Nós Actividades Outrasvozes Titulares Ligazóns

Outro mundo é posible

Brasil

Colómbia

Guatemala

México

Nicaragua

Sáhara

Palestina

Timor Leste

SÁHARA • 16/02/2003

Cataluña despide a caravana de emerxéncia de alimentos para a aldea Saharaui.

Desde a Praza Espanha de Barcelona, os amigos e amigas do pobo saharaui (ACAPS) despediron a caravana de emerxéncia de alimentos a mañá do sábado, 15 de febreiro.

Mentres os 13 veículos, mercados por ACAPS e carregados con mais de 300 toneladas de alimentos (lentellas, azucar, arroz e aceite), estacionaban na avenida Mª Cristina de Barcelona para ser despedidos por representantes de instituizóns, partidos políticos, sindicatos, entidades solidárias, membros da Associació Catalana d'Amics do Pobel Sahrauí (ACAPS) e da Delegación Saharaui en Catalunya, representaba-se no cenário o espectáculo "Cores d'Espriu", dirixido por Lluís Marrasé (presidente da Asociación de Cantantes e Intérpretes en Língua Catalana) e que concluiu coa participación da cantante saharaui Mariam Hassan.

A valorazón da campaña foi moi positiva, gracias ao esforzo realizado polas seccións territoriais de ACAPS, polos cidadáns e cidadánas catalans que han aportado alimentos á campaña e pola axuda económica recebida de instituizóns e entidades participantes. A Generalitat de Catalunya, 147 municípios e mais de 60 concellos, partidos políticos, sindicatos, entidades e organizacións catalanas aderiron-se á CAMPANYA, participando na recollida popular de alimentos e axudando . En total, a campaña recebeu 266.891,24 _, cos que ACAPS pudo mercar 4 camións todo terreno e 7 trailers para almacenar e transportar as 300 toneladas de alimentos até os campamentos de refuxiados saharauis en Tindouf.

A caravana formada por 11 veículos mercados por ACAPS e subvencionados por instituizóns catalanas, mais dous veículos donados de forma altruista, achan-se no Porto de Barcelona esperando que a finais de febreiro parta o barco que os transporte até Orán, onde a Meia Lua Vermella Saharaui a receberá e conducirá até os campamentos de Tindouf.

ACAPS e a Delegación Saharaui en Catalunya despediron a caravana o sábado, 15 de febreiro, acompañados de representantes de instituizóns, partidos políticos e sindicatos que ofereceron palabras de apoio e solidariedade cara o Pobo Saharaui. Entre eles estaba a vice-reitora de relazóns internacionais e presidenta da Fundación Autónoma Solidária, Muriel Casals, Josep Vendrell de IC-V, Alberto Villagrassa do PP, Juan Ma Jaime do PSC, Neus Munte (parlamentária por CDC no Parlamento de Catalunya), Jordi Ribó (presidente da Fundación Paz e Solidariedade de CC.OO.), Xesus Mestre de ERC e concellal de Cooperación do Concello de Barcelona, Rosa Brugueira como porta-voz do Intergrupo Parlamentário "Paz no Sáhara", Lluís Recoder como vice-presidente da Coordinadora Catalana de Concellos Solidários co Pobo Saharaui, Salvador Ubiols en representación do goberno autonómico da Generalitat de Catalunya, Emboirik Ahmed, delegado saharaui en Catalunya, Felip Solé i Sabarís e Neus Canelis, presidente e vice-presidenta de ACAPS respectivamente.

O acto de despedida da caravana finalizou coa leitura dun manifesto de denúncia pola situación que vive o Pobo Saharaui, realizada por Joan Lluís Bozzo, director de teatro e persoa de grande prestíxio no ámbito da cultura e da solidariedade da sociedade catalana.

Fonte da noticia:

Associació Catalana D´Amics do Poblé Sahrauí, http://www.arso.org

Para saber máis:

http://www.nodo50.org/fpolisario/noticias.htm

http://www.arso.org/

http://www.saharagalicia.org

http://e-groups.yahoo.com/group/sahara-info