Nós Actividades Outrasvozes Titulares Ligazóns

Outro mundo é posible

Brasil

Colómbia

Guatemala

México

Nicaragua

Sáhara

Palestina

Timor Leste

SÁHARA • 25/01/2003

¡ Nada novo para os saharauis !

Semella ser que nen a diplomacia americana nen as Nazóns Unidas en xeral estexan decididos ainda a pór a Marrocos no seu sítio e obrigar-lle a respeitar os seus compromisos internacionais.

Mais ben á contrária, a sua compracéncia continua ...

¿Está realmente a ONU resolvida para solucionar definitivamente o último expediente de descolonización en África? Esta é a pergunta que se fan moitas analistas despois da xira de James Baker, representante persoal do secretário xeral de Nazóns Unidas, Kofi Annan, realizada do 14 ao 17 de xaneiro na rexión do Magreb.

O antigo Secretário de Estado americano traía unha nova proposizón para as duas partes en litigio, o Fronte POLISARIO e Marrocos, e que ademais foi exposta aos paises observadores do proceso de paz, Argelia e Mauritania. Proposizón que, segundo as suas próprias palabras, foi elaborada "sobre o base dunha recomendación do Consello de Seguranza da ONU para promover a autodeterminación".

Lembremos que o Consello de Seguranza adoptou por unanimidade a resolución 1429 en xullo de 2002, mediante a cual se privilexiaba a alternativa do plano de amaño e, de alá, a realización dun referendo de autodeterminación para a povo saharaui, ficando descartadas as outras tres opcións apresentadas por Kofi Annan: o acordo marco ( ou tamén autonomia baixo soberania marroquí) defendido por Rabat; a repartición do território evocada polo presidente argelino Bouteflika e citada nos informes de James Baker e Kofi Annan; e finalmente, a retirada da MINURSO (Misión de Nazóns Unidas para un Referendo no Sáhara Ocidental), cuxas forzas militares velan desde setembro de 1991 polo respeito do alto o lume na antiga colónia española.

Actualmente, existe o risco de que o problema saharaui siga arrastrándose se temos en conta a campaña mediática desencadenada polo reino jerifiano antes e durante a estáncia de James Baker; unha campaña que defendia a "marroquidade" do território do Sáhara Ocidental e a liberación dos mais de 1400 prisioneiros de guerra marroquíes, sen se preocupar de nengun modo pola sorte dos numerosos detidos e desaparecidos saharauis. E se nos atemos ás declaracións de responsábeis marroquíes, como as do Ministro da comunicación e porta-voz do Goberno marroquí, rexeitou-se calquera "concesión vinculada á soberania territorial" do reino. A situación é preocupante xa que nen James Baker nen Kofi Annan semellan ainda dispostos a pór a Marrocos (e a sua propaganda incluída) no seu sítio e obrigá-lo a respeitar o direito internacional e os seus compromisos.

Á sua vez, o actitud do diplomático americano plantea interrogantes. Durante a sua xira pola rexión, o señor Baker afirmó efectivamente que pedira a cada unha das partes implicadas transmitir-lle as suas "posturas" e os seus "comentários" antes de marzo de 2003. Tamén revelou que o mandato da MINURSO, que finaliza o próximo 30 de xaneiro, será prorrogado por dous meses.

Neste sentido, é lexítimo perguntar-se se en realidade o enviado especial da ONU há emprendido esta cuarta viaxe para garantir un statu quo que pesa excesivamente sobre os saharauis dos territórios ocupados e dos campos de refuxiados, e que está na orixe de certas retiradas do recoñecemento da RASD e de disidencias; se a sua preocupación primeira é evitar a volta ás hostilidades marroquí saharauis, onde o primeiro perdedor seria Marrocos que xa llas está a ver cos problemas socioeconómicos e o islamismo; e entendendo-se que o povo saharaui, colonizado por Espanha no século pasado e entón agredido e invadido ilegalmente por Marrocos desde outubro de 1975, xa non ten nada mais que perder. OU ainda, se o señor Baker prefere seguir sendo pragmático, como o quere a "diplomacia" do lobby petroleiro texano, consciente de que toda solución a un conflito está suxeita a unha relazón de forzas e ás presións. Fica por saber sobre quen se realizan e se realizarán as presións ,sobre o agresor ou sobre o agredido e os seus aliados?

"No fondo, non hai nada novo. Un acordo marco retocado non nos interesa, pois non mudou nada substancial. As Nazóns Unidas han-se desacreditado", esta é a confidencia feita por M'hamed Kheddad, coordinador do POLISARIO para a MINURSO. nun comunicado feito público o 18 de xaneiro último, as autoridades saharauis sinalaron que a última proposizón de James Baker é "unha repetición, unha versión a mágoas disimulada do acordo marco" que oferece "unha autonomia de catro anos a cuxo termo un corpo electoral constituído nun 65% de colonos marroquíes decidirá, mediante referendo, o estatuto definitivo do território". O mesmo comunicado lembrou o apego do povo saharaui á autodeterminación e a toda iniciativa que respeite os "direitos inalienabeis" dos saharauis. Esta postura une-se á expresada en decembro de 2002 pola Secretaría Xeral do POLISARIO, que sinalara que "cualesquieira que sexan os ouropeis cos que se poda revestir o acordo marco, continuará sendo, en definitiva, un meio para consagrar a anexazón e a ocupación do Sáhara Ocidental".

O informe do enviado persoal de Kofi Annan será apresentado e examinado polo órgao de decisión das Nazóns Unidas (o Consello de Seguranza), presidido, esta vez, por Francia. E procurará-nos moita mais información sobre as intencións dos emisarios da ONU e, en particular, sobre a credibilidade de membros influentes da organización internacional. Aclarará-nos, sobre todo, os designios das poténcias ocidentais, e á sua cabeza as Estados Unidos, Francia e Espanha, respecto ao futuro do espazo magrebí na sua totalidade.

Fonte da noticia:

Semanario arxelino "Les Débats" http://www.arso.org/ZCh2003.htm

Para saber máis:

http://www.nodo50.org/fpolisario/noticias.htm

http://www.arso.org/

http://www.saharagalicia.org

http://e-groups.yahoo.com/group/sahara-info