![]() |
|
| Nós | Actividades | Outrasvozes | Titulares | Ligazóns |
|
SÁHARA • 28/03/2003 Encontro de famílias de desaparecidos/as Saharauis (Xinebra, Suíza , 28 de Marzo de 2003)
A delegación saharaui de famílias de desaparecidos/as pretendía participar nun ENCONTRO DE FAMÍLIAS DE DESAPARECIDOS SAHARAUIS os dias 28, 29, e 30 de marzo en Xenebra. Todolos membros dá delegación estaban en posesión de pasaporte valido e dos correspondentes visados para entrar en Suíza. Esta delegación está composta de 13 Saharauis familiares de desaparecidos e de ex - presos dos centros de detención segredos marroquís, e de defensores dos Dereitos Humáns, entre eles Mohamed Daddach (Prémio 2002 de Dereitos Humáns dá Fundación RAFTO, Noruega) As autoridades marroquís confiscaron todolos pasaportes, así como os billetes de avión e cintas de vídeo con testemuños e outros papeis persoais. O BIRDSHO expresa súa indignación por esta medida arbitraria dás autoridades marroquís que pretende perpetuar o silencio sobre a cuestión dos desaparecidos/as saharauis o impedir a súas famílias ir o extranxeiro a dar seu testemuño e o impedir os militantes na defensa dos dereitos humáns participar na Comisión de Dereitos Humáns dá ONU para a que tiñán as oportunas acreditacións. Neste momento no que o Secretário Xeral dá ONU no seu derradeiro informe fai un chamento ás partes en conflito para que se esforzen en solucionar o doloroso problema dos desaparecidos/as, Marrocos mostra unha vez máis a súa oposición a calquer solución deste tema. O BIRDSHO esixe ás autoridades marroquís a restitución inmediata dos pasaportes, billetes de avión e demáis documentos confiscados, para que a delegación saharaui poda acudir a Xenebra no seguinte vó e asi poda participar non encontro que organizamos xunto cos representantes dás famílias de desaparecidos saharauis provinentes dos campamentos de refuxiados. A actitud de Marrocos é unha clara violación dó dereito a libre circulación dás persoas e apelamos ás organizacións de dereitos humáns, as organizacións democráticas e a todalas persoas apaisoadas pola libertade para que interviñan ante autoridades marroquís, súas embaixadas e representacións, para que a delegación saharaui poda acudir libremente a Xenebra. Fonte da noticia: Oficina Internacional para o Respeito Dos Dereitos Humáns no Sáhara Occidental. http://www.arso.org/famdisp0303birdhsoes.htm Para saber máis: |