Nós Actividades Outrasvozes Titulares Ligazóns

Outro mundo é posible

Brasil

Colómbia

Guatemala

México

Nicaragua

Sáhara

Palestina

Timor Leste

SÁHARA • 29/10/2002

Detidos catro xovéns Saharauis nos territorios ocupados.

As autoridades marroquíes de ocupación detiveron o domingo último a catro xovens saharauis perto do muro de area erguetio polas forzas armadas marroquíes contra os combatientes do Fronte POLISARIO.

As autoridades marroquíes de ocupación detiveron o domingo último a catro xovens saharauis perto da localidade de Uad Sfáa, no Sáhara Ocidental, a pouca distáncia do "muro" de area ergueito polas forzas armadas marroquíes contra os ataques dos combatientes do Fronte Polisario, segundo informan fontes próximas ás suas famílias.

Lehbib Emhamed Labeid, Mohamed Fadel Mbarek Mulay Ahmed, Mohamed Salem Bahaha e Uld Bussaula estaban en camiño cara as posicións militares do Fronte Polisario, ás que querian chegar a pé, ao este do "muro" de area. Ao non ter podido franquear dito "muro"que está cheo de minas e de arame espiñosa, ademais de ben custodiado polas tropas marroquíes e que divide en duas partes o Sáhara Ocidental e á sua povoazón, a imaxe do antigo muro de Berlín, os xovens foron detidos e tras dous dias de brutais interrogatorios a carrego do exército marroquí, foron trasferidos á cidade de Smara e máis tarde a O Aaiún, segundo se indica.

As suas famílias esperan que sexan levados ante os tribunais por un delito de patriotismo, que é considerado como unha traizón polas autoridades de ocupación colonial.

Por outra parte, Ely Salem Tamek, defensor dos direitos humanos, que cumple unha condea de dous anos e meio na cárcel de Inzegan (Marruecos) por rexeitar o colonialismo no seu país, anunciou que comezará unha folga de fame a partir do venres próximo para protestar contra as duras condicións dos presos e exixir o seu traslado ao cárcel de Salguei, onde poderá ter máis perto a sua família, segundo informan os seus pais.

Fonte:

RASD/ESPAÑA: http://www.nodo50.org/fpolisario

Para saber máis:

http://www.nodo50.org/fpolisario/notícias.htm

http://e.groups.yahoo.com/group/sahara-info

http://www.arso.org/