![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
PALESTINA • 4/09/2003 Sobre a loita Palestiniana e o movimento antiglobalización: Avaliación do Seminário Internacional de Belén.
A loita contra a globalización capitalista en Palestina está indisociavelmente vinculada á denúncia e o rexeitamento á estratéxia sionista do Estado de Israel en todas as suas facetas, instáncias e dimensións. O que cabe formular é até que ponto, en aras de situar estratexicamente a Palestina no corazón da loita antiglobalización, pode disolver-se no debate -e mália ser "só" coxunturalmente- a cuestión da "normalización" con Israel, e que iso se faga precisamente entre as organizacións internacionais de solidariedade e antiglobalización ao vincular a grupos israelitas que, ao cualificaren-se de globalizadoras, non denuncian o proxecto estratéxico do sionismo ou poñen liñas vermellas a cuestións como a resisténcia armada e o Direito ao Retorno. Os pasados 29, 30 e 31 de agosto celebrou-se en Belén (Cisxordánia
ocupada) un Seminário Internacional baixo o título
"Globalización e loita palestiniana" organizado
polo Alternative Information Center (AIC, grupo israelita-palestiniano),
a Unión de Comités de Traballadores da Saúde
(en inglés, UHWC) e o Grupo de Turismo Alternativo (GTA,
palestiniano). O seminário estivo auspiciado pola Conselleria
de Cooperación do governo basco, en colaboración coa
organización Paz e Terceiro Mundo (PTM). O CSCA asistiu como
observador ao Seminário. No seminário participou un nutrido grupo de especialistas
(o economista libanés Husein Abu Namel, o historiador israelita
Ilan Pappe ou a avogada palestiniana Sahar Francis, da organización
Addamir), figuras políticas (o parlamentário árabe-israelita
Azmi Bishara e Yamal Zahalka, membro do partido árabe palestiniano
en Israel Attayamo), activistas (o israelita Michael Warschawski,
os palestinianos Mayed Nassar e Nassar Ibrahim, o sírio do
Golán ocupado Salman Fajreddin) e organizacións árabes,
palestinianas e israelitas, entre elas a palestiniana Ittijad, de
Hifa, (para tratar sobre o Direito ao Retorno), a israelita Bat
Shalom (presidida pola chilena-israelita Lili Traubman), a palestiniana
Shaml (representada por Sari Hanafi) ou o YMCA, representado por
Rifat Kassis. Igualmente participaron outras organizacións
e representantes do movimento antiglobalización, como MST
(con Pizzeta Adelar), Attac (con Chistophe Agiton) ou Mulleres de
Negro-Itália (con Alexandra Mecozzi). Ademais das ponéncias apresentadas que cubriron un amplo temário, os dous plenários deseñados para discutir a preparación da Conferéncia de Bilbo e os Foros Sociais (mediterráneo, europeo e mundial), respectivamente, foron o principal cenário a que se trasladou o debate sobre a apertura cara a un marco de traballo organizativo entre organizacións palestinianas e israelitas no ámbito do movimento antiglobalización. Reclamar un "Foro Social Árabe" Apesar de recoñecer na causa palestiniana e na loita contra
a ocupación israelita un referente central nas actividades
do movimento antiglobalización, o estabelecemento e consolidación
da activa participación palestiniana require ainda de profundo
análise e de definición precisa -quedaron só
tanxencialmente articulados nos debates antiglobalizadores-. De
feito, a definición espacial e xeográfica dos diferentes
Foros sociais xurdidos en Porto Alegre obviaron o referente rexional
árabe, que quedou diluido no denominado Foro Social Mediterráneo
(que integra, ademais dos Balcáns e Turquia, a Israel), seguindo
nese padrón o mesmo modelo de división e fragmentación
que a própria Unión Europea define para a formalización
da sua política exterior cos paises árabes mediterráneos
(através da Asociación Euro-mediterránea). Que exista unha dimensión mediterránea no ámbito da globalización (como defendeu a italiana Alexandra Mecozzi) non implica que se deba asumir a desaparición de outras dimensións que, como a do Mundo Árabe ou a dos Balcáns, perden a sua identidade no novo conceito da mediterraneidade (conceito moi querido, por certo, polos estrategas israelitas) e non casualmente creado, precisamente, polos planificadores da política oficial de UE e de EE.UU. Máis ben o que é necesário e moi convinte é que as organizacións árabes e, entre elas, as palestinianas, reclamen desde os círculos do movimento antiglobalización que se denúncie ese esquema fraccionador das políticas oficiais neoliberais e militares da UE, e se esixa a visibilidade dos e das árabes e o seu direito a se expresaren como tal nun próprio Foro Social Árabe. Sendo certo, como se encargou de lembrar o representante de Attac, Christophe Agiton, que son as organizacións árabes quen teñen de determinar e definir a sua intervención activa no marco antiglobalizador, non hai que esquecer que na rexión árabe e especialmente entre as organizacións que cabe cualificar como activas contra a globalización capitalista, se mantén que tal globalización internacional se expresa no Mundo Árabe coa imposición da normalización árabe-israelita en todas as esferas posíbeis e moi particularmente na económica (através da inserción da economia israelita nos mercados árabes), política (através do paulatino estabelecemento de relacións diplomáticas) e cultural-ideolóxica (através dunha planificada política de reconfiguración identitária do espazo médio-oriental a que non é allea a ocupación de Iraque e Palestina que dilua o esencial compoñente árabe). "Normalización" israelita e movimento antiglobalización Neste contexto, convén sinalar que o necesário debate
para a consolidación do referente da loita palestiniana como
un elemento prioritário na loita internacional contra a globalización
capitalista, non pode eludir o significado político que entraña
o feito de que a contestación á globalización
capitalista en Palestina pasa inescusavelmente por denunciar o proxecto
sionista para Palestina[1], e non só a ocupación militar
ou a violación dos direitos humanos de toda a povoación
nos Territórios Ocupados. Isto adquire maior releváncia
cando desde o movimento antiglobalización e desde Palestina
e Israel se trata de aunar esforzos entre as organizacións
palestinianas e aquelas israelitas que definindo-se como de "oposición
á ocupación" e "defensoras dos direitos
humanos palestinianos" non denuncian abertamente o proxecto
sionista de exclusión que o Estado de Israel perpetua contra
o povo palestiniano e contra os povos da rexión árabe
no seu conxunto, como expresión da globalización capitalista
en Oriente Médio. Asi o ilustra o feito de que no contexto das discusións
nos plenários do Seminário celebrado, algunhas organizacións
israelitas sinalaran a necesidade de rebaixar os contidos políticos
a uns mínimos comúns para que as organizacións
israelitas poideran aceitar a sua participación na Conferéncia
de Bilbo. Esta cuestión quedou expresamente formulada cando
desde unha organización israelita se plantexou que o programa
de Bilbo incluise unha avaliación sobre "o território
palestiniano e as consecuéncias en Israel" ao que o
presidente da UHWC, o palestiniano Naim Abu Tair, tivo que responder
de imediato rexeitando calquer proposta que cuestionase o direito
á resisténcia armada palestiniana. Algo similar ocurriu
cando o representante de Ittijah, Amir Majul, representante das
organizacións palestinianas nos territórios de 1948,
é dicer, no interior do Estado de Israel, formulou a necesidade
de que se abordase a cuestión do Direito ao Retorno d@s refuxiad@s
palestinian@s, que foi respondido por parte israelita coa mencionada
chamada a rebaixar certos contidos políticos. A loita contra a globalización capitalista en Palestina
está indisociabelmente vinculada á denúncia
e ao rexeitamento á estratéxia sionista do Estado
de Israel en todas as suas facetas, instáncias e dimensións.
O que cabe formular e se apunta desde estas liñas para a
reflexión, é até que ponto, en aras de situar
estratexicamente a Palestina no corazón da loita antiglobalización,
pode disolver-se no debate -e mália ser "só"
coxunturalmente- a cuestión da "normalización"
con Israel, e que iso se faga precisamente entre as organizacións
internacionais de solidariedade e antiglobalización, cando
estes pretenden vincular a certas organizacións israelitas
que, cualificando-se de antiglobalizadoras tamén, non denúncian
o proxecto estratéxico do sionismo israelita (que é
agora, máis que nunca, de inserción rexional de Israel
na zona e, asociado á ocupación de Iraque, do conxunto
de Oriente Médio nunha economia globalizada capitalista)
ou poñen liñas vermellas ante cuestións que,
como a resisténcia armada palestina e o Direito ao Retorno,
deberian ser algo máis que direitos internacionalmente recoñecidos
no ámbito da solidariedade internacional con Palestina. Loles Oliván [1][Nota da traductora]: Ibrahim Alloush explica-o nun artigo apresentado
na reunión de sindicatos profesionais xordanos celebrada
en Amán o 29 de decembro de 2001, base da confección
dun artigo titulado Globalización, sionismo e Mundo Árabe
no número 49 da revista Nación Árabe correspondente
ao verán de 2003:"[
]A fragmentación provocada
polo proceso globalizador convirte-se asi na principal forza naqueles
paises que sofren dunha crise de lexitimidade, como é o caso
das entidades árabes artificiais xurdidas dos acordos Sykes-picot.
Esta estratéxia de fragmentación conflue no Mundo
Árabe cos designios sionistas que teñen por obxecto
a fragmentación dos paises árabes, desde o primeiro
até o último. A conspiración adquire aqui un
peso maior que o que poidera ter en calquera outro lugar do mundo;
derivación lóxica, por outra parte, das políticas
estadounidense e sionista que teñen por obxecto alentar as
tendéncias rexionalistas e sectárias nos nosos paises,
[
]A seguridade israelita pasa pola transformación da
identidade civilizacional da rexión nunha identidade médio-oriental,
asi como polo cámbio da sua estrutura política e social
nun mosaico sectário-rexionalista. [
] A gravedade desta reorientación "médio-oriental" [ ] pode-se observar nas leituras das crónicas que cubriron a visita de Ariel Sharon a Bush fillo o 7 de maio de 2002: Sharon presentou a Bush un documento que defendia un proxecto de "unión dos Estados de Oriente Médio". O proxecto non tiña outro obxecto que a fragmentación dos paises árabes e o estabelecemento dunha Unión de paises "médio-orientais" da que tanto Israel como Turquia formarian parte e na que EE.UU. participaria en cualidade de observador. Segundo a prensa, o novo proxecto desenrolaria-se en várias etapas, comezando por un ataque a Iraque, a eliminación total da resisténcia palestiniana e libanesa, e a retirada de Síria por un lado, e a mellora das relacións económicas entre EEUU e Xordánia, Exipto e Marrocos. A segunda etapa comezaria co estabelecemento de tres organismos (económico, político e científico) que se reunirian anualmente e dos que Israel seria parte indivisível. A terceira fase concluiria coa imposición da hexemonia sionista sobre o Mundo Árabe no ano 2020, todo isto unido ao intento de supresión da identidade civilizadora do Mundo Árabe e o estabelecemento de Estados rexionais globalizados en todo o Mundo Árabe orbitando entorno a Israel". Fonte: CSCA, http://www.nodo50.org/csca
|