alto índice de participación e de presión das organizacións sociaís fixese fracasar este quinto cumio da OMC ¿ cre que si desaparece a OMC perderíase a posibilidade de debate entre os países do Norte e o Sur?

Penso, e tal vez alguén opine que cometo un sacrilexio, que o fracaso do cumio da OMC debese máis as súas contradiccións internas que a movilización popular. A proposta da OMC respecto a liberalización do comercio agrícola esixe nos feitos os gobernos dos países pobres basan a sua economía na producción de alimentos e materias primas, os gobernos locais son xeralmente antidemocráticos e o seu poder radica no control que execren sobre a participación dos cidadáns e o control sobre o seu mercado local. A discursión no cumio da OMC é un problema de capitais e de poder.

Habería que asumir autocriticamente que os movementos sociaís mexicanos non tivemos unha presencia importante na loita en Cancún. México conta cunha tradición de movementos sociais que durante 30 anos resistiron á aplicación das políticas neoliberais, refírome ó maxisterio democrático, os estudiantes universitarios, o importante movemento urbano popular, ás organizacións indíxenas e campesiñas. Todos estes movementos son capaces de movilizar miles de compañeiros organizados que nas súas propostas e alcances diferencianse notoriamente das ONGs e os grupos de activistas.

Hai que recoñecer a importancia da presencia en Cancún dos internacionalistas, así como de decenas de xóvenes mexicanos que non se sinten representados nos partidos e o sistema político, xóvenes que fixeron sentir a súa voz en contra do neoliberalismo; pero tamén hai que decir claramente que a protesta en Cancún non alcanzou a movilización de masas que requería, así tampouco fomos capaces de impulsar unha xornada nacional contra a OMC. Os movementos sociais de máis amplia traxectoria en México, seguimos dando prioridade a loita por demandas de cada sector e aínda non asumimos a responsabilidade de vincularnos ás organizacións populares de todo o mundo na loita conxunta contra o neoliberalismo.

Preguntanme: ¿ cre que si desaparecese a OMC perderíase a posibilidade de debate entre os países do Norte y el Sur?

Sigo sen estar de acordo nestas definicións de "Norte" e "Sur", parecenme acepcións demasiado limpas e suaves que non implican maior compromiso, ás cousas hai que decilas polo seu nome e os países pobres son os países pobres, así de crudo, anque non soe tan lindo como decir " o Sur"


Para falar nos termos que me propón a entrevista tería que decir que nin todo o "Norte" é tan "Norte", nin todo o "Sur" e tan "Sur". Na UE os países non contan con iguais niveis de desenrolo económico, no estado español non tódalas provincias teñen os mesmos niveis productivos; fai un intre falamos de cómo os subsidios benefician ós grandes productores condenando ós pequenos a desaparecer, pero non falamos dos emigrantes que sobreviven por toda Europa en medio do racismo, a represión e a pobreza ¿ acaso non habita en Europa unha parte do que chaman "o Sur"?

No mesmo sentido do dito arriba, temos que sinalar que en América Latina, en África e nos tódolos países pobres hai burguesías que amasan fortunas coa sangue dos seus propios coterráneos, son a elite de políticos, militares e empresarios que desenrolaron o seu poder aliados cos monopolios e o narcotráfico, son os ricos en medio da pobreza extrema.

Agora ben, entre os países " do Norte e o Sur" non existe un debate ó interior da OMC, o mellor espacios de negociación no que as potencias imponen as regras, pero aínda se se dese o debate real, só sería entre os ricos dun e outro lado, os megaricos fan tratos disparellos cos ricos.

Un debate de verdade sobre a economía dárase no momento en que os que facemos posible a riqueza do planeta nos sentemos a defender o noso dereito do traballo, a saúde, a educación, á vida. Os ricos de todo o mundo xa teñen os seus espacios de discusión e negociación, agora habería que ir construindo os espacios nos que os traballadores do campo e da cidade de toda a terra desenrolemos unha loita conxunta; por suposto que non será tarea fácil, pero a mesma globalización e o neoliberalismo sentan as bases para a unidade dos pobos.

Hoxe están en xogo a capacidade de reproducción das sociedades, a supervivencia de millóns de pequenos productores agrícolas, a cultura e a identidade dos pobos; coa apropiación dos organismos vivos polos monopolios e o control da xenética, está incluso en xogo a forma en que é determinada a vida na terra. Sobre o rumbo que tomen as cousas os pobres aínda temos moito que decir....

O entrevistado foi Víctor M. Alejo Plata, membro do consello nacional do CODEP e integrante do Taller de Economía do Traballo da UNAM.

mealejodelaplata@yahoo.es
codepbpp@hotmail.com