Nós Actividades Outrasvozes Titulares Ligazóns

Outro mundo é posible

Brasil

Colómbia

Guatemala

México

Nicaragua

Sáhara

Palestina

Timor Leste

OUTRO MUNDO É POSIBLE • 09/11/2002

GLOBALIZACIÓN • Masiva protesta do Foro Social en Florencia contra a política de Bush

Lula Medio millón de persoas expresaron sen incidentes o seu rechazo a unha guerra en Irak.

500.000 persoas, según a policía, e cerca dun millón, según os convocantes, participaron hoxe en Florencia na marcha do Foro Social para expresar o seu rechazo á política internacional despregada por Washington. Os que alí se congregaron o fixeron dispostos a desafiar á "dominación norteamericana" . A marcha estivo encabezada por asociacións internacionais pacifistas, delegacións de Refundación Comunista, sindicatos italianos, e algunhas organizacións católicas. Para poder encauzar a masiva presencia de manifestantes, os organizadores decidiron que o desfile comezara con duas horas de antelación sobre o horario previsto, precedido dunha gran pancarta coa lenda Non á guerra.

Ao fin da marcha leuse un comunicado en varios idiomas no que se aludía expresamente ao conflicto iraquí. "Sería unha catástrofe para o pobo iraquí, que xa sufre a Sadam Husein, e podería ter efectos negativos en Oriente Próximo". Máis alá desa mención, a marcha tamén serviu para avogar por un traballo conxunto dos europeos en favor "dos dereitos sociais e a Xustiza. Queremos un mundo diferente, de liberdade e democracia", según o comunicado.

Despregue de seguridade.

A pesares do ambiente sereo que dominou a manifestación, a dimensión que chegou a acadar a protesta fixo temer a os organizadores do Foro que se repetisen situacións como as que tiveron lugar durante a marcha contra o cumio do G-8 en Xénova en xullo de 2001. Non foi así. Naquela ocasión, un xove resultou morto e centos de persoas feridas nos enfrontamentos contra a policía. Precisamente para evitar aqueles tráxicos sucesos, as forzas da orde despregáronse nun número superior a 5.000 axentes. Policías, carabineros e axentes da Guardia de Finanza compuxeron o groso do dispositivo.

Os contidos do Foro

O Foro Social Europeo está artellado en torno a tres grandes apartados: liberalismo, guerra e paz, dereitos, cidadanía e democracia. Os temas abarcan un amplo abano, dende a soberanía alimentaria e o rexeitamento aos organismos xenéticamente modificados, ata a necesidade de revisar as cruas leis económicas do liberalismo, ou o convinte de gravar as excesivas ganancias capitalistas coa taxa Tobin (imposto ideado polo Nobel de Economía para gravar os movimentos especulativos de capital).

Fonte:

El País, na súa edición dixital do sábado 9 de Novembro. http://www.elpais.es

Para saber máis:

Rebelion: http://www.rebelion.org

Sodepaz: http://www.sodepaz.net