![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
OUTRO MUNDO É POSIBLE • 4/5/2003 GALIZA • Comités de Solidariedade COSAL-GALIZA apoiamos a manifestación do día 4 de Maio convocada pola plataforma Nunca Máis.
1- Estamos na mesma situación. O buque segue afundido soltando
fuel que chega ás costas. 2- As praias seguen envenenadas co fuel baixo a area e os fondos
continuan asfaltados de chapapote. 3- Ainda non se atopou unha solución urxente e definitiva
para o buque afundido. Din que van empezar a facer probas en setembro,
e logo nos diran que hai mal tempo. 4- Na Galiza non ficou nengún buque anti-contaminación
que poida limpar o fuel do mar antes que chegue ás costas. 5- Segue sen haber planos de emerxencia frente a este tipo de catástrofes.
Nen medios de prevención, protocolos fiabeis de actuación
e meios de protección. 6- Segue habendo o mesmo tráfico de mercadorias perigosas,
frente ás nosas costas, xestionado polo capitalismo especulador
e criminal. Só no mes de xaneiro 150 buques con estas mercadorias
e con máis de quince anos de antigüidade, atracaron nos
portos do estado. 7- Os gobernos do estado e de Galiza seguen coa mesma actitude sobervia,
prepotente e a sua demostrada incompetencia. 8- Segue habendo manipulación informativa, ocultación
de información e mentiras por parte da administración. 9- As autoridades poñen em perigo a saúde dos consumidores
abrirndo as vedas de pesca e marisqueo para forzar unha imaxe de normalidade. 10- A información sobre as análises que se lhes fai
aos productos do mar e os resultados non é accesibel. Criando
incertidume sobre a salubridade dos productos. 11- O silencio da administración sobre os aspectos toxicolóxicos
da maré negra é inaceptavel. Desde a Xunta dixo-se que
no fuel non habia benzopireno (canceríxeno), mas as análises
deron que si. 12- Non se está a facer un estudo epidemiolóxico que
permita coñecer os efeitos do chapapote sobre a saúde
humana a meio e longo prazo. 13- Muitas das mascarillas que se reparten non son as axeitadas xa
que non protexem dos componhentes nocivos do fuel. Incluso chegou-se
a dicer (Rajoy) que o uso das mascarillas non era necesario. 14- A empresa Tragsa e o exercito seguem destrozando os ecosistemas
do litoral abrindo pistas, trasladando a area das dunas com escavadoras,
limpando com hidrolimpadoras que o único que fan é diluir
o fuel e devolvelo ao mar... 15- As institucións fan unha apropiación ilexítima
do esforzo da sociedade civil, cuando o único que fixerom é
entorpecer e criar problemas. Só a actuación decidida
e sacrificada dos mariñeiros e de milleiros de voluntários,
permitiron iniciar a luita contra a contaminación nas nosas
costas, diante da auséncia do Estado e acción gubernamental. 16- Seguen poñendo dificultades aos voluntarios cuando veñem
limpar, agora até os acusam de drogadictos e ladróns
(alcalde de Muxia). 17- Os traballadores e traballadoras do mar que participan nas movilizacións
seguen a sofrir presions nas suas vilas e postos de traballo. 18- Criminalizan e insultan ao pobo galego cuando sae a rua a exixir
responsabilidades. 19- O "Plan Galicia" é electoralista. Inclúe
proxectos de infraestruturas que xa estaban comprometidas xunto con
outros que non estan orzamentados e non contempla os investimentos
necesarios para a limpeza, rexeneración e repovoación
das nosas costas e a sua aplicacion non vai devolver-lle ao noso litoral
a sua inxente riqueza. 20- A estas alturas non se depuraron responsabilidades nen demitiu
ninguém. 21-A ineficacia, irresponsabilidade, improvisación e descoordinación das autoridades permitirom que o accidente tivesse as piores consecuencias que supuseron unha gravísima crise con consecuencias no plano social, económico e ambiental. MEXAN POR NOS E DIN QUE CHOVE |