![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
SÁHARA • 30/12/2002 O Secretariado Nacional Reuniuse,
o 30 de decembro de 2002, baixo a presidencia de Mohamed Abdelaziz,
xefe do Estado e Secretario Xeral do Fronte Polisario. Ao abordar o xeito da axuda humanitária, o Secretariado Nacional chamou a atenzón sobre a insuficiéncia de ésta e expresou a sua preocupación ante as tentativas destinadas a reducí-la e a combinala con condicións inaceitábeis e con chantaxe para doblegar o noso povo. O ano 2003 é o da conmemoración do trixésimo aniversario da criazón do Fronte POLISARIO. O Secretariado Nacional felicita o noso povo nesta ocasión histórica e sauda a resisténcia heroica e a perseveranza da cual fixo proba para facer fronte á guerra de genocidio e exterminación que lle impón Marrocos. Este é un feito importante que enorgullece o povo saharaui e cuia celebración debe estar á altura do acontecimento. O Secretariado Nacional condenou con vigor a represión sistemática concebida e organizada por Marrocos nos territórios ocupados da RASD e reitera os seus chamamentos á Comunidade internacional para axudar ás povoazóns saharauis desamparadas. A concesión do prémio RAFTO 2002 para os direitos humanos ao irmán Sidi Mohamed DADDACH é un xusto recoñecemento dos sacrifícios e infortunios sofridos polas numerosas vítimas desta represión. É hora de pór termo a esta situación intolerábel, de que os presos de opinión saharauis sexan liberados e de que se faga toda a luz sobre a sorte dos desaparecidos. Ao abordar o proceso de paz das Nazóns Unidas, o Secretariado Nacional reiterou con forza que a procura dunha paz xusta e duradeira no Sahara Ocidental está vinculada ao respeito dos direitos do povo saharaui á autodeterminación e á independéncia. Estes direitos inscritos no plano de paz e os acordos de Houston non poden, de nengunha maneira, ocultar-se ou desvirtuarse. O Secretariado Nacional lembra, polo tanto, o rechazo inapelábel, expresado polo povo saharaui ao "proxecto de acordo marco", o cual constitui un ataque inamisíbel aos direitos de éste e unha violación inaceitábel da legalidade internacional. Cualesquieira que sexan os ouropeis cos que sexa revestido, non deixará de ser en definitiva un meio para consagrar a anexazón e a ocupación do Sahara Ocidental. O Secretariado Nacional expresa a esperanza que a próxima visita á rexión do Sr. James Baker III, Enviado Persoal do Secretário Xeral das Nazóns Unidas para o Sahara Ocidental, poda desembocar na fixaxe dun calendário e dunha data para a realización do referendo de autodeterminación de acordo coas Resolucións pertinentes da ONU. O povo saharaui favorecendo ao mesmo tempo a via pacífica para a solución do conflito, segue estando determinado a defender por todos os meios lexítimos os seus direitos nacionais. Igualmente oporá-se á instrumentalización da MINURSO para o obxectivo de consolidar a ocupación colonial marroquí posto que a misión de ésta, como o seu nome o indica, segue sendo a supervisión e a organización dun referendo libre e democrático para o povo saharaui. O Secretariado Nacional do Fronte POLISARIO, nesta ocasión, fai un chamamento ao Goberno francés e convida-lle a facilitar unha solución xusta e pacífica do conflito do Sahara Ocidental adoptando unha posición de verdadeira neutralidade como convén a Francia en tanto Estado membro permanente do Consello de Seguranza e ás relazóns privilexiadas que éste se propon estabelecer con todo o Magreb sen exclusiva O Secretariado Nacional aprecia por outra parte no seu xusto valor a posición do Goberno español reclamando unha solución da cuestión do Sahara Ocidental conforme á legalidade internacional. Expresa tamén a esperanza que Espanha, en virtude das responsabilidades morais e históricas que lle incumben, procurará que o povo saharaui sexa restabelecido finalmente nos seus direitos lexítimos. da mesma maneira expresa a sua gratitude ós povos de Espanha pola sua solidariedade a toda proba coa causa saharaui. O Secretariado Nacional desexa rendir unha homenaxe de apoio o povo e ao Goberno argelinos baixo a dirección do Presidente Abdelaziz Buteflika pola sua posición solidária e de princípio respecto da xusta loita do povo saharaui. Bir-Lehlú, o 30 de decembro de 2002.
Fonte da noticia: RASD, http:// www.arso.org/FP Fotografía: Debuxo neno. Para saber máis: http://www.nodo50.org/fpolisario/noticias.htm http://e-groups.yahoo.com/group/sahara-info
|