![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
PALESTINA • 26/03/2003 Israel aplica a censura en Internet.
Toda información sensível sob os ataques de Estados
Unidos e Reino Unido a Iraque será censurada. Dolov esixe
a webs como Rotter.net ou Fresh.co.il que se adapten ás circunstáncias
e adquiran unha "especial sensibilidade" para acatar as
suas instrucións. Tamen lembrou que os censores estarán
disponíveis de forma permanente. Algo fixo extensível
tamen aos corresponsais que informan en directo desde a zona do
conflicto. Por exemplo queda proibido publicar a localización
exacta dos impactos dos mísiles (so rexións), asi
como o tipo de mísil utilizado até que fontes militares
autorizadas o anuncien. Tampouco serán reveladas as operacións
militares de defensa, mobilización de reservistas, decisións
do governo e colaboración con paises extranxeiros. Esta postura do governo israelita non é nova. No informe elaborado por Reporteiros Sen Fronteiras para medir a liberdade de expresión, Israel figura detrás de Palestina, Zámbia ou Camboia. É máis, o RSF revela que durante o 2002 o Comité de Protección dos Xornalistas condenou os "intentos das Forzas de Defensa israelitas por intimidar á prensa para que non cubra as suas cada vez máis extensas campañas militares nos territórios ocupados". Fonte: Daniel Seseña, La Corriente Alterna, http://lacorrientealterna.com/ |