![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
SÁHARA • 4/11/2002 Carta dun presho saharaui na cadea
do Aaiún ocupado.
As circunstancias do noso secuestro
O 24 de setembro último ás 10'30 h., apañei un destornillador para amañar unha toma de electricidade no local no que organizamos a campaña para as próximas eleizóns lexislativas. Cando acabei, me dirixin ao garaje onde está o meu Renault 4, para pór no seu sítio o destornillador. Polo camiño, fun surprendido por catro policias de paisano, que me ordenaron sentar-me no chan con outros dous homes aos que non coñezo. Rexistaron o garaje selvaxemente, rompendo-o todo, e fixeron sair con violencia ao meu sobrino. É asi como funciona a policia aqui. Dez minutos despois, o chefe ordenou que nos puxesen as esposas, e vendasen-nos os ollos. Mais tarde chegou unha furgoneta; petando-nos , empurraron-nos dentro do veículo. Tiraron-nos alá. Chimparon-se sobre nós como se fosen leóns e nós a presa. Nos insultaron Eses ignorantes dixeron-nos que se queríamos formar unha república, non tíñamos mais que ir-nos á Península Arábica, que seria segundo eles a terra dos bereberes. E os golpes vidos de todas partes caían sobre nós da cabeza aos pés, facendo-nos viver o horror. Cos ollos vendados, atados de mans e pés, tiraron-nos fora da furgoneta. Ficamo-nos alá tendidos durante duas horas. Despois ergueron-nos, empurrando-nos a uns con outros como se fósemos sacos de fariña, mentres nos daban puñetazos e couces. Estábamos nun lugar descoñecido, cos ollos tapados e as mans e os pés atados. Separaron-nos e puxeron-nos de xoellos nun cuarto. Os que nos vixiaban bisbillotaban en voz baixa, pero o abondo forte como para que os ouvísemos: "Este servirá para S", con referéncia ao coiño, como se fosen homosexuais. Nos pasaron a man por encima, por todas partes, como se fósemos mulleres. Ameazaban con o facer pior ainda, acusando-nos de ser axentes do inimigo, referendo-se ao Fronte Polisario. Se queríamos ir aos servizos, non podíamos mais que facer -no-lo encima, cos ollos vendados, e as mans e pés atados que eran o noso único papel hixiénico. Despois de catro dias nese inferno, nos levaron á Comisaría de Policia "xudicial". Nos perguntaron a nosa pertenza tribal, a nosa data de nacimiento Entón nos conduciron á Comisaría xeral onde pasamos a noite, tirados no chan. Pero despois de catro dias sen ver a luz, sacaron-nos a tea suxa que nos vendaba os ollos. ás 5 da mañá chegou un policia e dixo-nos que asinásemos unha declaración na que cada un de nós afirmaba que queria formar unha banda de criminais co obxectivo de queimar unha Comisaría de policia. Dous de nós asinaron ante as presións. Os que non o fixeron foron torturados até que acabaron cedendo. O 28 de setembro ás 10, nos levaron ante o xuiz. Recebeu-nos despois de cinco horas de espera. Perguntou-nos se tíñamos algo que declarar. Respondemos-lle que queríamos que nos asistieira o noso advogado. Desde ese dia estamos presos na cárcel central de Laayoune. Desde ese 28 de setembro, a nosa condición é horrorosa. Somos 90 e ás veces entre 120 e 130 persoas nunha celda de 28 m2. Hai presos comuns, drogados que enchen o pouco oxixénio que hai co fume do haxixe e outras drogas. Non temos respiro. A densidade da povoazón carcelaria é tal que alguns dormen encima de outros, ou ben fan-o sentados, seis persoas dormen no cuarto de baño que ten metro e meio de superfície. Pola noite non podemos ir ao servizo; hai que urinar nunha botella valeira, ou na conca en que nos serven a comida. Estivemos mais dun mes e alguns dias nesa cela, algo que nengun animal suportase. Nos apareceron ronchas na pele, como se se tratase de estádio terminal do SIDA, se nos puxo a pele como a dunha serpente. Todo está suxo. Dormimos sobre un chan húmido, respirando un ar podre. As pulgas e os piollos corren por encima de nós. Vemo-nos condenados a unha vida de miséria, pior que animais. O corredor onde pasamos duas horas ao dia está ainda mais suxo que a celda, porque respiramos os olores podres que saen dos servizos. As famílias poden vir a ver-nos unha só vez por semana. Podemos telefonar un dia por semana, e chamar a un só número, pero están-nos a escoitar. Son os nosos únicos contactos co exterior, radio-a está proibido. SOS A nosa situación é terríbel, está-nos a matar. Os piollos, as pulgas, as cucarachas, os parasitos e os maus tratos que nos dan son insuportábeis. Apelamos a toda persoa que poda verificar este o noso triste relato a que nos faga unha visita se llo permiten. Desta cadea sairemos como persoas martitizadas, homes de carne e oso que foron nenos todos xuntos. Un preso saharaui Cadea de O Aaiún ocupado (Laayoune), 31 10 2002
Fonte da noticia: FONDATION DANIELLE MITTERRAND http://www.arso.org/lettrepris Fotografía: Debuxo neno. Para saber máis: http://www.nodo50.org/fpolisario/noticias.htm http://e-groups.yahoo.com/group/sahara-info
|