![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
INDICE: NICARAGUA • 12/01/2003 Alemán: Pesadelo antes de
Nadal. Sandinistas e bolañistas conseguiron a maioría parlamentaria precisa para desaforar ao ex-presidente Arnoldo Alemán e permitir así a acción dos xuíces que lle imputan delictos de fraude ao Estado e branqueado de diñeiro. A detención de Alemán o pasado 13 de decembro pecha un ano político en Nicaragua que estivo tensionado pola loita contra a corrupción. máis ... NICARAGUA • 14/12/2002 Leituras: Á caza das derradeiras
quenllas. Nota sobre o libro de Edward Marriott: Costa salvaje. Tras los últimos cazadores de tiburones de Nicaragua, Alba Editorial, Barcelona 2001. O xornalista Edward Marriott, colaborador habitual da BBC, de The Times e da revista Esquire, publicou no ano 2000 Costa Salvaje, unha reportaxe, case novelada, sobre a pesca da quenlla na Costa Atlántica de Nicaragua e no Gran Lago. Marriott, que se deu a coñecer con The Lost Tribe -un relato da súa viaxe por Papúa Nova Guinea-, narra a vida dos pescadores do famoso tiburón toro, unha especie que foi quen de adaptarse ás augas doces do lago Cocibolca, e constrúe unha descrición de Nicaragua a partir das súas vivencias no sur da Costa Atlántica, no río San Juan e no lago Nicaragua. máis ... NICARAGUA • 22/11/2002 Nicaragua, corrupción e Estado-botín. Nicaragua segue afundíndose na crise estructural que arrastra desde a década dos noventa. A fráxil gobernabilidade da república centroamericana vese outra volta radicalmente ameazada polo alcance da corrupción política e da patrimonialización dos recursos públicos por parte do PLC durante o mandato de Arnoldo Alemán. Ante as novas evidencias de malgasto e roubo dos fondos públicos a mans de Alemán e os seus colaboradores, o crecente malestar cidadán cuestiona a vella orde de partidos e desde a sociedade civil demándase unha nova orde institucional presidida pola transparecencia e a xestión democrática do asuntos públicos. O derrumbamento dos prezos do café nos mercados internacionais arrastra cara ao abismo á maltreita economía nacional e agranda a brecha entre unha minoría podente e a inmensa maioría de cidadáns e cidadás nicaraguanos que se ven enfrontados á pobreza máis extrema. máis ... NICARAGUA • 22/11/2002 Encontro sobre municipalismo e cooperación
en Nicaragua. Santa Coloma de Gramenet (Barcelona) acolleu o encontro convocado pola Fundación Popol Na baixo o lema "Municipalismo en Nicaragua: Reflexións sobre os camiños para fortalecer o desenvolvemento local". No encontro participaron máis de corenta de persoas vinculadas a administracións locais, colectivos de solidariedade e ONGD de Cataluña, Valencia, Baleares, Euscadi, Aragón, Canarias e Galiza. O momento de crise política que atravesa Nicaragua, a situación dos concellos e das políticas locais, e a presentación da estratexia de traballo da Popol Na para o período 2002-2007 organizaron o desenvolvemento da sesión de traballo. máis ... |