Nós Actividades Outrasvozes Titulares Ligazóns

Outro mundo é posible

Brasil

Colómbia

Guatemala

México

Nicaragua

Sáhara

Palestina

Timor Leste

PALESTINA • 6/3/2005

Declaración conxunta sobre o impacto do Muro sobre a saúde dos palestinos. Médicos do Mundo (Francia) - Médicos polos Dereitos Humanos (Israel) - Sociedade do Crecente Vermello (Palestina)*

CSCAweb, 25 de febreiro de 2005

"O muro illou xa por completo a 26 centros de atención sanitaria primaria respecto á rede sanitaria palestina. A metade dos médicos que traballan nestas clínicas chegan con demora ós seus lugares de traballo ou ven como se lles denega o acceso. O acceso regular a hospitais, especialistas, servizos de laboratorio e outras infraestruturas sanitarias de segundo e terceiro orde interrompeuse para 200.000 palestinos. Cando o Muro se complete, a arredor de 680.000 palestinos se lles negará o acceso libre á sanidade, e 22 localidades se verán totalmente illadas. O sector máis vulnerable da poboación xa está en situación de risco, causada polo Muro. O risco é aínda maior nas localidades cercadas onde a xente non pode entrar nin saír sen un permiso específico".

O mesmo día que Mahmoud Abbas e Ariel Sharon reuníronse en Sharm o-Sheij, Exipto, e os ollos do mundo miraban con esperanza ó lugar de encontro, o Tribunal Supremo Israelí cancelaba gran parte da lexislación interna, ó permitir que prosiguiera a construción [do Muro] en diversos segmentos ó noroeste de Xerusalén. Varias partes do Muro estanse a construir dentro da Cisxordania ocupada, contra a lexislación internacional e violando os dereitos humanos. O 9 de Xullo de 2004, o Tribunal Internacional da Haya emitiu unha sentenza non vinculante que declaraba que a construción do Muro viola as leis internacionais e debería ser interrota. A pesar do voto masivo na Asemblea Xeral da ONU do 20 de Xullo, que demandaba que Israel cumprise con esa sentenza, Israel continuou coa construción do Muro, mostrándoo como unha estrutura temporal que separará Cisxordania de Israel, debido ós ataques dos palestinos. Dos 622 quilómetros planificados, completáronse ou están en construción 255, a través dun sistema de bloques de cemento que miden entre 8 e 9 metros de altura, valos, gabias, aramados de espiños, bancais de area, patrullas de estrada con sistemas de vixilancia e control, e áreas "estancas" de contención.

Cando se encontre acabado, o Muro terá dúas veces máis lonxitude que a Liña Verde [fronteiras de 1967 (N. da tr.)]. Máis de 274.000 palestinos vivirán nunha serie de enclaves totalmente rodeados polo Muro e outras medidas restritivas. Xa que non só non segue a Liña Verde, senón que tamén se introduce e pecha en Cisxordania, o Muro comezou a illar, fragmentar e xa que logo estragar o sistema sanitario palestino. Os enfermos de Cisxordania e Xerusalén enfrontan cada vez máis dificultades para acceder ós servizos de hospitais e centros de atención sanitaria primaria. Os prolongados períodos de espera nas portas e nos puntos de control asociados ó Muro aumentaron as demoras no servizo de ambulancias para a recollida de pacientes e entón levalos ó hospital en caso de emerxencia. O muro illou xa por completo a 26 centros de atención sanitaria primaria respecto á rede sanitaria palestina. A metade dos médicos que traballan nestas clínicas chegan con demora ós seus lugares de traballo ou ven como se lles denega o acceso. O acceso regular a hospitais, especialistas, servizos de laboratorio e outras infraestruturas sanitarias de segundo e terceiro orde interrompeuse para 200.000 palestinos. Cando o Muro se complete, a arredor de 680.000 palestinos se lles negará o acceso libre á sanidade, e 22 localidades se verán totalmente illadas. O sector máis vulnerable da poboación xa está en situación de risco, causada polo Muro. 133.000 infantes menores de 5 anos non poderán ser vacinados regulamentariamente a tempo, e posiblemente non reciban vacina algunha, debido ás demoras na "cadea de frío" [o transporte de vacinas ha de se realizar a baixas temperaturas, e a maioría de vehículos sanitarios palestinos non contan con medios para manter as ampolas e frascos a baixa temperatura (N. da tr.)] 117.600 mulleres empreñadas, incluindo 17.640 en situación de risco, non poderán recibir atención pre-parto, nin servizos hospitalarios, nin atención post-parto. Ata 39.850 enfermos crónicos e 17.640 minusválidos probablemente non poderán acceder ós servizos especializados que precisan, debido ó Muro. O risco é aínda maior nas localidades cercadas onde a xente non pode entrar nin saír sen un permiso específico.

Impacto na saúde da perda de recursos hídricos e terras

De acordo coa Organización Mundial da Saúde (OMS), a saúde defínese como "un estado de completo benestar físico, mental e social, e non como a simple ausencia de enfermidade ou trastorno". Ó anexionarse os recursos hídricos e as terras máis fértis, e ó separar ós palestinos dos seus lugares de traballo en Israel, o Muro tamén reforza o paro e a pobreza, que xa están moi estendidos nos territorios palestinos ocupados, cunha taxa de desemprego do 40% e arredor de dous terzos da poboación vivindo baixo o limiar da pobreza. Coa distancia aumentada, o tempo e o custo das viaxes debilitaron os negocios e as relacións económicas. Estes factores contribúen á dificultade de pagar os tratamiendos e de dar unha nutrición correcta á infancia, e xa que logo increméntase o risco de estrago da saúde. Ó cortar as relacións sociais e económicas, pechando as localidades palestinas, o Muro crea unha sensación de illamento e desacougo que xa ofrece sinais alarmantes no relativo á saúde mental da poboación.

En tanto organizacións médicas palestinas, israelís e francesas, que traballan cotiamente ó longo do Muro, sentímonos profundamente comprometidas no seu impacto sobre a globalidade da saúde dos palestinos. O Muro, ó cercar porcións das territorios ocupados, resulta tan ilegal como implica un impacto desproporcionado sobre a poboación local. Tamén é o compoñente máis visible dun tramado de obstáculos ó movemento, tanto físico como administrativo; tramado que inclúe puntos de control fixos e móbiles, trincheiras, valos electrificadas e de espiño, portas pechadas, barreiras de moreas de terra, toques de queda, bloqueos, estradas de circunvalación, bloques de cemento en estrada e un sistema de permisos.

Ó denunciar o Muro, tamén denunciamos firmemente o resto de tácticas e feitos da ocupación que restrinxen o dereito á vida e ó movemento en territorio palestino dos propios palestinos. Todo iso viola tanto os dereitos humanos como a lexislación humanitaria internacional. Igualmente impide o dereito dos palestinos á autodeterminación.

Chamamos ás autoridades israelís a que garantizen o libre acceso dos pacientes palestinos e dos traballadores da saúde ás instalacións sanitarias; que se posibilite o acceso ás infraestruturas médicas de segundo e terceiro orde ós pacientes palestinos cuxo tratamento é imposibilitado polo Muro; que se garantize o libre acceso e protección ó persoal de atención sanitaria e as medicacións necesarias ós civís feridos ou enfermos en todos os territorios ocupados, e sobre todo a aqueles illados polo Muro. Israel debería cumprir coas súas obrigas en tanto poder ocupante para asegurar o respecto e a protección dos dereitos dos palestinos, de acordo coas leis humanitarias internacionais.

Chamamos tamén á comunidade internacional para que se asegure que Israel respecta e cumpre a sentenza non vinculantes do 9 de Xullo do Tribunal Internacional da Haya, e que Israel e a ANP respectan as súas obrigas respecto ós dereitos humanos e a lei humanitaria.

Finalmente, chamamos imperiosamente a Israel e á ANP a que traballen para evitar ataques sobre poboación civil e que se asegure a súa protección en ambos os dous lados.

Para saber máis:

http://www.healthandwall.org/

http://www.medecinsdumonde.org/

http://www.palestinercs.org/

http://www.phr.org.il/phr/

http://www.upwc.org/

http://www.nodo50.org/csca

http://www.fightbacknews.org/2003-4-fall/mahanassar.htm

http://www.jerusalem.indymedia.org