![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
OUTRO MUNDO É POSIBLE • 28/3/2003 NON Á GUERRA • Carta que lle escribiu Michael Moore (gañador Oscar mellor documental) a George W. Bush.
Querido Presidente: ¿Así que hoxe é o día do seu "momento da verdade", o día que "Francia e o resto do mundo deben pór as súas cartas sobre a mesa"? Estou contento de que ese día xa chegase. Porque, che vou dicir un par de cousas, despois de ter aturado 440 días as túas mentiras e intrigas, non estaba moi seguro de se podería soportalo por máis tempo. Así que me sinto feliz de escoitar que, por fin, hoxe é o Día da Verdade, porque teño unhas cantas verdades que me morro de vontades por compartir contigo: 1. Non hai virtualmente NINGUÉN en América (salvo os comentaristas chalados e os noticiarios da FOX) que crea que a guerra é un bo invento. Creme. Pásache polos arredores da Casa Branca ou por calquera recuncho do país e tenta atopar como mínimo cinco persoas DESEXOSAS por facer "caza ó iraquí". ¡NON OS ATOPARÁS! ¿Por que? ¡Porque ningún iraquí veu en ningún momento a matarnos! Ningún iraquí nos ameazou con esa idea. Olla, tío, así é como pensan a maioría de americanos: se algo non nos afecta realmente como unha ameaza para as nosas vidas, entón, o creas ou non, ¡non queremos matarlle! ¡A que mola esta forma de ir tirando! 2. Á maioría de americanos *os que nunca che votaron* non lles tolean as túas armas de destrucción masiva. Coñecemos os temas que realmente afectan as nosas vidas cotiás *e ningún deles comeza por I ou acaba por Q. Esta é a nosa verdadeira ameaza: os dous millóns de desempregados que creaches desde que funciona a administración Bush, o mercado de valores converteuse nun chiste cruel, ninguén sabe se coa súa pensión de xubilación vai poder pasar, o gas custa agora case dous dólares... e a lista segue e sigueeee. E bombardeando Iraq non se arranxan estes problemas. Seguro que se che vas todas estas cousas melloran. 3. De igual modo a como o expresou Bill Maher a semana pasada, ¿como che corroe por dentro o feito de perder as enquisas de popularidade xunto con Saddam Hussein? Tes a todo o mundo na túa contra, Sr. Bush. E entre eles, o teu séquito de americanos. 4. Mesmo o Papa se manifestou en contra desta guerra. Di que é PECADO. ¡O Papa! Pero é que aínda é peor, xa que ¡Dixie Chicks tamén están en desacordo! ¿Como che corroe por dentro non terche dado antes conta de que estás só nesta guerra? Por suposto, é unha guerra na que non terás que loitar en persoa. Como cando estiveches "missing" mentres as persoas sen recursos eran conducidos ata Vietnam no teu lugar. 5. Dos 535 membros do Congreso, ¡só UN (o Senador Johnson de Dakota do Sur) ten un fillo ou unha filla alistados nas forzas armadas! Se realmente queres que apoiemos a América, por favor, envía ás túas fillas xemelgas a Kuwait agora mesmo e conséguelles uniformes que as protexan dos perigos químicos. E que cada membro do Congreso con fillos en idade de facer o servicio militar tamén sacrifiquen á súa prole pola guerra. ¿Que me dis? ¿Non PENSAS que sería o xusto? Bo, ¡hey!, supoño... ou non. 6. Amamos a Francia. Si, eles déronnos unha verdadeira elección en todo este asunto. Si, algúns deles poden ser condenada e encantadoramente molestos pero, ¿seica esqueciches que lles debemos o nome do noso país? ¿esqueciches a súa participación na Guerra da Revolución que gañaron por nós? ¿que os nosos grandes pensadores e os nosos fundadores *Thomas Jefferson, Ben Franklin,...* pasaron moitos anos en parís, onde bruniron os conceptos nos que se fundamentan a nosa Declaración de Independencia e a nosa Constitución? ¿Que foi Francia a que nos deu a nosa Estatua da Liberdade, que foi un francés o que construíu o Chevrolet e que un par de irmáns franceses inventaron o cine? E agora estánse a comportar como verdadeiros amigos: dicindo a verdade sobre ti, directa e sen trabas. Deixa de che cagar nos franceses e agradécelles que se comporten adecuadamente por unha vez. Sabes, realmente deberías ter visto máis mundo antes de che ter feito presidente. a túa ignorancia sobre o mundo non só che fai parece estúpido, senón que che arrecanta e non che deixa ver máis alá do teu pequeno mundo. Bo, ánimo, HAI boas noticias. Se continúas desta forma con esta guerra, moi probablemente acabará pronto, porque estou seguro que non hai moitos iraquís que queiran sacrificar as súas vidas para salvar a Saddam Hussein. Despois de que "gañes" a guerra, desfrutarás como tolo coas enquisas de popularidade nas que todo o mundo desexa ver un gañador *¿e a quen non lle gustaría ver a un bo parvo do cu nelas, agora e sempre?*. Así que o fai o mellor que poidas nesta carreira pola victoria, tendo sempre en mente as eleccións do próximo ano. Por suposto, isto aínda queda mmmuuuuyyyy lonxe, polo que, mentres tanto, enarbolemos con forza a guerra mentres vemos como se vai polo retrete a nosa raquítica economía. Bo, ¡hey!, quen sabe, ¡pode que atopes a Osama uns días antes das eleccións! Olla, ¡comeza a pensar así! ¡Mantén a esperanza viva! ¡Mata iraquís... eles teñen o noso petróleo! Teu, Michael Moore Fonte: WEB No a la Guerra. http://www.noalaguerra.org/ |