Nós Actividades Outrasvozes Titulares Ligazóns

Outro mundo é posible

Brasil

Colómbia

Guatemala

México

Nicaragua

Sáhara

Palestina

Timor Leste

PALESTINA • 9/11/2003

Dia a Dia nos territórios ocupados.

" O principal temor dos nenos e nenas palestinas é que maten os seus pais, e a maioria viron soldados entrando nas suas casas, o que lles transmite a idea de que nen nos seus próprios cuartos están a salvo."

A RESISTÉNCIA PALESTINA A O.L.P

A O.L.P. foi fundada en 1964 e pasa a estar integrada por grupos de refuxiados e guerrillas fedayines. Pronto recibe adhesións a título persoal de asociacións de profesionais , obreiros e estudiantes. O seu obxectivo é crear en Palestina un estado palestino laico.

Dende 1968 está presidida por Yasir Arafat. A sua sé establece-se primeiro en Xordánia e mais tarde no Líbano, país que tiveron que abandoar ao ser bombardeados polos israelís.

Na década de 1980 aparece a Intifada, unha série de levantamentos populares que tiveron lugar nos teritórios ocupados e nos que se produciron manifestacións, folgas e ataques con pedras aos soldados israelís. Este movemento popular foi duramento reprimido polos israelís; ás pedras contestou-se con balas. A resisténcia a pedradas supón xa todo un símbolo de identidade do pobo palestino.

OS ASENTAMENTOS ISRAELÍS.

Actualmente hai 149 asentamentos en Cisxordánia, que albergan 147.000 colonos, e 39 en Gaza con 30.000 colonos.

Os asentamentos están situados en lugares estratéxicos. Auténticos campamentos militares co obxectivo de controlar a terra expropiada dos arredores.

O Governo israelí construiu modernas autopistas que non pasan polas poboacións palestinas e desviaron as augas dos povos do arredor cara aos asentamentos.

O obxectivo final é crear un cinturón de colónias arredor das cidades palestinas para impedir o seu crecemento.

CONTROIS E CHECKPOINTS

Os palestinos non poden ir libremente dunha cidade palestina a outra, e moito menos dunha palestina a unha israelí. Á saida de cada cidade hai un control no que se debe deixar o coche e camiñar por un espazo valado, atravesar outro control e tomar un táxi, que só pode mover-se na cidade de destino.

Na actualidade os palestinos necesitan un permiso de Israel para trasladar-se, ben sexa a traballar, estudiar, ir ao médico ou visitar familiares. Este trámite, en moitas ocasións difícil, longo e custoso, é para os palestinos unha experiéncia que pon a proba a sua paciéncia e orgullo.

A REPRESIÓN ISRAELÍ

Dende 1987, co comezo da Intifada, e durante os catro anos seguintes, foron asasinados más de 1.500 palestinos e contabilizan-se mais de 90.000 feridos.

Outra das políticas represivas é o castigo colectivo. Supón castigar toda unha familia ou comunidade polo que fai unha única persoa. O castigo colectivo mais utilizado é a demolición de casas e o toque de queda.

A detención administriva é outro exemplo de castigo colectivo. Pode-se arrestar unha persoa por un periodo de 6 meses, sen que existan cargos e sen proceso.

A responsabilidade penal comeza aos 12 anos. A pena por lanzar unha pedra pode ir de 3 meses a 2 anos.

O PROBLEMA DA AUGA.

A poboación árabe é totalmente dependente da auga subterránea, e a sua distribución do recurso entre palestinos e israelís non é equitativa. Israel impuxo un sistema de control da explotación de acuíferos: concentrou todo o poder sobre a auga nas suas autoridades, fixou prohibicións na construcción de pozos e autorizou expropiacións. Mentres os colonos israelís poden perforar os seus pozos ata 800 metros de profundidade, os palestinos non poden decender máis de 120 metros. Segundo fontes israelís, un palestino paga a sua auga duas veces mais caras ca un israelí, e cinco veces mais segundo fontes palestinas.

Fonte:

COSAL_GALIZA http://www.cosal.org/

Mapa Palestina apróx. 100 Kb.

Para saber máis:

http://www.alquds-palestina.org

http://www.ub.es

http://www.nodo50.org/csca

http://www.comunidadpalestina.org

http://www.interislam.org

http://www.jmcc.org

http://www.palestinemonitor.org

http://www.pazahora.org

http://www.freearabvoice.org

http://www.intifada.com

http://www.palsolidarity.org

http://www.palestina1.com.br

http://www.france-palestine.org

http://www.jerusalem.indymedia.org