![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
OUTRO MUNDO É POSIBLE • 17/11/2003 VENEZUELA • Crónica dende Caracas: 1. Observacións de Chegada.
A nosa compañeira do COSAL-Galiza Ana Laura decidiu ir a traballar a Caracas coa asociación "Muchachos de la Calle" dende alí nos envia de vez en cando as súas crónicas persoais , esperemos que disfrutedes con elas, ... Chegada no aeroporto da Guaira, a corenta minutos de Caracas , tenho un bó recebimento, dous membros da asociación e , amigos de amigos... Establecerse e comezar a trabalhar de inmediato. Primeiro día, cinco de novembro , podería chamalo unha entrada pola porta grande , dase un foro sobre a pobreza na Assemblea Nacional ou congreso dos deputados, entre as ponentes está a minha titora aquí, ela falará sobre a organización Muchachos de la calle . Sitúanme nun cómodo sofá , mesmo entre os deputados , senhores de traxe que durmen durante toda a charla e despertan coa chegada do camareiro. Establécense diferentes posturas sobre as formas de reintegración dos rapaces , hai quen di de levalos ás casas particulares, tamén quen defende as institucións públicas, das que os rapaces fuxen , ou en grupos de 400 e sen atención personalizada, pérdense na posibilidade de reintegración. Existe unanimidade entre os ponentes sobre a multiplicación
do número de ranchos(favelas ou barrios destartalados onde
mora a pobreza) tamén na demanda de accións aos poderes
públicos, os deputados en plena siesta , non se inmutan ( eternizarán
o seu tempo plantexándose as A política en Venezuela é un circo , interesante, divertida , entretida , cada grupo político ten o seu propio canal televisivo, para iso están , serven á xente coma os equipos de futbol, creando rivalidades baleiras. As rúas énchense de xente , unha parte importante mora nelas, a maioría son varóns , o 78% maior de 12 anos, o 20% menor de 12. As rapazas superan a idade promedio.Os valores supremos d@s nen@s das rúas son a liberdade e a autonomía económica , desas premisas debe partir o trabalho cara a reinserción . O foro está composto por organizacións diferentes que traen as propostas . mais o público e o ambiente divídese entre senhoras de peluquería , celulares que soan indiscriminadamente sen que a ninguén lle resulte unha grave falte de respeto, protocolo , deputados sonhando coa piscina do xardín...as conclusións encárganselle a un tipo novo e inexperto, que entremedias tartexa pero iso sí cun traxe de coidado! Despois , nese espacio de aplauso e medio anterior as preguntas e
comentarios o 90% dos asistentes aproveita para escapar , os primeiros,
os deputados .....un senhor copmeza a berrar entre o tumulto en fuga,
dame a grotesca impresión de ser a única que o escoita
nese revolto de Na tarde comeza a minha experiencia coa organización , Deanna
Albano pretende amosarme todos os programas que están levando
a cabo, así , hoxe toca coa Unidade Médica , no barrio
de Baruta. A Unidade , é unha furgoneta preparada tipo ambulancia
, donada por un arquitecto yanki , espérame unha enfermeira
chamada Cecilia á que @s rapazas/es adoran e a chaman tía
Cecilia , un conductor Miguel , e unha médica que aparece durante
un ratinho. Na Unidade hai cadeiras Achéganse rapac@s, séntanse con nós , conversamos,
hoxe estopu con Gustavo Misla e Cecilia, falan con nós , comentan
que un outro está hospitalizado dunha punhalada no pulmón
, outro tamén , dunha palizarecibida ao tentar atracar a tres
gringos xigantóns , o comentan en O venres Deanna , levame á casa da Pastora , o centro de acolhida
, en plena zona colonial, encantadora , quente e acolhedora, agora
sdó ten a tres nenos , Gregory, tomás e Anyelo. Os rapaces
, aprehenden a ser autosuficientes , saben cocinhar, limpar, van aseados
, e aprehenden unha profesión , memntras que estudan e van
mudando en vocacións , aquí trabalhan con papel cartón
crean material de oficina, carpetas, cadernos, aínda que o
centro de producción está nos Erasos , outro barrio
, onde está o talher ben montado. Reciclaxe e beleza xuntas,
fan marabilhas artísticas que logo se venden en papelerías
e exposicións, os cartos , van para @s rapac@s cunha porcentaxe
para material. Hai un libro onde os rapaces da Pastora escriben o
que Despídome da Patora vou a Valencia (outra cidade) a pasar a fin de semana cuns conhecidos, praia , río , comidas novas e exóticas , e danza ate as tantas , xa comeza a época de gaitas, as gaiteiradas son as festas de Nadal, sabor caribenho en altas doses. Estou rematando de escribir isto e xa pasaron varios días, conhecín o talher dos Erasos, ademáis alí tenhen onde facer os deberes, con profes voluntarias, e un equipo de basket que une aos rapaces do barrio e xa ganharon moitos trofeos que se exiben na casa , o resto do tempo o pasei na Pastora , agora estou aquí , na casa dos rapaces, afora Keiven xogas aos carrinhos, leva aquí tres días e xa comeza a ler. Cada un dos nenos que habitan a Pastora , cada un detes catro nenos
ten unha historia máis triste que a anterior , pero agora todos
van a escola, Keiven comeza o sábado na escola sabatina , para
nenos atrasados, Gregory busca unha nai morta , Anyelo agóchase
porque quere Para saber máis: Muchachos de la Calle: http://www.ve.net/muchachos/
|