Nós Actividades Outrasvozes Titulares Ligazóns

Outro mundo é posible

Brasil

Colómbia

Guatemala

México

Nicaragua

Sáhara

Palestina

Timor Leste

OUTRO MUNDO É POSIBLE • 27/11/2002

GLOBALIZACIÓN • Prestige - Guerra ecolóxica.

Texto de opinión de I. Ramonet sobre a catástrofe provocada co petroleiro Prestige, ao que sitúa no contexto amplo dos procesos globalizadorees do capitalismo avanzado.

No meu recente libro Guerras del siglo XXI (Mondadori, Barcelona, 2002) tratei de explicar que, nos vindeiros anos, os conflictos principales serán de tres tipos:

1) guerras longas contra organizacions-rede do tipo de Al-Qaeda, que optarán polos métodos do hiperterrorismo, cometendo mega-atentados con uso posible de armas de destrucción masiva, e que non permitirán aos seus adversarios golpearlles nos obxectivos que constitúen habitualmente a fraqueza dos estados tradicionais: territorio, poboamento, riquezas;

2) guerras sociais provocadas polo crecemento astronómico das desigualdades e da pobreza no mundo, que están empurrando a millóns de persoas sumidas na miseria a empuñar as armas para sobrevivir, practicando o que chamamos "delincuencia" ou "criminalidade" e que non é senón unha maneira de sublevarse contra a globalización liberal;

3) guerras ecolóxicas, que se traducen pola destrucción lenta do ecosistema, provocadas pola hiperactividade industrial e o productivismo desaforado que esixe a mundialización económica.

Co nefasto naufraxio do Prestige, Galicia entrou, para desgracia das nosas costas e das nosas xentes, nesta última guerra mundial e está a vivir a súa primera gran batalla ecolóxica. Con probabilidade, nunca na historia se falou tanto e tan universalmente de Galicia como con ocasión desta traxedia. O noso país saltou á primera plana dos xornais e telexornais de todo o planeta, de Australia a Finlandia, de Xapón a Estados Unidos, de África do Sur a Malasia... En moitos paises era sen ningunha dúbida a primiera vez que se escoitaba a palabra "Galicia", o que deu lugar a moitas confusións. En Francia, sin ir máis lonxe, moitos xornalistas falaban non de Galice que é el térmo correcto en francés, senon de Galicie (Galitzia) que é unha rexión casi homónima de Polonia, da que a cidade principal é Cracovia.

Se o mundo enteiro se interesou pola nosa terra é porque todos saben que en calqueira momento poden verse, a sua vez, afectados pola guerra ecolóxica, e que este conflicto planetario de novo tipo non coñece fronteiras. A conferencia de Berlín sobre o clima, celebrada en abril de 1995, ratificou a idea de que o mercado non está en condicións de facer fronte ás ameazas globais que pesan sobre o medio ambiente. Evitar as mareas negras e os verquidos de hidrocarburos no mar, protexer a biodiversidade e a variedade da vida mediante o desarrollo sostible convertíronse en imperativos: o desarrollo considérase sostible se permite que as xeracións futuras herden un entorno dunha calidade polo menos igual ao que recibiron as precedentes.

Non so o mar estase convertindo nun vertedoiro cada día máis nocivo para as especies mariñas e máis nefasto para os que viven da pesca, senon que, en terra, ata os bosques do planeta están desaparecendo a gran velocidade.

En 2010, a capa forestal do globo terá disminuido máis dun 40% respecto a 1990. En 2040, a acumulación de gases con efecto de invernadoiro podería provocar un ascenso da temperatura media do planeta de entre un e dous graos centígrados, e unha elevación do nivel dos océanos de entre 0'2 y 1'5 metros, o que causaría nas nosas rías galegas inundacións tráxicas.

Os países occidentais -e especialmente Estados Unidos, responsable da metade das emisións de gases carbónicos dos países industrializados- deben respetar os compromisos suscritos no Cumio da Terra celebrado en Rio de Janeiro en 1992 e ratificados no cumio de Johanesburgo en setembro 2002. Pola súa parte, numerosos governos néganse a aceitar que o transporte de hidrocarburos en navíos-lixo como o Prestige ten consecuencias dramáticas para toda a humanidade. É evidente que non conseguiremos aliviar o planeta sen un esforzo colectivo. Tanto no Norte como no Sur, sonou a hora de abandoar o modelo de desarrollo que seguimos durante séculos, para desgracia da Terra e dos seus habitantes.

Fonte:

Semanario cántabro Otra realidad. http://www.otrarealidad.net

Para saber máis:

http://www.adegagaliza.org
http://www.plataformanuncamais.org
http://burlanegra.vieiros.com
http://www.nodo50.org/mareanegra