Nós Actividades Outrasvozes Titulares Ligazóns

Outro mundo é posible

Brasil

Colómbia

Guatemala

México

Nicaragua

Sáhara

Palestina

Timor Leste

OUTRO MUNDO É POSIBLE • 19/12/2003

VENEZUELA • Crónica dende Caracas: 2. Discurso sobre política en Venezuela.

por Ana Laura Pereira Blanco.

A nosa compañeira do COSAL-Galiza Ana Laura decidiu ir a traballar a Caracas coa asociación "Muchachos de la Calle" dende alí nos envia de vez en cando as súas crónicas persoais , esperemos que disfrutedes con elas, ...

Cada día que aquí pasa , resposto con máis convencimento sobre o conflicto entre chavismo (oficialistas) e antichavistas (oposición ou escualidos) pois sí, isto é unha especie de partida de fútbol, cargada de paixóns e rivalidades vacuas.Cada lado ten unha propia e válida xustificación , cada un as súas razóns , tan facilmente aceptábeis coma cuestionábeis.

O chavismo parte dun idealismo enternecedor , que se contamina no devir dos días por fanatismos creados en grande medida pola oposición e o bloqueo que lles presenta. Noutro senso , a oposición aquí é moi rica e non me refiro esencialmente ao eido económico , senón á variedade , aquí hai moitos que xa non cren nas miles de promesas chavistas e tamén tenhen os seus motivos , mas a disculpas do oficialismo é sempre o bloqueo , pero; eles están no governo!!, tenhen os presupostos do estado e moitos eidos nos que xogar , ninguén aínda me respostou á
dúbida metódica sobre o malgasto dos cartos do presidente no seu pedazo avión valorado en “sopotosientosmil dólares “.

O que máis me convence e o maiormente evidenciábel é que a xente non quere voltar á anterior corrupción, á anterior a Chavez , boa disculpa para apoiar e para non facelo ao actual governo.
Dende logo no podemos desmerecer algunhas accións que se tenhen dado co chavismo, con el chega ao poder a conciencia social , conciencia que se ten multiplicado , en todos os eidos, nas zonas de clase media , danse asembleas de vecinhos preocupados e interesados no devir
do propio país. A cotío nestas se presenta a consideración á atención social anteriormente esquecida polos predecesores governantes, observo entón que a oposiciión é variada , ainda que tamén tenho encontrado bolivarianos , crentes nos ideais da revolución , desconcertados ou
simplemente non chavistas, están co proceso pero lonxe do presidente.

O país está dividido e existen odios impensébeis , realmente graves entre xente excesivamente semelhante .A situación é incómoda para quen non se posicione , inmediatamente serás colocada nun bando contrario....

Chavez aplaude tanto os seus palns , proxectos e logros que se rematan convertindo en demasiada palbra e pouco feito, vamos que sae tanto na tele como nunca imaxinaríades, e fala e fala e falabarato.....a oposición critica tanto , tanto ,tanto, que a metade son falacias.

Onte fun á última xornada do reafirmazo, acompanhando a un amigo , dicía que ía asinar polo seu irmán que trabalhaba para o governo, non lhe renovarían o contrato de asinar. Como favor e solidariedae asinou o meu colega. Esta anécdota convertiuse en habitual en ambos bandos,
nos dous equipos hai bos e malos, e a basa dos movimentos está compostapolo mesmo povo venezolano.Ante isto é dificil posicionarse, mas o evidente é que a oposición non amosa propostas de futuro moi atractivas , é unha oposición vengativa e negativista, e aínda que a
Chavez aínda lhe fican miles de cousas por facer , sí plantexa propostas e iso cando menos é meritábel.

Un símbolo das pretensións chavistas foi a celebración do congreso bolivariano dos povos nos días 25, 26, e 27 de novembro, a consigna máxima foi a unidade latinoamericana, principalmente na loita contra o ALCA, un exemplo máis do imperialismo norteamericano, considero que esta iniciativa de unidade é importantísima, sobretodo tendo en conta que se celebra aquí en Venezuela, un dos países máis norteamericanizados de latinoamérica.

No congreso , dende a unidade elaboráronse mesas de trabalho, cara dividir e concretizar as propostas e a acción. Eu formei parte da mesa sobre xuventude , unha das máis ricas
para a minha sorte, foi a máis aplaudida nas conclussións, xa que o trabalho deuse intenso e concreto.Incluso fixemos grupos espontáneos as tantas da noite para seguir a debatir e organizar a mesa do día seguinte.Os temas prioritarios foron a educación pública , a unión da xuventude , as
comunicación interna latinoamericana e sobretodo a creación de alternativas ao ALCA ( acuerdo de libre comercio de las americas) chegando á conclusión de que o ALBA , a alternativa bolivariana , aínda non era tal, aínda tinha moito por elaborar e non era un caminho real, ante
iso existiu un compromiso de trabalho xeralizado.Tamén houbo unha iniciativa sobre as manifestacións cont5ra o ALCA , que podería ser facer unha marcha americana , dende Canadá ate Cabo de Magallanes, pero a cousa estaba pouco elaborada ....o principal tema problemático era que coma sempre había moitas ideas e pouco concretizadas , iso criticouse e propúxose a comunicación para continuar o congreso na distancia , eran dous días de trabalho que se prometeron extender a moitos máis necesarios por meio de internet e en principio nunha próxima reunión en primavera no Ecuador.

Noutro senso as mesas dividíronse en ; movimentos sociais, sindicalismo e mulheres (inexplicabelmente xuntas), xuventude , indixenismo, economía política e campesiños.
O congreso definiuse pola caótica organización , o desorden foi fatal e finalmente a clausura suspendeuse , xa que ois bolivarianos organizadores marcharon á praza onde se entregaban as firmas primeiras do revocatorio aos deputados da oposición. Os delegados presentes no
congreso, esperaron desconcertados,suponhendoi que sería na seguinte xornada, o cal non aconteceu. A desorganización non era disculpábel, a xente viaxara moito para este trabalho que por outra banda e moi a pesar de todos os problemas encheron á xente de ilusión e esperanza.
Por certo recolhín unha chea de información en revistas, panfletos...ademáis de contactos ....así que estou a vosa disposición en preguntas e demandas.


En fin que a situación aquí está perto dun límite desconhecido, agora ben pasando os días acontécenme cousas que me levan dun equipo ao outro, pero o máis definitivo sucedeuse hai unha semana , eu debía vender os productos do centro artesanal nunha feira de nadal da universidade Metropolitana (privada) alí foi onde por fin atopei ese sector de senté da cal sempre escoitara falar e nunca tivera perto, resulta que a dita universidade está construida na baixada do monte Ávila, e susto en fronte , e máis ou menos a calqueira dos lados pódese admirar o bairro lata
máis grande de América Latina, pois ben eu sempre pensaba que os ricos non loaban ao derredor que , vivían nunha burbuxa , pero destes era algo imposible, e sí , alí conhecín ao que denomino , xente­lixo , a peor calanha da terra ,e xustamente pertencía á oposición , aquel lugar demoníaco enchíase de escuálidos e escuálidas cuns peitos globo loando para lúa deses que desafía a calqueira gravedade, e as/os mentecatas/os dicían que os productos artesanais dos rapaces eran caros, claro que non levaban marca, só unha etiqueta que punha “ muchachos de la calle”, en
fin que se me achega unha tipa e me solta, aih! Pero que trabajo mas raro vienes a haser aquí! , e eu co meu cabreo resposteille, pues si lo hicieras tu a lo mejor no tenía que venir yo...... aaaahhhhh en fin, que vos parece....aquí dende logo están todos os extremos conhecidos e por
conhecer.Xa vos deixo de dar a lata, outro día vos conto como vai o trabalho cos rapaces . bicos e boas vacacións! (eu pasareinas nos Andes!)

ANA LAURA PEREIRA BLANCO

Para saber máis:

Muchachos de la Calle: http://www.ve.net/muchachos/