![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
OUTRO MUNDO É POSIBLE • 29/3/2003 NON Á GUERRA • Crónica dos brigadistas: Décimo día de invasión e ataques sobre Iraq.
En Shu'á, o último escenario coñecido da barbarie militar estadounidense, o impacto provocado onte por un só mísil causou, alomenos, 57 mortes de xente inocente. Shu'á é un barrio moi humilde e popular situado ó noroeste de Bagdad, ás aforas da capital, habitado por poboación maioritariamente shi'í con pequenas casas de ladrillo claro. O Mercado de Naser, un espacio aberto e populoso, foi atacado na tarde de onte pola aviación estadounidense nunha hora en que as súas ruelas estaban transitadas por unha multitude de homes, mulleres, mozos e nenos que facían compras ou paseaban. Nas súas inmediacións, nun descampado, nenos e adolescentes do barrio xogaban un partido de fútbol cando se produciu o impacto do mísil: 25 deles morreron no acto. A Brigada internacionalista en Bagdad desprazouse esta mañá ata o lugar para comprobar os danos causados. O impacto do mísil estadounidense estragou o lateral dereito do mercado: todo o conxunto de tendas e postos quedou destruído, ó igual que os comercios da parte central. Teitumes, locais e placas das tendas quedaron completamente estragadas polo impacto que esta vez non causou lume senón un estoupido violento de metralla. No Hospital Al Nur, centro público especializado en cirurxía e traumatoloxía e o máis próximo a Shu'á, os brigadistas entrevistáronse con un dos doutores ó cargo, o Dr. Mahmud Shihab, quen lles informou de que desde onte pola tarde se produciron só no seu centro 45 ingresos afectados polo ataque ó mercado, todos eles con feridas moi graves e dos que tres xa faleceron ó longo desta noite mentres se lles interviña. O rexistro de persoas que ingresaron cadáver tralo ataque é de 41 se ben o Dr. Shihab ten constancia de que outros centros hospitalarios rexistraron tamén ingresos de feridos e falecidos. A súa reflexión ante os brigadistas é a seguinte: "É unha vergoña que isto se considere unha "guerra limpa'". Segundo os brigadistas, as salas do hospital están atestadas de feridos de todas as idades, mulleres, homes anciáns, mozos e nenos. A un mozo de 20 anos, Sadam Husein, co mesmo nome que o presidente, si, mecánico de profesión, lle sorprendeu o ataque cando mercaba froitas nun posto do mercado mentres ollaba ós nenos e mozos que xogaban ó fútbol no descampado próximo. Postrado na cama e acompañado do seu tío, describe o que ocorreu cun rostro impenetrable, sen un aceno de dor ou de reprimenda, cos seus ollos profundamente negros e o rostro belo da dignidade: esta noite amputáronlle o brazo esquerdo á altura da clavícula. Di que o exército de EEUU atravesa miles de quilómetros para lles atacar nas súas cidades. Pregúntase en voz alta se esta é a liberdade da que falan. Sostén que dará o seu sangue e a vida polo seu país. Mentres os teletipos das axencias de prensa fanse eco de como se xestionará a "axuda humanitaria" internacional, o tío de Ahmed o expresa de forma simple con amarga retranca cando fala de "a impudicia dunha cifra abrumadora de diñeiro [dous mil millóns de dólares] que se está a por en circulación mentres están a destruir o noso país e discuten para ver quen o reconstrúe". Bombas de acio contra poboación civil No Hospital Yarmuk, situado no barrio de Qadisiyya que xa visitaron varias veces os brigadistas, se volve a constatar que a pesar das informacións que reproducen os medios de comunicación acerca de que os ataques van dirixidos contra grandes edificios institucionais, como o Ministerio do Interior, que foi xa atacado por cuarta vez desde que se iniciou a invasión, os impactos de bombas e mísiles se dirixen indiscriminadamente contra centros e barrios de poboación civil. Ahmad Abu Lah, un mozo médico de orixe siria, informa de que cada día se producen entre 10 e 15 ingresos de feridos civís nese centro. En relación á visita de fai unha semana, as feridas son moito máis graves e iso é debido a que a aviación estadounidense intensificou o uso de bombas de fragmentación ou de acio, cuxo sistema lanza unha gran bomba que estoupa no ar e solta pequenas bombas que se esparexen antes de caer e que ó estalar se espallan en miles de partículas de metralla. Case todos os feridos o son por efecto destas bombas de fragmentación e están afectados por metralla incrustada en diversas partes do corpo, desde a cabeza e o pescozo ata o abdomen, o lombo ou as pernas e os pés. Desde o 26 de marzo ingresaron cadáver neste hospital 9 víctimas falecidas no acto como consecuencia de bombas ou mísiles, segundo confirman familias e médicos ós brigadistas. Dos dez feridos cos que falaron os brigadistas, só un deles era miliciano. O resto eran nenos, adultos, homes e mulleres, poboación civil procedente de barrios distintos e arredados de Bagdad en cuxas casas ou cales impactaron mísiles ou bombas. Trátase na súa maioría de grupos familiares, como o de Omar Ahmed, de cinco anos, do barrio de Al Rashid, no centro sur de Bagdad, ferido por bomba de acio ó igual que as súas tres irmás. A súa nai faleceu o mércores pasado como consecuencia do ataque. Ahmed ten lesións abdominais e rotura de bazo, fígado e intestino. Ahmad Asade, de 8 anos, ferido xunto ó seu pai, a quen se lle amputou un pé, e a súa nai e a súa irmá, ambas as dúas igualmente feridas por metralla. O pequeno Ahmad ten feridas no pescozo, no abdomen e na perna dereita. Salah Ahmed, de 40 anos, que vive a 40 Km. ó sur de Bagdad, na pequena localidade de Ó Sufia, ingresou no Hospital Yarmuk o 24 de marzo. No seu pobo morreron como consecuencia do mesmo ataque 4 persoas. A súa situación é crítica porque ten afectado o intestino groso e delgado ademais do fígado. Fa'ad Hasim, de 42 anos, ingresou no Hospital onte, 28 de marzo, porque lle alcanzou o impacto de tres mísiles cando circulaba pola autovía no seu coche ás 8:00 da mañá. Estaloulle o parabrisas como consecuencia da onda expansiva dos mísiles e está ferido na perna e o abdomen. Sa'ad, 36 anos, ingresado co seu irmán de 33 e procedentes ambos os dous doutro barrio de Bagdad, de Nahed ó Rashid. Describe como se abren as bombas de acio cando estalan en miles de partículas antes de chegar ó chan. Igualmente está ferido de metralla en diversas partes do seu corpo. Yasin Muhamad, campesiño de 75 anos que vive en Ahmad, un espacio rural e agrícola ás aforas de Bagdad. Ten feridas no peito. Vinte membros da súa familia están igualmente feridos e ingresados neste ou noutros hospitais da cidade. O 28 de marzo, o impacto dunha bomba ás 21.00 horas da noite derrubou a súa casa e as cortes. Todos os animais morreron. A súa filla 'Alia de 53 anos, coa cara drenada e vendada, está sentada ó lado dunha das súas fillas feridas. Aínda non lle dixeron que outra filla morreu. Fayyed Sohe, técnico do Aeroporto de Bagdad, nun correcto inglés, conta ós brigadistas que foi alcanzado o día 24 de marzo cando se produciu o ataque ó aeroporto. Ten metralla na caixa torácica que aínda non lle puideron extraer. Yisiam Maher, un neno moi tímido e lindo de 7 anos ten feridas no pescozo provocadas polo impacto dun mísil no xardín da súa casa. Nara Amari, 25 anos, traballadora da Central Eléctrica de Doura, resultou igualmente ferida no tórax xunto ó seu home e a súa filla estando en casa, tamén no barrio de Naher ó Rashid. A súa filla afortunadamente saíu ilesa do ataque. Yesus Yasin, de 28 anos, estudiante da Universidade de Babel, en Bagdad e miliciano, ingresou o 24 de marzo tras ser alcanzado pola onda expansiva dun mísil lanzado desde un helicóptero Apache. Ten afectadas as cordas vocais e non pode falar. O ritmo da cidade está alterado de día e de noite polo asubío permanente dos cazas e os B-52 estadounidenses que sobrevoan o ceo de Bagdad de forma impenitente e polo son dos estoupidos que se escoitan como unha constante intermitente pero sostida en todas partes. A pesar da presión colectiva á que os habitantes de Bagdad están a ser sometidos por este mecanismo engadido ós ataques directos de bombas e mísiles desde que se iniciou a invasión o pasado 19 de marzo, a poboación segue saindo ás rúas a refacer as súas vidas cada día. En Shu'á, tralas brutal matanza e a desfeita provocado onte, a xente do barrio volveu a saír esta mañá das súas casas e camiñaba entre as ruínas do mercado asustada. Conmocionados todos pola destrucción e polas mortes que causou entre os seus veciños, os rostros das persoas perderon a frescura e a vivacidade dos días previos pero aínda así seguen mostrándose amables, comunicativos e abertos cos brigadistas. Dinlles que non teñen medo e que van loitar, que o de onte, lles fixo aínda máis fortes e máis determinados a resistir combatendo contra quen lles invaden e lles agriden. Como unha retranca perversa, mentres os brigadistas percorrían as ruelas falando coas xentes do lugar, cruzou o ceo un avión militar estadounidense deixando a súa estela ameazante e provocando as vibracións dos cristais dos edificios próximos. As bombas seguían estalando nalgunha parte da cidade. A bandeira de Iraq ondea en dó a media hasta e con crespón negro na Embaixada de España en Bagdad Onte pola mañá, 28 de marzo, os membros da Brigada en Iraq contra a Guerra 'Mohammad Belaidi', desprazáronse ata o inmoble da Embaixada de España na capital iraquí coa fin de retirar a bandeira española que colgaba do mastro no tellado do edificio diplomático. A véspera os membros da Brigada solicitaran ó funcionario iraquí Saleh Hafar permiso para entrar no patio da Embaixada e proceder a retirar a bandeira. O señor Hafar é quen custodia a sede diplomática española desde que o goberno de Aznar decidise evacuar a todo o persoal diplomático e a todos os funcionarios semanas antes de que comezase a guerra ilegal contra Iraq. O señor Hafar comunicoulles que non tiña autorización para abrir a porta e se negou á petición dos brigadistas. Onte ás 12.00 do mediodía hora de Iraq, dous dos brigadistas saltaron o muro do xardín da Embaixada e abriron as portas por se mesmos. O resto dos compañeiros e as compañeiras entraron no recinto do xardín da sede diplomática e outros dous brigadistas subiron ó mastro do que pendía a bandeira española e retirárona. No seu lugar colgaron a bandeira de Iraq a media hasta e cun crespón negro en sinal de dó polas víctimas iraquís que a agresión de EEUU e de Gran Bretaña, coa complicidade do goberno de Aznar, causaron xa entre a poboación de Iraq. Igualmente, os brigadistas pintaron a fachada externa do edificio con pintura vermella como símbolo do sangue derramada iraquí que mancha xa as conciencias de quen instigaron, executado e apoiado esta invasión criminal e neocolonial. Ante os medios de comunicación congregados polos brigadistas, estes deron lectura en inglés, castelán e euskera a un comunicado [1]. Esta acción que se insire nas iniciativas de denuncia contra o apoio do goberno de Aznar que as Brigadas contra a Guerra 'Mohamed Belaidi' levan realizando en Bagdad desde que se puxesen en marcha o pasado 16 de febreiro, conta co apoio dos organizadores desta iniciativa, o Comité de Solidariedade coa Causa Árabe (CSCA) e a Campaña Estatal polo Levantamento das Sancións a Iraq (CELSI). Desde o CSCA e a CELSI, solicitamos ás organizacións que a nivel estatal están a participar activamente no Movemento contra a Guerra, que, no caso de que o goberno Aznar decida emprender accións legais contra os nosos compañeiros e compañeiras brigadistas por esta acción, apóienlles igualmente. Fonte: Comité de Solidaridad con la Causa Árabe, CSCA. http://www.nodo50.org/csca/ |