![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
OUTRO MUNDO É POSIBLE • 14/10/2004 LONDRES • Foro Social Europeo 2004.
Artigo de Josu Egireun. A terceira edición do FSE que se celebrará en Londres do 14 ao 17 de outubro non ven precedida de grandes movilizacións de masas contra a "guerra total" ou a estela (forte aínda) das movilizacións de Génova como ocurriu en Florencia (contra a guerra) ou París contra a contrarreforma da ensinanza (millón de manifestantes en xuño en París) ou a enorme movilización de Larzac (300.000 persoas) contra a OMC. En certa medida, de París a Londres o panorama da confrontación política e social co proxecto neoliberal europeo presenta un estado débil, no que a vontade de resistencia non se traduce en movilizacións masivas e no que o escenario político ten virado a prol da socialdemocracia. Ademais, a esto hai que engadirlle que, a diferencia do foro de Florencia que impulsou a exitosa movilización contra a guerra do 15 de febreiro de 2003 permitindo aos movimentos sociais ocupar un espacio central no panorama político, a herdanza do de París carrega elementos de preocupación: se ben o Foro estivo máis centrado no tema Europeo e houbo unha dinámica de tecer lazos entre movimentos superior á de Florencia, o aspecto negativo é que non se atinou nunha proposta de movilización contra a Europa neoliberal, da guerra e racista que permitira dar un impulso e unha centralidade aos movimentos sociais a escala europea. Se a esto engadimos que neste último ano asistimos a unha ofensiva neoliberal de envergadura na que adquiren relevancia propia o proxecto de Constitución pendente de ratificación, as políticas privatizadoras -entre elas unha que dará moito que falar: a directiva Bolkenstein- da UE, e a durísima arremetida patronal no marco das empresas, a urxencia de dar pasos concretos na construcción dunha movilización social a escala europea resulta evidente, á vez que mái s complicada porque neste escenario de confrontación as dificultades para construir alianzas son maiores. Este feito sitúanos na necesidade de realizar un esforzo importante por artellar iniciativas que permitan combinar a necesaria unidade coa indispensable radicalidade para facer que "outra Europa é posible" se convirta nun berro de esperanza. O futuro do FSE e a artellación de loitas, redes e movimentos. Agora bien, construir esa esperanza, esta dinámica de confrontación, levantar esos muros de contención á Europa do capital, o racismo e a guerra so é posible dende un compromiso militante, dende a participación activa nos procesos de xestación e facendo desta actividade un elemento da nosa reflexión cotián. Algo no que os movimentos sociais levamos un enorme retraso que día a día sitúanos nunha posición máis débil. E esta realidade afecta ao FSE. Forma part e xa da reflexión común dos sectores implicados na sùa organización, que o futuro del FSE como instrumento útil para os movimentos sociais está ligado a avances prácticos na confrontación co proxecto neoliberal europeo; que a súa utilidade como marco de encontro para o debate, confrontación e elaboración de propostas alternativas está directamente relacionada con avances no terreno da artellación de loitas, redes e movimentos. Precisamente con ese obxectivo, este ano o formato do FSE ten variado un tanto do do ano anterior: reduciuse o número de conferencias e dáselles máis peso aos seminarios e obradoiros e como queira que os 700 talleres propostos tivéronse que "transformar" en 166, este exercicio abriu tamén un espacio para o diálogo entre distintos movimentos. Ademais haberá tanto espacios autoorganizados como reunións temáticas (Palestina, guerra...) que darán máis fluidez e vitalidade ao mesmo. Fonte: Espacio Alternativo, http://www.espacioalternativo.org Para saber máis: Muchachos de la Calle: http://www.ve.net/muchachos/
|