Nós Actividades Outrasvozes Titulares Ligazóns

Outro mundo é posible

Brasil

Colómbia

Guatemala

México

Nicaragua

Sáhara

Palestina

Timor Leste

SÁHARA • 25/01/2003

Plano Baker: Unha mistura fallida dun panadeiro que perdeu a sua vocación (1)

Como o seu nome non indica, o "plano para a autodeterminación do povo do Sáhara Ocidental" recentemente apresentado ás partes en conflito polo enviado especial da ONU, James Baker, non é mais que unha versión desempolvada da proposizón marroquí de acordo-marco que Baker fixo sua, introducindo-a en nome da ONU como unha eventual e mesmo a única solución viábel para rematar o conflito.

Esta vez o panadeiro ( baker ) convertido en diplomático xa non ten a destreza de antaño para a pastelaria, porque o seu pastel confeizoado a toda présa resultou ser unha mistura fallida con un sabor demasiado marcado a pós de talco ( baking powder ) e un título que xa non engana a ninguén.

O señor Baker, demasiado agitado pola recente suba do prezo do petróleo, se lembrou demasiado tarde de que tiña que apresentar ante o Consello de Seguranza un proxecto de amaño para o conflito, sobre a base do respeito á autodeterminación do povo do Sáhara Ocidental, antes de que acabe o mandato de a MINURSO, prorrogado por seis meses, para ter tido tempo de reflexionar. Ao semellar, o home non se rompeu a cabeza neste embrollo sobre o cual pasaron xa tres Secretários Xerais da ONU consecutivos sen obter resultados.
Porque o único que habia que respeitar nesta nova aproximación suxerida polo Consello de Seguranza era este direito á autodeterminación que el quixese riscar da Carta da organización internacional; asi que a puxo como título do seu proxecto, e con eso as cartas están xa botadas.

Como a cousa mais fácil do mundo, o home mete na bakery (pastelaria) o antigo acordo-marco, que lle sai actualizado de haí. Nun total segredo co cual quere asociar ás partes, un pacote de pan fantasia elaborado nun molde marroquí e sazonado con condimentos franceses, deberia asi ser apresentado a saharauis, argelinos e mauritanos, mentres que Marruecos xa sabia todos os detalles.

Desde entón é un pan doloroso para o povo saharaui, pero unha boa lición para estes vellos nómadas para os cais a palabra de honra, até dun panadeiro, era o que un home debia defender co prezo da sua vida. Desde agora, o cow-boy de Texas poderá seguir metendo as mans na masa, porque xa está definitivamente desacreditado entre os saharauis. Enchoupou-se na lama até os osos. O emisario da ONU converteu-se nun súbdito do rei Mohamed VIN, á seguir proferindo a sua fórmula do acordo-marco, a pesar de ter sido rexeitada polo Consello de Seguranza, o Fronte Polisario e Argelia. Non se pode ser á vez xuiz e parte, e esa é a principal razón para rexeitar a Baker.
E mesmo se o baker (panadeiro) ten outras forzas ocultas que se empeñan en lle sacar aos saharauis o pan da boca, non por iso deixa de ser certo que os saharauis coñeceron situacións moito mais difícis, e sobre todo non teñen outra saída que combatir aos bombeiros metidos a piromaníacos.

Retranca do destino, os antigos ladróns de gado se converteron nos que mellor prometen a paz, mentres que os bakers negociadores comezan a xogar con lume. O petróleo e o lume nunca fixeron boa parella. O promotor dos contratos de prospección petrolífera no Sáhara Ocidental tiña que pór-se en evidéncia con iso.

[1] neste artigo, un coñecido xornalista saharaui expresa, facendo xogos de palabras co significado dos termos Baker (panadeiro, en inglés), baking powder (pós de talco) e outros, a burla de que se senten obxecto os saharauis tras a falsa proposizón do mediador da ONU, o petroleiro norteamericano James Baker (nota do tradutor).

Fonte da noticia:

RASD, http:// www.arso.org/HM2003s.htm

Para saber máis:

http://www.nodo50.org/fpolisario/noticias.htm

http://www.arso.org/

http://www.saharagalicia.org