![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
PALESTINA • 04/11/2002 Human Rights Watch, unha organización sionista.
O último informe da organización norte-americana para os direitos humanos amosou a sua auténtica afiliación como outro brazo máis da propaganda sionista. Neste informe, a HRW cualifica os combatentes da resisténcia armada palestiniana contra a ocupación sionista en Palestina como "criminais de guerra", asi como di que o presidente palestiniano Iasser Arafat é o responsábel político das operacións da resisténcia contra os israelitas, e condena estas operacións cualificando-as de "crimes de guerra contra a humanidade". A HRW, con sede principal en Nova Iorque, admite non ter achado através das suas pescudas evidéncias que reforcen as acusacións sionistas contra Arafat de coordenar estas operacións, e que só puidera comprobar que a dirección palestiniana fracasara en deter estas operacións e "castigar" os combatentes libertários palestinianos. O director executivo de HRW, Kenith Roth, dixo nun comunicado explicando o informe que Arafat e a ANP teñen grandes responsabilidades políticas nestas operacións, que cualificou como "barbaridades", e negou-se a considerar os combatentes mortos como mártires. O informe de 170 follas chamou aos responsábeis palestinianos a facer todo o posíbel para deteren os combatentes que ideasen operacións de resisténcia e xulga-los, asi como pediu a investigación e interrogatório do líder do Movimento de Resisténcia Islámica HAMAS, Ahmed Iassin, de quen dixo que "apoia ou facilita estas operacións". HRW recoñece que os asentamentos xudeus non son lexítimos en Palestina mais di que os colonos son civis se non participan en accións armadas [ignorando que o 90 por cen destes están armados como calquer soldado sionista e que a maioria deles participaron en acións terroristas e vandalismos contra os cidadáns palestinianos]. HRW deliberadamente ignorou no seu informe a dor e a tristura dos familiares das vítimas palestinianas que sofren a cotio a barbárie sionista da ocupación. Da mesma forma que a HRW ignorara que todo un povo está sendo masacrado polas forzas de ocupación israelitas e que calquer povo que estexa baixo ocupación ten direito e está lexitimado a resistir esta ocupación polos meios de que dispoña, segundo todas as convencións e leis internacionais. Este informe, que iguala o verdugo coa vítima, non é máis que a sucesión da liña sionista que a entidade terrorista "Israel" leva praticando desde hai moitos anos, e utiliza os mesmos argumentos cos que o criminal Sharon e os seus mercenários que governan a entidade xustifican os seus crimes contra o Povo Palestiniano. Sinxelamente, o informe é unha mostra máis da parcialidade completamente manifesta en favor dos auténticos criminais sionistas e ignora intencionadamente todos os crimes de guerra que o sionismo cometeu e segue a cometer contra o Povo Palestiniano. Con este informe, xa nada das falsas "condenas" anteriores que a HRW serve e as verdadeiras intencións desta organización americana, que di defender os direitos humanos, foron postas ao descuberto, cómpre saber, cal foi o prezo que a HRW recebeu para publicar semellante informe? O informe da infámia, máis unha vez, HRW ao servizo da infámia sionista, até cando? A Resisténcia Palestiniana é un direito internacional ao que os palestinianos nunca van renunciar mentres houber un só soldado ou colono xudeu en Palestina. Mais, que determina que a sociedade israelita é civil? Toda a sociedade sionista está baseada sobre a militarización desde que os sionistas da entidade captan os imigrantes de todas as partes do mundo e os traen a Palestina, os instruen para asasinar palestinianos, os arman con todas as armas mália non lles suministrar uniformes militares, como auténticos mercenérios; como poden ser cualificados de civis? Son estes civis? Xulguen vostedes mesmos. Ahmed Iacoub Fonte: La Haine ATTACKA. http://www.lahaine.org/internacional.htm Para saber máis: O informe 170-page da HRW pode-se ver en: http://www.hrw.org |