Nós Actividades Outrasvozes Titulares Ligazóns

Outro mundo é posible

Brasil

Colómbia

Guatemala

México

Nicaragua

Sáhara

Palestina

Timor Leste

SÁHARA • 3/12/2002

Estudantes saharauis cursarán estudos na Universidade de Vigo.

A Universidade de Vigo formará estudantes saharauis non marco dunha experiencia universitária pioneira na Galiza

Fruto dun convenio de colaboración suscrito hoxe entre a Universidade de Vigo e o Ministério de Ensinanza e Educación dó Pobo Saharui a Universidade de Vigo formará a estudantes saharauis dentro dunha experiencia pionerira na Galiza.

O reitor vigués, Domingo Docampo, expresóu o seu desexo para que os estudantes saharuis encontren "os millores meios posíbeis para se formar " e aseguróu ca Universidade estará encantada de receber en maior número posíbel estudantes saharaui, polo que terá que facer un esforzo para que podan acceder a formación sen custe algun.

Segundo a delegada saharui para Galiza, Fatma Mohamed Salem, trátase da primeira experiencia na Galiza destinada a formar a xuventude do seu pobo. Neste sentido, apuntóu que Vigo convertirase nun " modelo a seguir " posto que a súa intención implica extender a iniciativa as outras universidades da Galiza.

O convenio suscrito hoxe en Vigo terá unha duración de dous anos e oferecerá a estudantes e profesionais saharauis axudas a modalidades de formación na Universidade, ademáis de proporcionarlles axudas materiais.

Así mesmo, a instituzón viguesa comprométese a apoiar e facilitar accións de formación, investigación e asesoramento dirixidas a cualificación d@s profesionais saharuis, así como a mellora do sistema educativo e as condicións de vida do pobo Saharaui.

Ata a data cinco estudantes saharauis completaron os seus estudos universitarios na Galiza, Fatma Mohamed explicóu que esperan incorporar mulleres a Universidade e subraióu ca próxima semán accederia unha estudante o Campus ca Universidade de Vigo ten en Ourense

Fonte:

EUROPA PRESS http://news.yahoo.com

Para saber máis:

http://www.uvigo.es

http://www.nodo50.org/fpolisario/noticias.htm

http://e.groups.yahoo.com/group/sahara-info

http://www.arso.org/