![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
OUTRO MUNDO É POSIBLE • 06/09/2002 GLOBALIZACIÓN • Chamada á movilización contra o cumio da OTAN en Praga
Dende o 21 ata o 22 de Novembro os mercaderes da guerra reunen se en Praga. É a primeira vez que un cumio da OTAN ten lugar no antigo bloque oriental. Durante o tempo da guerra fría decíaselle á xente de occidente que a OTAN xurdira para protexelos do comunismo, pero en realidade serve aos intereses capitalistas occidentais e contra os seus competidores. Dende o colapso do bloque soviético os estados capitalistas do oeste trataban de extender o poder militar e económico ao Oriente. No 1999 a Republica Checa entrou xunto con Hungría e Polonia á OTAN. A transformación a unha sociedade capitalista foi estimulada por institucións globais como o FMI e o Banco Mundial. Os mercaderes da guerra volven a Praga -recibirémolos coa nosa resistencia. Non queremos nin as súas bombas humanitarias nin a opresión militar en nome da "civilización occidental" que soamente serve aos intereses das superpotencias e á explotación capitalista. A nosa idea está baseada nos principios libertarios dunha sociedade libre, sen xerarquía, sen clases e autodeterminada. En marzo tivo lugar a primera reunión internacional de coordinación Anti-nato, nela, os activistas decidironse a favor dunha movilización internacional masiva para as protestas contra o cumio da OTAN en Praga. Como o movimento local en chequia é moi pequeno, unha gran mobilización internacional sería soamente posible co apoio doutras activistas. Tamén sería magnífico si algunhas activistas puideran vir a Praga unhas semanas antes das accións e involucrarse nos preparativos. Se estás interesada en participar na mobilización ou en apoiar os preparativos con doaciones, ideas e experiencias etc., por favor contáctanos: seeyouinprag@yahoo.com http://www.rebelion.org/antiglob.htm 6 de setembro de 2002 Fonte: Axencia de noticias A-INFOS http://www.ainfos.ca/ Rebelion: http://www.rebelion.org Para saber máis:
|