![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
PALESTINA • 9/11/2003 Dia Internacional contra o muro do Apartheid.
As persoas aqui convocadas sentímonos avergoñadas e horrorizadas pola construzón do muro do Apartheid por parte do Estado Israelí nos territórios ocupados de Palestina e facemos un chamamento os líderes e ao mundo enteiro para que utilicen toda a súa influéncia en deter este muro inmediatamente. Espera-se que sexa a maior apropiazón de terra desde 1967. O muro no seu vixente proxecto permitirá que o Estado de Israel controle a metade de Cisxordania e que a lonxitude acade uns 650 Km. O mal chamado "valado de seguridade" adentrou-se xa 6 Km. dentro da Cisxordania e nalgunhas áreas pode chegar até os 16 Km. O muro segue firmemente un camiño que asegura a máxima anexión de asentamentos e un control a grande escala das terras de Palestina. A vida detrás do muro volvera-se intolerável, como xa o está a ser en áreas onde o muro se construe na actualidade. Os palestinianos están sendo encerrados en guetos amurallados privados dos máis enseciais direitos humanos, e perderán parte das suas terras, recursos acuíferos e fontes de supervivencia. Un 10% da poboación está actualmente afectada pola destruzón criada na primeira fase do muro, incapaces de acederen as suas terras e vivendas. A recente apertura de tres pontos de entrada, adamáis de dividir o territorio palestiniano, pon de manifesto ainda máis o roubo institucionalizado desta terra. En memos dun mes desde que abriron as portas matou-se, golpeu-se, abateu-se e impediu-se á xente o acceso as suas terras. estas escenas son parte da paisaxe diaria palestiniana baixo a ocupación israelí arredor do muro. Este muro é inhumano e ilegal. Baixo o pretexto da seguridade, Israel leva a cabo unha limpeza étnica e a destruzón dos materiais básicos para a supervivéncia e desenvolvimento da sociedade palestiniana en xeral. Un Estado palestiniano livre e soberano será imposibel. No médio das chamadas negociacións a realidade é que mais de 100 buldozers traballan sen parar cada dia na construzón do muro deixando ver claro o verdadeiro camiño que a folla de ruta está a pavimentar. O COSAL-Galiza deixa clara a sua postura en contra da guerra e da ocupación. Segundo o direito internacional o muro é un crime de guerra, un crime racista e un crime contra a humanidade. As Comunidades afectadas polo muro declararón o dia internacional contra o muro o 9 de novembro, para que coincida co dia da caída do muro de Berlín. Fonte: COSAL_GALIZA http://www.cosal.org/ Para saber máis: http://www.alquds-palestina.org http://www.comunidadpalestina.org http://www.palestinemonitor.org http://www.france-palestine.org http://www.jerusalem.indymedia.org |