Nós Actividades Outrasvozes Titulares Ligazóns

Outro mundo é posible

Brasil

Colómbia

Guatemala

México

Nicaragua

Sáhara

Palestina

Timor Leste

PALESTINA • 22/08/2003

Para @s xornalistas hai "calma" cando morren só Palestian@s.

O artigo, traducido (ao español) por Germán Leyens de FAIR, Media Advisory, non analisa as causas, xa non tan profundas, do partid-ismo no xornalismo do sistema, mais denúncia a publicación de información parcial sobre a morte de palestinian@s durante a "trégua" dos meses de xullo e agosto.

O mortífero atentado contra o autobús en Xerusalén o 19 de agosto foi prefigurado por un par de atentados suicidas de unha semana antes en que morreron dous civis israelitas. Mentres os meios dominantes tenderon a amosar estes ataques como un retorno cara á violéncia despois dun periodo relativamente pacífico, houbo numerosos asasinatos as semanas anteriores que suliñan a falta de ecuanimidade na atención dada á perda de vidas no conflito israelita/palestiniano.
Cando os dous atacantes suicidas palestinianos mataron cadanseu un civil israelita ao mesmo tempo que a si próprios o 12 de agosto, as fontes noticiosas imediatamente describiron os ataques como unha evidente resurreción da violéncia en Oriente Médio. "A trégua de verán destrozada en Israel", anunciou a CBS (12 de agosto de 2003), mentres que a NBC informaba que "os ataques romperon máis de un mes de relativo silenzo". O Los Ángeles Times (13 de agosto de 2003) escribiu que os atentados "romperon un treito de seis semanas en que a xente de ese país canso da guerra gozou de relativa tranquilidade".

Durante ese periodo de "relativa calma" foron asasinados uns 17 palestinianos e feridos alomenos unhas 59 persoas a mans de soldados de ocupación e colonos israelitas, segundo a Sociedade da Meia Lúa Vermella Palestiniana. Entre os mortos, Mahmoud Kabaha, un neno de catro anos que estaba sentado no asento traseiro de un carro coa sua familia nun ponto de control cando o matou un soldado israelita cunha descarga de balazos que o exército simplesmente cualificou de "ráfaga accidental de tiros" (Associated Press, 25 de xullo de 2003). Ningún dos principais informes noticiosos de EE.UU. sobre os atentados de 12 de agosto aludiu á cifra de mortos palestinianos nese periodo, escluindo unha parte crucial da información: para @s palestinian@s en Cisxordánia e en Gaza, a violéncia nunca rematou; mentres os ataques israelitas diminuiran, nunca houbo nada parecido a un cese de fogo israelita.
[…]

Despois de un mes e meio en que @s palestinian@s estaban sendo asasinad@s várias veces por semana e recibian pouca mención, o Washinton Post e o New York Times puxeron os atentados nas suas primeiras páxinas o 13 de agosto […] recoñecendo que as famílias dos palestinianos que morreron durante a "calma" foron invisíveis.
[…]

Neses atentados resultaran mortas catro persoas, incluindo aos atacantes. Só catro dias antes, o 8 de agosto, dous palestinianos e un israelita foron asasinados nun raid israelita contra un sospeitoso de militáncia, mentres dous palestinianos máis foran asasinados nunha manifestación posterior - un a tiros e outro con gas lacrimóxino israelitas (Chicago Tribune, 9 de agosto)-. Mais esas cinco mortes non foron consideradas "un importante aumento da violéncia" nen "un triste retorno aos dias de batalla" en CNN. No seu lugar, a presentadora Carol Costello suxeriu que o raid israelita "pode constituir outra penca, unha trompada se se quere, nesa folla de ruta cara á paz".

A tendéncia dos meios a minimizar - ou inorar por completo- os sufrimentos e as mortes palestinianas non é nada novo. A fin de 2001 e comezo de 2002, por exemplo, un alto ao fogo informal declarado por Iasir Arafat levou a un periodo de moi poucas mortes israelitas, mais continuas mortes palestinianas - e os meios estadounidenses referiron-se a un periodo de "relativa calma" (FAIR Action Alert, 10.02.2002, 5.02.2002)-.

Para apresentar a crise de Oriente Médio en toda a sua complexidade, @s xornalistas teñen que tomar en sério a violéncia sofrida por todas as comunidades. As referéncias a unha "relativa calma" mentres se asasina palestinian@s como se fose rutinário só serven para trivializar a vida humana e oscurecer o ciclo de violéncia que aflixe á rexión.

Fonte:

Rebelión, http://www.rebelion.org