Nós Actividades Outrasvozes Titulares Ligazóns

Outro mundo é posible

Brasil

Colómbia

Guatemala

México

Nicaragua

Sáhara

Palestina

Timor Leste

OUTRO MUNDO É POSIBLE • 4/12/2002

GLOBALIZACIÓN • Prestige - Denuncia COSAL Costa da morte e Marcha Mundial de mulleres.

A mércores 4 de decembro de 2.002, a Marcha Mundial de Mulleres na Costa da Morte e COSAL denuncian publicamente a situación que se vive na costa que vai de Fisterra a Touriñán, trala constatación reiterada dos seguintes feitos en dito tramo:

1.- Praia de Mar de Fora. A día de hoxe traballan nela:

- 18 persoas contratadas por Tragsa, que reclaman con urxencia mascarillas con filtro, instrumentos e un lugar onde se cambiar e deixar a roupa de traballo e resgardarse.

Preguntada a empresa responde que xa está previsto poñer unha caseta en cada praia. Rajoy enumera en rolda de prensa o "stock" de Tragsa, que conta con miles de mascarillas.

- 48 persoas de Protección Civil de Portugal. Chegan ás 11 porque están aloxadas en Sada. Confirman que marchan hoxe ante a inminente marea nas súas costas.

- catro persoas vontarias, supostamente asignadas á praia polo centro de coordinación do vontariado de O Pindo (Tragsa).

2.- Praia do Rostro. A día de hoxe traballa nela unha cadrilla de Tragsa, de 18 persoas, semellante á que está en Mar de Fora. A praia do Rostro mide ...

3.- Praia de Nemiña. A día de hoxe traballan nela:

- 17 persoas dun grupo civil-militar da Protección Civil belga. Dende que chegaron, hai máis dunha semana, durmen no chan (o primeiro día sen colchonetas e logo con elas no polideportivo de Muxía), e inda non comeron quente. A comida proporciónalla o exército belga, e consiste en bocadillo e mazá. Pasan sede e non receben nada agás do seu exército. Moi organizados, profesionais e con medios, non entenden nada do que aquí se fai.

- parte dun grupo de Tragsa está en Nemiña por días; non é unha cadrilla completa.

4.- Na praia de Arnela non hai ninguén traballando. Está totalmente negra.

Preguntada a Cruz Vermella pola atención e avituallamento deste tramo de costa, e polas posibilidades de colaborar nese labor, responden que está previsto poñer máis casetas como a de Muxía, mais non saben inda onde; e só traballan co seu vontariado.

Preguntado o centro de coordinación do vontariado (case imposíbel contactar) informan de que esta zona depende de O Pindo (base de Tragsa), que ofrecen roupas, material, un seguro diario e bocadillo, mais non transporte nen aloxamento.

Preguntados os centros de protección civil de Cee e Fisterra, indican que a coordinación está en Muxía e O Pindo (Tragsa). Protección Civil de Muxía asigna traballos directamente, organiza independentemente de Tragsa.

Fonte:

COSAL-Galiza

Para saber máis:

http://www.adegagaliza.org
http://www.plataformanuncamais.org
http://burlanegra.vieiros.com
http://www.nodo50.org/mareanegra
http://www.concheiros.net/ Fotos manifestacións Compostela.