![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
OUTRO MUNDO É POSIBLE • 16/01/2003 CLOBALIZACIÓN • Un Xenocida menos: Morreu Leopoldo Galtieri.
Son feliz, son un home/ unha muller feliz É provável que voces mentecatas falen agora -agora-
da consideración e da conmiseración, do perdón,
da non vinganza, de extirpar o ódio, da reconciliación,
e demáis erbas. Perdoe Vosté, se é que as pensa ou di-as ou sente-as;
convidamos-lle a revisar o currículum morte do finado criminal. E, perdoe Vosté mais ainda: non nos convencen mais con aquilo
de que o perdón mellora o espírito e que o ódio
o envilece. Olle Vosté, haberemos apreendido desde o princípio
dos tempos e por ende moito antes da ditadura militar de 1976, que
odiar é o sentimento antagónico ao amor, e é
xustamente por amor á xustiza, á dignidade, á
liberdade, á rebeldia, que non deixamos de odiar, nen deixaremos
de o facer ..Mais ainda, co conto do esquecimento e do perdón,
do non-ódio, a sociedade toda envileceu-se coa impunidade que
outorgou aos asasinos dos 30.000 desaparecidas/os. Comprenderá Vosté entón, que temos, como mínimo,
30.000 razóns para odiar, porque temos 30.000 razóns
para amar. Dirá Vosté.,se cadra que iso pasou hai xa mais de 25
anos. Pois, como se pasase onte ou en 1936, porque as vistas valen
vistas, e os ideais que elevan a condición humana á
construcción da utopia solidária e liberadora, valen
sempre, sempre, e non hai xustificación nengunha, non a hai,
que nos permita esquecer a un só dos seres que regaron con
sofremento e sangre a esperanza. Retrato dun xenocida Leopoldo Galtieri, como moitos outros xerais argentinos e ditadores
latinoamericanos, graduou-se na Escola das Américas nos EE.UU.O
golpe militar do 24 de marzo de 1976, coloca-o ao fronte do Segundo
Corpo do Exército, con se na cidade de Rosário, província
de Santa Fé; cargo que ocupa entre 1976 e 1979, iniciando o
período mais duro do terrorismo deEstado. En 1977, un grupo de tarefas baixo as suas ordes captura ao mais
importante chefe montonero en Rosário, e dispuxo-se a utilizá-lo
para delatar aos seus superiores.O detido simulou colaborar con unha
operación para secuestrar á dirección montonera
exilada en México.Pero ao chegar a dita cidade denuncia a manobra
nunha conferéncia de prensa pondo en evidéncia a Galtieri
e a outros chefes militares, quen desmantelaron o centro de detención
mencionado, pero secuestrando antes á esposa do militante montonero,
xunto a dous mellizos que as Avós de Praza de Maio seguen buscando. Entre os diferentes campos de concentración da província
de Santa Fé, calcula-se que pasaron mais de 8.000 detidos-desaparecidos.Todos
os torturadores e asasinos respondian ás ordes directas de
Galtieri, quen segundo os testemuños e constáncias,
acostumaba percorrer os centros de extermínio, entre arengas
e ameazas. En 1979, Galtieri asumiu como titular do Primeiro Corpo do Exército
e en decembro dese ano foi designado comandante en chefe dos conflitos
entre os diversos corpos represivos. Galtieri, visto o poder acumulado,
foi eleito Presidente. O 2 de abril de 1982 ordenou a invasión das Malvinas co claro
obxectivo de dotar á ditadura dunha misión sublime:
recuperar a soberania nacional nas illas Malvinas, e tapar con semellante
aventura bélica, os crimes perpetrados polo terrorismo de Estado.Sen
embargo, grande parte da sociedade e mesmo de organizacións
políticas, espécialmente os peronistas, apoiaron esa
tolémia guerreira. Galtieri, falou ante unha Praza de Maio
exaltada, que lle levou a comparar-se con Mussollini. Os militares arxentinos contaban co absurdo de que os Estados Unidos
lles apoiaria, xa que o asesor de Seguranza Nacional de Ronald Reagan,
Richard Allen, calificara a Galtieri de "xeral maxestoso",
dando asi as grazas polo adestramento militar arxentino aos contras
nicaragüenses. Tras a derrota, os militares realizaron o recámbio e depuxeron-o
como presidente, mentres a policia reprimia as manifestacións
na rua.A derrota militar en Malvinas crebou finalmente o poder militar. Leopoldo Galtieri pasou a retiro, e en 1985, na paródia do
de xuízo ás Xuntas, Galtieri foi acusado de privacións
ilegais da liberdade, de torturas e tormentos, reducións á
servidume, subtracción de menores, case trescentos encobrimentos
e falsidade ideolóxica reiterada en quince oportunidades. Foi absolto, pero non logrou escapar á condena en outro xuízo,
polos desatinos das Malvinas: o informe Rattenbach de 1982 -resultado
da investigación disposta polo entón chefe do Exército,
Cristino Nicolaides, para esclarecer a actuación nas Malvinas-
recomendou a condena a "degradación e fusilamento".Obviamente
que o Exército non chegou a tanto, e condenou-no a só
doce anos de cadea militar. Durante a sua primeira presidéncia, Carlos Menem liberou-no
cos primeiros indultos en 1989. A pesar de ter abertas causas diversas tanto en Arxentina, con sobradas
probas sobre a desaparición, tortura e asasinato, como en España
por "xenocídio" e "terrorismo", e en Italia
pola coordenación na Operación Cóndor, Galtieri
gozaba de cadea domiciliária e conservaba o seu rango de xeral.E
que grácias á impunidade estabelecida polos governos
constitucionais, participaba en actos oficiais entregando diplomas
a novos oficiais, como tamén en ceas militares anuais de camaraderia.
Antes, tivera o descaro de pedir que lle pagasen a xubilación
de ex presidente, que a Xustiza rexeitou lembrando-lle que usurpara
aquel cargo. Hai un par de anos, entrevistado por unha revista para o cabodano
da invasión das Malvinas, Galtieri declaraba: "Non me
arrepinto do que fixen". O único lamentável desta morte é que grazas
á impunidade, este xenocida se levase á tumba dados
determinantes para a concreción de xustiza. Fonte: Andrea Benites-Dumont |