![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
OUTRO MUNDO É POSIBLE • 26/3/2003 IRAK • A espécie humán está en perigo.
Neste momento tétrico non podemos facer nada para deter a invasión en curso. Pero iso non quere dicir que o deber rematase xa para as persoas que tinxen algunha preocupación pola xustiza, a liberdade e vos dereitos humáns. Lonxe de elo. As tarefas serán máis urxentes que antes, calqueira que sexa o resultado dó ataque. E sobre iso ninguén ten unha idea: Nin o Pentágono, nin a CIA nin ninguén máis. A oposición á invasión a Irak non ten precedentes históricos. Hai un crecente temor ao poder de Estados Unidos, que é considerado a maior ameaza á paz en grande parte do mundo, probabelmente por unha grande maioria. E coa tecnoloxia de destrucción agora a man, cada vez mais letal e nefasta, a ameaza á paz significa a ameaza á sobrevivéncia O temor ao goberno de Estados Unidos non está baseado nesta invasión, se non nos antecedentes dos que xurde unha determinación abertamente declarada a gobernar o mundo pola forza. O obxectivo anunciado abertamente é evitar un desafio ao "poder, posición e prestixio dos Estados Unidos". Tal desafio, agora ou no futuro, e calquera sinal de que poda xurdir serán enfrentados con forza abrumadora polos gobernantes do país que gasta mais que o resto do mundo xunto en meios de violencia. A actual administración está no lugar extremista do espectro da política de planificación, e o seu aventurerismo e inclinación pola violencia son perigosos. A "cobiza imperial" dos actuais poseedores do poder, como se chama francamente, provocou calafrios en todo o mundo, incluindo á corrente principal do establishment en Estados Unidos. En outras partes, por suposto, as reaccións son moito menos temerosas, espécialmente entre as vítimas tradicionais. Saben demasiada história, a aprenderon con dor, como para ser confortados por unha retórica exaltada. escoitaron demasiado diso a través dos séculos mentres eran petados polo club chamado "civilización". Fai só uns poucos dias o presidente do Movimento Non Alineado, que agrupa aos gobernos da maioria da povoazón do mundo, descrebeu á administración Bush como mais agresiva que Adolfo Hitler. Aun antes de que a administración Bush fixese medrar eses temores nos meses recentes, os especialistas en asuntos internacionais e de intelixéncia informaban a calquera que quixese escoitar que as políticas que aplica Washington probabelmente conduzan a un aumento no terror e a proliferación de armas de destrucción masiva, por vinganza ou simplesmente por disuasión. Hai duas formas en que Washington pode responder ás ameazas engendradas polas suas accións e asombrosas proclamazóns. Unha é tratar de aliviar as ameazas emprestando-lle algunha atenzón a agravios lexítimos e aceitando converter-se nun membro civilizado dunha comunidade de nazóns con algun respeito pola orde mundial e as suas instituizóns. A outra forma é construir motores de destrucción e dominación mais terríbeis, de maneira que calquera ameaza percebida, non importa cuán remota, poda ser esmagada, o cual provocaria novos e maiores desafios. Esa forma plantea perigos mais sérios á povo de Estados unidos e ao mundo, e pode, moi posíbelmente, levar á extinción da espécie, o que non é unha especulación lacazána. A guerra nuclear terminal foi evitada case de milagre no pasado. As ameazas son sérias e aumentan. Estas contan-se entre as grandes preocupacións que deben, creo, lembrar-se claramente mentres se olla como se desenvolven os acontecimentos na sua forma impredecibel, mentres a forza militar mais terríbel na história humana é desatada contra un inimigo indefenso por un liderazgo político que compilou un aterrador récord de destrucción e barbarie desde que tomou as rendas do poder nos últimos 20 anos. Fonte: Noam Chomsky, La Jornada, 26-03-03 Para saber máis: WEB No a la Guerra, http://www.noalaguerra.org/ Nodo50, http://www.nodo50.org Espacio Alternativo, http://www.espacioalternativo.org Rebelión, http://rebelion.org Waiting for the WEBcam en Iraq, http://waitingforthewebcaminiraq.org
|