Nós Actividades Outrasvozes Titulares Ligazóns

Outro mundo é posible

Brasil

Colómbia

Guatemala

México

Nicaragua

Sáhara

Palestina

Timor Leste

OUTRO MUNDO É POSIBLE • 30/11/2002

GLOBALIZACIÓN • O Prestige e Pancho Villa.

por Fernando Ventnura Calderón

Causou-me irritación a expresión empregada pola deputada autonómica, dona Marisol Soneira, do PSG, e publicada en duas ocasións polo seu periódico, cando afirmou o 18 de novembro que as medidas do governo para afrontar a catástrofe do Prestige frente á costa galega eran próprias do "exército de Pancho Villa".

Pancho Villa é unha persoa que tivo as suas luces e as suas sombras. Que o seu exército estivese composto por peóns sen uniforme, alborotadores e "jacarandosos" non quer dicer que fose ineficaz.

De feito, derrotou ao Exército Federal Mexicano en diversas ocasións e tomou o Estado de Chihuahua. O exército de Villa chegou a penetrar no território dos EUA, asaltou Columbus e agotou ás forzas estadounidenses de infantaria, cavalairia e aviación enviadas a território mexicano para aforcá-lo. Villa realizou unha reforma agrária, fundou escolas e hospitais... Dúcias de cancións cantan as xestas da División do Norte, dos valentes Dorados e do señor Doroteo Arango.

Por iso, comparar a eficácia de Villa e de seu exército ca do Governo que padecemos é un auténtico escándalo. É como comparar a Lola La Piconera, ou a Maria Pita, coa actual ministra de Asuntos Exteriores.

Se o Governo acometera o problema do Prestige coa mesma forza coa que o exército de Villa atacou Torreón e Zacatecas, non teria habido marea negra. Que fixeron as autoridades que padecemos?

O mais efeicaz foi a invoación que realizou o señor Fraga ao apóstolo Santiago para que disolvese o fuel e alonxase a marea negra das rias baixas. Iso é o que marca a diferéncia. Confiar en deus e marchar a pegar tiros a corzos, xabarins e coellos é algo que xamais terian feito Pancho villa e os seus rapaces. Por iso a Villa canta-se-lle pasados 80 anos da sua morte, cousa que é ben duvidoso que se produza cos señores Fraga, Rajoy, Aznar, etcétera, que cun pouco de sorte pasarán aos libros da história como governantes anodinos, bardallas e aburridos, que puxeron as suas enerxias e as suas capacidades ao servizo dos ricos e os poderosos. Que viva Francisco Villa!

Fonte:

Fernando Ventnura Calderón
Mairena del Aljarafe
Sevilla
EL PAIS (30/11/02)